domingo, 26 de agosto de 2018

Trail das Pontes: Él retorno del Jevy

Non foi o millor retorno, nin o agardado, pero si o final máis especial de todos. Pero comecemos polo principio.
Case mes e medio sen competir, con poucos entrenamentos de calidade. O vrao, que xa se nos vai, quedará no meu recordo coma un dos peores dos 42 que xa poiden vivir.
O pesar propio do meu corazón, que estos meses me acompaña alá donde vou, uniuse unha situacion laboral fatal, horas e horas de traballo, 21 días seguidos sen descansos, días de 20 horas, e sobre todo unha situacion mentalmente agotadora, e non estando no meu millor momento soa a aquilo de non queres caldo? Pois toma dúas tazas!!. Resistin como poiden, pero ese cóctel molotov fixo que non fixera absolutamente nada máis que traballar e estar con Xoel, que era o que me daba as alegrías. Por moi forte que sexas cando a cabeza di non é non é  difícil encontrar o camiño. Por todo iso desexaba voltar a competir, a sentir esa adrenalina, a pelexar conmigo mesmo, e na miña preparación para o Marathon de Xtremelagos estaba o Trail das Pontes.
En media hora escasa sabía que chegaría, non sin atrancos, pois o meu plan para que Xoel fóra a meta incluía durmir con él así que a rutina habitual uniuse a rutina súa facerlle o bibis, pórlle os debuxos, e sobre todo que entenderá que me tiña que ir e él non podía vir ata despois. Superado este último obstaculo saín e levei o meu par de paos novos que o final non estrenei.
Aparcamento superdoado e a polo dorsal, xa escomeza a haber ambiente de trail. Seguinte paso ir a tomar o café. A escasos metros un bar e alí a flor e nata do trail galego, Pau Ps,Bego Lois, Susana,  Paula Cobelo, Rosa Armental, Txema, Alexis, Óscar, Felipe e a miña grande amiga Lupe Rubio. Unhas pequenas charlas que non sobraba o tempo e a prepararse para a batalla. Hoxe estrenando zapatos, non por vicio, senón por rotura...estreno en trail que xa fixera un par de entrenos con elas. O resto a mochila, a bebida, os geles. Preparado para o meu estreno nas grandes distancias, ata o de agora sempre optaba por as distancias cortas pero nalgún intre había que cambiar, e hoxe era o intre.
Quizais coma sempre demasiado osado, pero o medo e libre. Xa disfrazado de bo trailero subin cara a meta e alí estaba a representación do Cas Montaña, Arantxa e Gerardo, Javi e Cris e Fabiola. Fotos, charla, quecemento e charla técnica. E a colocarse para saír. E primeiro erro, coloqueime atrás pese a estar informado e saber que habería embudo, dinme verdadeira conta cando non atopaba a ninguén coñecido o meu Redor e vin que todos estaban diante🙄🙄🙄, pero xa era tarde para avanzar. E tres, dous, un saímos polo Parque do Eume!! Case un quilómetro e comezamos os primeiros sube e baixa, moito tráfico...pasei a Arantxa Su e Bego é pouco máis porque a partir de aqui facíase difícil e as miñas pernas non estaban para tirar foguetes.
Primeira subida e xa vendo como ían a ser de aquí o final, subidas con trechos moi empinados, por monte tupido e moi rompepernas. No quilómetro 5 me notei tan mal que só pensar nos 23 restantes fixo que a palabra abandono asomarse pola miña mente. Hai que ser forte pensei, e seguín apretando os dentes. Primeiro avituallamento, parei a facer unha foto e a mandarlle a miña irmá para que soubera cando vir con Xoel. E seguíamos con moito tráfico, primeira baixada bastante bonita e a miña rodilla dereita avisando que non forzara a máquina. A partires de aquí unha ruta lateral pegada ó lago e con moitos desniveis asimétricos, dificultades para pisar e aínda que corrible moi tecnico. Iba seguindo a estela de varios compañeiros pero nun momento dado e xa na seguinte pequena