domingo, 4 de novembro de 2018

Trail de Muras: Bestiaaaal!!

Empezo a escribir sentado na carpa que tivo a ben poñer a organización, namentres agardo o meu compañeiro e amigo José Luis. E un deses intres nos que rodeado de xente disfruto da soidade. Aínda que non dure moito  aproveito para analizar o que foi a carreira e todo o que a rodea.
Sorprendido gratamente pola boa organización de Marmar Outdoor con Pablo á cabeza, sei de boa tinta que pendentes dos corredores en todo intre, antes, durante e despois, e o trail en tema organización unha gozada, ben marcado, duchas o carón da saída-meta, unha boa bolsa do corredor, caldo nada máis chegar para os corredores e callos despois da entrega de premios, poucas cousas quedan ó azar cando se prepara a conciencia un evento. Evento, por outro lado, o que chegaba con dúbidas, tralo semiabandono de Montefaro decidín rebaixar a 14 kms a miña participación, entre iso e a axuda de Lupe que me deixou o dedo como novo parecía que nada se tiña por qué torcer, pero o medo é libre. Duda de se traer a Xoel ou non a ludoteca, o final preferín deixalo para o próximo que será en Caaveiro e agardo sexa a súa primeira vez, ¿qué millor lugar? .
A semana, puffff.....difícil de explicar con palabras, por unha banda era a previa das vacacións e debería ser feliz, por outra entre temas familiares e o agobio laboral quedou nunha extrana semana, levaba tantos meses, nove, agardando que chegara ese día que non o creía, pasaron moitas cousas durante este tempo, moitas malas, outras boas, pero son dos que pensan que nos malos momentos e cando máis aprendes, o fácil xa nolo dan feito, pero tampouco hai que abusar😕😕😕
O caso e que saín da casa case as sete e cuarto, e non eran as oito e xa estaba ahí, recollendo o dorsal na carpa cuberta da organización, as oito e media saían os da marathon, 32 valentes, e quería estar ahí para velos , entre eles Arca e o gran David Senra. Xa trala chegada do meu compañeiro e amigo Jose Luis fomos a tomar un cafe gracias o bono gratuíto da organización, con moita sorte, o chegar estaban Alex e poucos maís, e en dous minutos estaba cheo a reventar😆😆😆. Tomamos o cafe e fomos a prepararnos, cada un coas súas manías, para a saída. Eu minimalista esta vez, tendo en conta a distancia, e somentes coa música a maiores. Fomos cara a saída e aproveitamos para correr un pouco, sei que sempre o digo, pero o millor que se pode facer, o menos no meu caso sinto unha diferencia terrible de quentar un pouco ou non facelo. Chovía ben, pero a min gústame, estaba no meu hábitat. Charla técnica, rápida e todos cara a saída, ahí foi o único momento de frío, e dez, nove, oito....e saímos¡¡¡
O perfil da carreira era claro, empezabas subindo, baixabas, chan, nova subida, baixada, chan, nova subida baixada e chan. Tiñao memorizado, iso e os quilómetros aproximados para ir regulando, ia ser unha carreira rápida, pero nunca pensei que tanto. Saín rápido, como últimamente pero sentinme ben, incluso na primeira parte da subida fíxena correndo, raro en min, e non houbo páxara como tal esta vez, imposible se no mp3 empeza a sonar o Enter Sandman de Metallica....E funme animando, a vez que na miña cabeza se repetía a pregunta de sempre, cando se anda aquí?😆😆😆. Primeira subida superada,  dous quilómetros de sube baixas polas partes altas e baixada criminal, con medo, polo meu dedo, porque o non ter uña esa sensación de non está transmítese o cerebro e o que non e dor convírtese en extrañeza o que provoca que sí ou sí vaias máis a modo. Desta vez non me tirei a morte, pero si iba a golpes, moitas veces a golpes das cancións que ían sonando na miña cabeza, ah, se alguén me ve xesticular, abrir os brazos, por os cornos, non, non estou tolo, son así....Preto de min neses quilómetros vin a Michel, e a verdade amigo que nese intre tranquiliceime porque si ti andabas por alí e que ía ben. E chegou a segunda subida, e pareceume....fácil, corta...pa un ratiño que podía andar😱😱😱, por ahí xa tiña cerca as rapazas que logo quedarían terceira e cuarta e fun vendo a súa competición persoal de aqúi o final da carreira, porque en realidade mantívenme tanto para adiante como para atrás nun grupiño de xente, que nos pasábamos uns a outros de forma constante.