subida perdinos de vista, e así ata o quilómetro 20 estiven practicamente só, sen ninguén a miña vista. O chegar ó segundo avituallamento foi a sorpresa boa, era o quilómetro once e o meu reloxo poñía o 9, menos mal😁😁😁, charla cos voluntarios super atentos en todo o trail e a seguir por sendeiros de monte preciosos, o lado do río, disfrutando da súa compañía. Ahí pouco m importaba a clasificacion, e neses momentos nos que a comunión coa natureza prima por encima de todo. O que vía era precioso, o Eume e precioso en todo o seu cauce, non era un sendeiro fácil xa que habia que ter os ollos no chan ante a multitude de cambios de terreo, troncos no camiño, raíces...perdín a conta das veces que cruzamos o río. E a pesar desta maravillosa comunión mental as miñas pernas seguían cansada e pesadas, movíame a golpes, correndo pouco e cos quilómetros pasando paseniño. Así ata o dezasete no terceiro avituallamento, donde xa me din conta que apretaba ou o meu obxectivo de estar entre as tres horas e media e catro ía ser imposible. Non era o meu millor día físico, aínda así adiqueime a disfrutar do que vía. Precioso. E escomeza a a última subida moi progresiva onde chegaríamos ata os 666 metros😈😈😈😈 de altitude. Foi unha combinación de tramos técnicos, pequenas subidas e baixadas, e auga moita auga. Enchín os bidóns no seguinte avituallamento, xusto antes da gran subida, o calor empezaba a abafar e iso fixo que os derradeiros quilometros a partir do 20 fosen unha tortura. Intentaba mentalizarme e xa confirmado que Xoel estaría na meta anímarme pensando Nel e a ilusión que me facía. Así, conseguín, moi cansado, chegar a cima, aló  esperaban uns voluntarios para darme a benvida con auga e dicirme que só quedaban catro quilómetros de baixada. Sorrín por primeira vez na carreira e corrín outra vez, tentando apretar no final, non contaba con ese horrible tramo de baixada por pedra, avisado na charla técnica, e que se me fixo máis longo que calquera subida, entre o dor de pés e o sol non me daba chegado a meta. Pero xa vía o parque do Eume outra vez, apretei, e alí o fondo escoitei uns berros de ánimo, eran Paula Cobelo e Katia que estaban co meu Xoel, vino alí agardando e o abrazo que nos demos valeu por todo o sufrimento da carreira. Pregunteille se prefería entrar no colo ou correndo o meu carón, e díxome, correndo Papi. E así entramos, eu emocionado e feliz, pero a vez quen me coñece xa veu na miña faz a desazón e a decepción conmigo mesmo por non cumplir o obxectivo. Pero para que haxa días bos, tamén hai algún malo, pero coma sempre o millor, Xoel, os amigos, os callos, están agardando na meta.
Unha carreira e como a vida, esforzo, pasar bos e malos momentos, costas empinadas que cres que nunca remataras e baixadas de esas polas que cres voar. No medio está todo o resto, o día a día,  momentos nos que abandoarias todo, nos que mandarias todo a merda, correr, correr e correr e as veces pararte a disfrutar do que ves, do que está pasando. O final tras todo isto chegas a meta, e a pesar de todo o pasado ahí está a túa familia: Katia, María, grazas por cumplirme este sono, e os teus amigos: Lupe( carreron e iso que estabas tocada, terceira😊😊😊), Óscar, Paula(como unha moto), Pau(cada día máis linda mais linda, cada Dia millor e millor), Arantxa (primeira da súa categoría), Rosa e Manuel, Bego é Susana, Fabiola, e tantos e tantos outros e tantos e tantos que hoxe non están aquí. A vida e un gran trail, eu non son dos que quero chegar primeiro, nin Sequera no top 10, só pido ser feliz facéndoo, disfrutar, e rematar sempre. A poder ser, non o último😊😊😊😊. E os callos. Vémonos







en Betanzos no Trail Terras do Mandeo. Grazas a todos.