O avituallamento, parei a comer e beber, pero a xente pasaba como balas, moi poucos paraban, a verdade e o que menos me gusta dos speeds trail...a prisa que ten a xente, eu estou feito para parar máis, encher a barriga, facer fotos, andar....pero claro, así non se pode. E veña a correr, porque iso e o que fixen, correr todo o tempo, a bo ritmo a verdade, porque me encontraba ben, tanto que no quilómetro nove estaba en unha hora, moito millor do que pensaba nun principio, e ahí empezou a miña parte favorita, unha subida en condicións, e se aparte che coincide o Painkiller de Judas Priest e coma se Rob Halford che estivera a turrar por detrás para levarte en volandas😁😁😁 . Tiña varios trechos, un primeiro de asfalto, un segundo xunto as vaquiñas polo monte e un terceiro para coroar o cumio. Aquí se notaba xa o aire frió, pero vamos, que iamos todos ben quentiños, algúns maís que outros. E rematou a subida, case un quilómetro pero non a miña felicidade, mirei o reloxo, quedaban catro, se apretaba podía chegar en menos de hora e media e sería todo un record para min así que apretei o cu e tirei rápido, todo o que podía sen chegar a atascarme. A parte de baixada con algunhas pedras si a fixen con medo, so me faltaba voltar a xogar a futbolista outra vez, pero o resto a tope, os dous últimos en menos de cinco minutos o quilómetro, e cheguei, desta vez disfrutei da entrada en meta, cun grande sorriso, e conseguindo o meu obxectivo 1h 28 minutos.
Primeiros momentos de relax e xa escoito como di que entramos nos cincuenta primeiros, para min unha estupenda posición. Recollín a bolsa e a ducharnos, aproveitando que non estaría ateigado, e así era, pero estaba fría como o demo. E alí entre homes desnudos asistín a unha conversación que me deixou un bo sabor de boca, falaban do desnivel da proba e algúns comentaban que a última petada fora moi dura, sentinme ben, porque me din conta como para min ningunhas destas subidas fora complicada e iso significaba unha gran evolución dende que empecei nisto. Tanto que normalmente canto máis dura, máis cómodo me sinto, o mundo o revés. E tocaba agardar o meu amigo Jose Luis, fíxose amena coa compañía dos compis de Paula, animo que xa non che queda nada, Merchi, Tania, Lorena, Michel, o caldo que entrou coma un tiro e as entradas en meta dos compis da larga, os rapaces que entraron catro xuntos xa que pouco antes o líder da proba tivera unha caída, eles catro agardaron as asistencias e decidiron entrar todos xuntos en meta, esas cousas so pasan no trail. Na categoría femenina victoria para Esther que estou seguro que se lle fixo unha distancia corta, e na categoría Maraton victoria para Arca, como non. E pouco despois chegou o meu amigo Jose Luis, con tempazo tremendo, disfrutando, notabaseche na cara amigo, e desgraciadamente antes da entrega de premios e os callos as miñas obrigas fixeron que tivera que irme xa, con varias reflexións no camiño de volta.
A entrega de premios, non sei, desta vez estivo bastante ben, pero e que hai lugares onde xa estan quitando o arco de meta e segue a pesar xente, non habería unha maneira de arranxar isto? Para o que chega por detras ver como non te fan nin caso ou que o speaker esta na entrega de premios, que non hai ninguén na meta sinta mal, non sei, cecais separando ben por horas as distintas distancias se podería evitar, iso e agardar a chegada dos escobas, non sei, creo que sería bo botarlle entre todos unha pensada e facelo da millor maneira posible para todos.
Muras, precioso, a serra do xistral na miña distancia menos, pero no resto a todo o mundo lle encantou, organizacion de luxo, corredores en todo momento cunha actitude de dez, postrail enorme, en fin, que haberá que voltar para o ano, pero na distancia larga ou se me apurades marathon. Sen retos non e vivir.
E sí, voume de vacaciones, pero non de vacaciones de trail, eso sí, vexo difícil a miña participación en Arteixo pola lesión,  pero algo farei e Caaveiro o que agardo xa estar o cen por cen estará ahí agardando por todos nos. Este trail adicollo en especial a miña irmá, ti xa sabes que igual que ti estiveches ahí para min eu estou para o que faga falla, e aínda que non sexamos os irmáns máis expresivos do mundo, cando hai que estar, estamos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario