xoves, 28 de xuño de 2018

Cas Montaña: Unha gran familia

Non se me ocorre millor xeito de rematar un ano coma este, para min o primeiro na familia do cas montaña, que facendo o que máis me gusta, escribir a nosa-vosa crónica.
Corría o mes de novembro do 2017 cando empecei a interesarme por ingresar no cas, recordo que Isa me falou moi ben do grupo de montaña e pensei que ese era o meu verdadeiro hábitat. Contactei co clube, fíxenme socio e comecei a entrenar por libre. Recordoo como se fóra onte, facía tres quilómetros e estaba morto😂😂😂, quen ía pensar que sería capaz de facer cousas que despois fixen.
E así no mes de decembro achegueime o entreno por primeira vez, alí estaban Fede e Isa entre outros, fixemos o circuíto do cementerio e chegoume. Recordo que preto do final Fran o míster acompañoume, falamos do Celta, do Dépor e dos meus obxectivos para ese ano, facer algún trail xa máis cara primaveira- verán🤐🤐🤐🤐. Ese día coñecín tamén un deses amigos que nos acompañaron no resto de sesións, os graos😪😪😪. Cheguei mallado, contento, e sen dores, e desexando que chegara o seguinte entreno.
Ahí naceu a miña gran pasión por este deporte, ahí e nos terceiros tempos onde escoitaba falar de carreiras nun idioma descoñecido para min: Zegama, Somiedo, Travesera, Camovi, Vilatuxe, Chandrexa😶😶😶, pero pouco a pouco fun entendendo o noso idioma e cada día me sentía máis cómodo.
Recordo cando Manuel na carreira de caritas m animou a facer o Costa doce, era unha osadía, pero me dixen, por que non intentalo? Gustoume tanto a experiencia que o seguinte que fixen o chegar a casa foi buscar outros trails, novas aventuras coas que ser feliz.
Os entrenos seguiron e os trails, entre eles aquel malísimo deportivamente pero maravilloso socialmente como foi o de Laracha. Ahí dinme conta da calidade humana dos meus compañeiros, do grupo tan heteroxéneo de persoas pero a vez tan grandes e unidos, e recoñezo que a pesares de pasar por moitos grupos nunca vivín tal comunión. Estou seguro que para todos será un ano difícil de olvidar. Un grupo que está composto por persoas, con nomes, apelidos e sentimentos:
Cova: A nosa emperatriz en tódolos sentidos, non creo equivocarme se digo que ela e a pasta que pega todas las fendas do grupo, a nosa cohexión,  que nos dá a esencia o grupo. Somos afortunados de compartir momentos cunha persoa coma ti.
Manu: Integrador, boa persoa, gran compañeiro e amigo.
Xosé Luís: organizador de eventos, festas, la mano del rey, o conselleiro que todo amigo quere ter preto.
Fede: A experiencia e un grao, nonsi?. Escoitarte e sempre unha clase maxistral sexa do tema que sexa. Pegarme a ti nos entrenos foi do millor que fixen.
Iago: Un dos grandes, un paso por enriba da media. Gran persoa e compañeiro.
Barry: o novo Barry por fóra, por dentro un grande en sensibilidade. O Home tranquilo.
Cepi: O todoterreo, atrévese con tdo, pode con tdo, admirábel.
Enrique alias Bomboncito:  Senón existirás habería que inventarte, pouco máis se pode decir,  un humor único.
Edgar: Recordo a meta de costa doce e os teus gritos animandome, nunca o esquecerei. Gran conselleiro de montes.
Juanjo: Volverás con forza Desa lesión e compartiremos por fin algún trail non accidentado. Outubro xa está ahí.
Fabiola: Fichaxe no mercado de inverno, moi distinta a nos, pero as veces as diferencias enganchan e tras compartir varios findes máis preto podo dicir que hai moito agochado.
Edel: Simpático, sempre cun sorriso, sempre cunha man para apoyar, sempre está ahí.
Isa: Gracias a ela estou aquí, sempre lle estarei agradecido.
Pedro: Un fóra de serie dentro e fóra dos terreos de xogo, con ganas d compartir máis quilometros xuntos.
Dani: Do que parece timidez asoma ese espíritu aventureiro, ese ultraman que todos queremos ser algún día.
Jorge: La chispa, que tiene que ver esto con correr? Él rey de Zegama, la risa permanente.
Gelo: Comparto tantas aficiones contigo, ex asfaltero con un corazón enorme.
Bilba: Él gran ausente pero él que llena portadas, él que se echa de menos, seguramnte una de las mejores personas de este grupazo.
Arantxa: Extrovertida, alegre, simpática, siempre positiva, me encantan las personas como tu...y tu alter ego Gerardo.
Cris Bernárdez: De andaina en andaina estamos deseando que té atrevas ya a un trail!! En tres, dos.uno...
IneSuka: Contigo comparti sobre todo Carreras, grandes momentos, charlas, buen rollo, nuestra fotógrafa oficial.
Fran Seijas: Aunke poco coincidimos siempre fue un placer, otro gran ultraman a los que me gustaría parecerme.
Fran Rodal, él Mister: Creo que todos té debemos mucho, con ese humor clásico del sur, esa retranca, esas series interminables, a todos nós hiciste mejores. Mucho de lo que conseguimos fue por Tus consejos y ayuda.
Felipe y Cris: No podía haber mejor pareja de centrales, él club seremos 1500 pero para mí son vuestras caras, grandes entre los grandes, siempre para todo, Felipe él grande, parece más serio y luego es un cachondo pedazo de pan, y Cris, es una de las personas más cariñosas que conozco. De esta dirección sale este grupo.
Gracias a vosotros y con vosotros conocí gente maravillosa, algunos amigos, otros colegas, otros compañeros, todos montunos como Lupe, Moss, Luis, Pichy, Rosa y Manuel, Tina, Bego la tia de la vara, Susana, Javi Rubio, Jorge, Alberto, Óscar, Rafa, Yago, Sabela, Blas, Rakel, Pauliña, Fátima y tantos otros. En mi vida conocí tan buena gente y es gracias a vosotros. Me enseñasteis a amar este deporte desde la base, a sufrirlo y disfrutarlo, me inoculasteis esta droga a la que estoy enganchado y de la que ojalá nunca me desenganche.
Para mí fue un año difícil, sin vosotros, sin él monte, sin Laracha, Muros, Camovi, Xalo y tantos otros hubiese sido un año negro. Gracias.
Pd: lo escribo en dos idiomas para que él tiempo espacio y forma estén incluídos en él relato.






domingo, 24 de xuño de 2018

Chandrexa da queixa: suores quentes, corazón frio

Supoño que non é normal comezar unha crónica sentado diante da liña de meta agardando a chegada dos teus compañeiros,  mentres escoitas a jabali do sacho entrevistar a todo ser humano que é capaz de rematar esta carreira, pero ninguén dixo que eu o fóra.
Chandrexa da queixa, outro deses lugares que rebotaban na miña cabeza dende que empecei a entender o idioma trail. Camovi, Vilatuxe, Chandrexa....pois xa chegamos aquí, e podo dicir que foi moito máis bonito do que me contastes amigos.
Unha viaxe de case tres horas pasando por un embalse, paraxes de película, toda esta zona de Trives e impresionante, merece unha viaxe con máis calma. Pero viñamos o k viñamos, a correr, así que despois de recoller o dorsal agardamos pola charla técnica. Foi totalmente suigeneris ,
eramos tres os que agardabamos así que o que fixemos foi comentar aspectos da proba alí fóra e ir tomar unha cervexa a de Gerardo. E aló fomos, Ángel e José Merino e a plana maior dos xuíces da proba. Cacahuetes e Alemania Suecia na tele. Así ata que chegaron os meus compañeiros do cas montaña e as súas familias e subimos a onde nos iamos a quedar a durmir, unha das aulas do colexio.
Volvo o directo, parece que hai noticias e Lupe e Fabiola da proba larga de 34 k están preto, así que despido a conexión ata outro intre.
Recén chegado a casa continuo co relato, deixamos a familia cas montaña nunha aula de EXB cada un como poido preparándose para durmir. Era a noite de San Xoán, facía un clima incrible, pero o día seguinte ás sete tocaba diana, así que todos a durmir!!.
Non direi que durmín ben, pero mal tampouco, fúmonos levantando e as oito e cuarto baixamos e primeira alegría do día, a miña gran amiga Lupe Rubio sentada na entrada do bar de Gerardo. Hoxe era a súa primeira gran experiencia coa distancia longa, deixando atrás as cortas, que se lle quedan idem, e fixo, como nos ten acostumados un carreron.
Fomos cara a meta e a foto limpia con todos, alí Jabali do Sacho fíxome unha entrevista a pé de campo e falamos deste blog, grazas amigo!!. E dez, nove....e saíron os 34 k, alí iban Felipe Fabiola e José, ademais de Lupe, auténticos valientes d bestas do monte.
O calor xa empezaba a picar, Suka e eu fomos a tomar un café e facer as nosas cousas previas a saída dun trail.
Non m saían as contas, tiña a rodilla tocada do entreno do venres nas fragas, a miña cabeza levaba unha das semanas máis negras no tema persoal k recordo, así k nada facía entrever k sería fácil. Pensei que o millor era por a mente en branco e tirar para adiante. E así fomos indo para a meta.
Moito pro do noso señor, e moi poucos minis coma nós, pero cada un o seu ritmo, pouco a pouco. Eran 18 quilómetros, e sabiamos que sería duro, máis cos 29 graos de temperatura, pero ía armado: gorra, dous tanques de auga, geles, gominolas...e Jabali do Sacho puxo Sweet child o'mine para saír e recordoume a Xoel e animoume.
Saíron como motos, nos, o final, cada un o seu ritmo, e algo que aprendín do meu amigo José Luis, salvo raras excepcións ninguén pode ir a ritmo de ninguén, por iso case sempre vou solo, aínda que vou facendo amigos polo camiño.
Primeiros dous quilometros de subida, con calma, correde, correde, que eu subo andando, coa postura da miña abuela cando levaba os ovos na cabeza. E así fun nin gañando nin perdendo ata chegar a unha preciosa zona de baixada, non diría o mesmo a volta, con pedras, auga, sombra, unha gozada, así tiramos case ata o primeiro avituallamento, e aquí quitome o sombreiro señores, 4 avituallamentos nunha proba de 18 k, ole por vós. Collín unha auga pra ir hidratandome no camiño e así chegamos a que parecía a gran subida da proba e alí fixen migas cun amigo de Zaragoza que era a súa primeira proba, fíxoseme corta a subida o ir de parola, díxenlle que gardara que o final ía ser moi duro, e así foi.
No km 9 segundo avituallamento, alí está Óscar seguindo a proba, saudos, cambio de auga e tiro para arriba, o chegar ó cumio, que vistas, que maravilla, saquei a cámara gravei un vídeo, pasaronme cinco..xa vos collerei, e así foi, comezou a baixada e tireime coma un tolo sen control e disfrutei coma un enano de aquí ata o quilómetro 13, pistas e algunha zona de monte, moi corrible. Pero tiña que chegar, o momento difícil, xa con calor abafante, eran as doce da mañán, con menos forzas pero coa cabeza ben posta escomezamos a subir de novo, fun un tramo cuns rapaces de asfalto que xa me avisaron da última petada. Ía ben, canso, pero vendo o obxectivo tan o alcance da man. Quen mo diría a min fai 6 meses cando lle dixen a Fran aquela de frase de a ver se para o ano fago algún trail🤣🤣🤣, hoxe completaba un mes difícil de igualar: Vilatuxe,Paderne, As fragas e Chandrexa. Outro reto tan preto. No último avituallamento pegome a Trini e Victoria, sin saber nese intre que serían primeira e segunda clasificada, e quédome cun gran detalle, neses dous quilómetros ían a unha apoiando a outra, se unha paraba a outra lle falaba, dábanse folgos, ata que xa case na baixada Trini colleu vantaxe. E un exemplo de tantas cousas que admiro neste deporte, pelexando polo primeiro posto e axudándose. Unha honra compartir carreira con vós.
A subida foi horrible, dura, tremenda, pero chegamos, eu cun tempo de 2 35 posto 40 para min un luxo tendo en conta o que disfruto. Pouco despois chegou Inesuka que fixo podium de carreira e veteranas. Un éxito. Unha carreira preciosa, ben sinalizada, avituallamentos, compañeiros inmellorables, eu si cambiaría a hora de saida as 9 porque o calor faise insoportable de verdade.
E chegou o postrail, duchas aínda que sexa auga fría, cervexa para todos, comida, intercambio de impresións, e ían chegando os da 34 k, chegou José, dos primeiros,  Felipe cun tempazo de 5 47, nese intre baixamos Suka e eu a agardar a chegada de Lupe e Fabiola que ían camiño de podium. Encontramos a Óscar e díxonos que xa viñan, e alí a sombriña apostamonos a recibilos e de paso animar a todos os que ían chegando...e ahí chegou Lupe, terceira na súa primeira carreira longa, incrible a súa capacidade, só a escoitei dicir " es muy dura, muyyyy dura". Inmensa amiga. Faltaba Fabiola, cando case perderamos a esperanza ahí apareceu pero dicindonos que cría que estaba descalificados polos tempos de corte. Polos pelos. Non foi así. E podium para Fabiola.
Fotos, risas, charlas, abrazos, grandes momentos, aínda que nin o calor de Chandrexa nin dos meus amigos fixo que o meu corazón deixase de estar frío. Próxima parada: Aínda non o sei....to be continued
Fotos de Chandrexa, Celeiros, Podiums de Hugo, Inesuka, Lupe e Fabiola. Eu lévome o podium a un dos que máis disfruta con cada domingo de monte.
Pd: Grazas Diego e toda a xente pola vosa hospitalidade. Así da gusto ir a un trail aínda que estes a 226 quilometros da casa.








domingo, 17 de xuño de 2018

As fragas do Eume: O trail máis bonito do mundo

Sei que me tira o corazón, que cando queres a alguén nunca podes ser de todo obxetivo, e non o serei. Quero as fragas, queroas dende fai moitos anos, dende as nosas acampadas cando aínda se podia acampar, dende a miña inconclusa triloxía con trashnos que contaba as historias de Caaveiro, Monfero e o castelo de Andrade...son tantas cousas que non implicarse non é unha opción.
Outra semana mala de traballo desta vez con gañas de mandalo todo a merda de verdade é tamen sen entrenos, ise cóctel molotov que fai que o meu bo humor me convirta nun ser huraño,  eso si con cea do cas montaña polo medio. A pesar de todo estaba cen por cen de cabeza pero cincuenta de pernas.
 O único punto negativo do dia parecia que ia ser a calor, e sei que non foi nin a mitade do ano pasado, pero é que non o aguanto, me consume. O resto foi todo positivo nesta gran festa familiar que foi o trail das fragas do Eume.
Pero empecemos polo principio. A pesares de facer o trail corto e saír ás dez quixen chegar cedo para animar os da larga e ir con tranquilidade. Eran as oito e cuarto, aínda non había demasiado ambiente, pero alí estaban as dúas jabatas Rosa Armental e Arantxa tomando un café con bola no maleteiro do coche, así k alí kedei, de parola e comentando como ía ser o trail. De camiño pasou un amigo k fixen no Xalo e Luis Couto e alí estiven de charla un bo Anaco. Socializar e parte da vida e no monte moito máis. Baixei a polo dorsal e comezaron a chegar compañeiros, previa ameaza de Rakel que ía de escoba no corto de que non m quería ver, non fixo falta e a verdade que hoxe tiña moita confianza en min. Na zona da meta estaba Jabali entre Metal entrevistas e animar o persoal. Namentres a xente do largo xa estaba preparada, Felipe, Edgar, Arantxa, Luis, Blanca y Miss Fabiola a dalo todo. Conta atrás e 31 kms por diante. Xa quedaba pouco así que fomos a poñer o dorsal e a cumprir cada un coas súas manías persoais...non levei a mochila nin manguiños nin guantes, vin o sol ameazante así k si levei a viseira. Un pouco de quecemento e xa a pasar o control de saída. Dudei, pero seguín a José Luis e a Cepi, tende en conta que eles son pros, eu aínda principiante, pero sentíame ben, por que non intentalo? Se non o intentas será imposible que o consigas.
Dez, nove, oito.....cero e saímos!!..como motos a verdade, deixando atrás un montón de tráfico, case 300 corredores, imaxinádevos se collíamos un tapón!!🤕🤕🤕. Pero neste caso a estratexia si foi intelixente, os dous primeiros quilómetros eran pistas anchas con posibilidade de adiantar así que neste tramo fomos moi ben, o finalizar estas chegaba a primeira subida, dura, e ahi ía con forzas así que tirei e xa tiña a tiro outra vez o dúo do cas que perdera nas rectas. Chegados arriba recuperamos folgos e a baixar de novo, abrindo máis camiño, outra pequena subidiña e chegamos o penedo gordo. Ata aí todo ía de cine, seguía vendo os meus compañeiros e acabei collendoos antes da recta, pouco despois unha das zonas máis bonitas do trail, unha fervenza e unha pequena parte técnica polo río, encántame. Máis rectas e ahí chegaba a gran baixada, primeiro unha perigosa sobre pedras para pasar a de Zig Zig. Baixabamos como animais, cada día con menos medo. E case chegando o final da baixada o peor do día, o meu amigo e compañeiro Xosé Luís polo chan cun nocello lastimado, eu parei, pero é que tamén pararon os vinte que viñan detrás, que mostra de solidariedade, nses intres a ninguén lle importa a clasificación, nos seguintes minutos só recordo a J. Luis botándome, así que o final a regañadentes baixei o avituallamento para avisar pero xa o fixera a gran Paula Cobelo, que saíu como unha bala e a que non vin máis en toda a carreira. Fastidiado polo de José sabía que o mellor que podía facer era dar tdo o que tiña dentro, saír da zona de confort coma sempre me di e adicarlle a él a carreira e iso fixen.
Saín pola banda esquerda do río rápido pero con coidado, chegando o mosteiro de Caaveiro en pouco máis de unha hora e dez, ía ben pero tamén sabía que quedaba o peor. O mosteiro, parei facer fotos, a fervenza, lugares únicos, preciosos. O río Eume con toda a súa variedade, e collimos o caudal dereito do río, máis duriño, con subidas, baixadas por corda, zonas técnicas, paisaxes marabillosos, co cansazo xa asomando é pouco a pouco chegamos o ponte colgante do quilómetro doce. E levabamos hora e media. Sabía que non deixará nada na reserva, que ía a tope, así k tiña k baixar para poder chegar pero antes tiña unha pedazo de subida das que m gustan pero entre o sol e a fatiga custoume, fun levándoo, ritmo constante, pero cando chegou o momento de baixar notabame sen forzas. Así que fun tanteando e utilizando a neurona, que Pa algo a teño, o meu obxectivo era facer entre dúas horas e media e tres e o tiña moi cerca, só había que administrar as forzas. Nova subida e xa os dous últimos quilometros. Aquí só pensaba dúas cousas, que ogallá estivera o meu Xoel, e que me estaba pasando moita xente. Xa non importaba, que máis ten chegar de oitenta que de cento dez?. Así k fun dosificando ata a recta de chegada, mirei cara os lados, Xoel non estaba, pero si a meta, ese lugar o que todos queremos chegar. 2 h 24 minutos, obxectivo cumprido, eso si, cheguei o borde da extenuación, coma nunca o sentirá, tiven que sentarme a sombra, respirar, beber auga e recuperar. Fóra duro, moi duro, pero inmensamente bonito. Na meta o gran Franky grabandonos en vídeo e cando consigo levantarme vexo a José Luis e o seu nocello. Acompañoo a meta para poder sentarse e ver a xente chegar. Entereime que Paula ía facer podium, e o final primeira!! Non fun capaz de collela, ía como un raio. Foron chegando amigos, o gran Barral do pasa ou Entorna, antes xa chegaran Freire e Adri, Felipe, Miss Fabiola, terceira, Blanca segunda na súa categoría, Luis, Arantxa, Javi, Cris, Sabeliña Fraga, Bego Lois, Moss, Susana, Tina, Rosa e Manuel, o gran Pichi hoxe de cámara, Javi, grazas polos teus consellos...amigos amigos e máis amigos do monte....seguro que me olvido de moitos, outros nin os vin, pero o ambiente postrail increíble entre cervexas e paella. Ata que chegou o momento de recoller e asumir as miñas responsabilidades como pai, así que cun sorriso enorme, canso pero sin dor no meu dedo e a felicidade no corpo e pensando xa en chandrexa funme, prometendo voltar pola miña conta.
Conclusións: Organización de luxo, speaker de primeira, avituallamientos perfectos e ben colocados. Noraboa a Blas, Rakel e demais voluntarios, fotógrafos, cociñeiros, un día grande. Para min o trail das fragas do Eume esta no podio dos trails galegos.
Para o ano que vén prometo apuntarme ó longo. Fotos dos podios de Paula, Blanca, Fabiola e Cas montaña segundos da xeral como equipo.









domingo, 10 de xuño de 2018

Paderne: Paraiso entre dous rios

Abofé que si. Houbo momentos do percorrido que cría estar nun paraíso. Sei que estas son frases de políticuchos baratos pero neste caso rindome ante a evidencia, o entorno natural que conforman os dous ríos Lambre e Mandeo fan de Paderne unha terra única, descoñecida incluso pra os que vivimos preto. Eu coñecía a lenda do gran xabarín coñecida como de Roxín Roxal e que deu nome a Ponte do Porco, e unha historia de amor fermosa con triste final que vos recomendo ler, unha das razons para que o noso querido porquiño bravo sexa o símbolo deste concello e do que nos ocupa, o II trail do branco lexítimo.
Apunteime o trail longo, non é o normal en min, seino, unha das razóns de porque escollo sempre trails cortos e porque corro tódolos domingos, e convencinme a min mesmo de que era o millor. Iso, e tamén que todo require duns tempos e góstame aproveitar e sacar o xugo de todo ata o final. Pero os amigos, que son ouro, levabanme tempo dicindo que me animará e o perfil de esta carreira era sin dúbida un dos millores que podía encontrar para facelo. Que razón tiñades condenados.
As oito e algo saín da casa, pouca madruga, e fun seguindo e cagandome no Google Maps a vez. As veces non pensar e o que ten. Chegar cheguei e o primeiro que aprecie foi o gran ambente festivo que reinaba na localidade, dende o aparcamento ata a saída había un trecho e todo estaba ataigado de postos, exposicións, un minipalco..😄😄😄 e xunto a unha igrexa estaba a saída. Recollín o meu dorsal e unha camiseta chulisima pra a colección!! Subindo de volta pra facer os últimos preparativos xa fun encontrando amigos, Rosa, Arantxa, Pauliña Covelo, e moitos montunos anónimos.
Cada semana e un mundo, cada carreira por iso mesmo é un desafío distinto, dependendo de cada un e das historias que todos levamos no interior. As veces nas carreiras, sobre todo antes de empezar, góstame mirar os ollos da xente, ver os seus xestos, os nervos, saber que cada un deles leva algo distinto dentro que fai que cada carreira sexa única e personal. O monte Pon en contacto ese mundo interior co exterior provocando unha simbiose pra os que o vivimos, difícil de explicar.
Estiven de luns a xoves con gastroenteritis, indo a traballar mal, non podendo entrenar, dudando se chegaría a tempo, pero neste intre, namentres poñía o dorsal, nada me importaba, só tiña na mente a unha persoa,
 a miña bisavoa. Ela naceu aquí, ela foi a persoa máis boa que coñecín na miña vida, ela foi a que dende cativo me ensinou a ser como son e por iso parte de ela vive en min, no que fago, no que sinto, e hoxe amigos do monte era o seu día, esta é a súa terra.
Cabeza cen por cen, corazón a mil, pernas case sen entrenos sesenta. Púxenme con Rosa e Arantxa o fondo pra sair tranquilos, por diante 21 quilómetros, así que había que reservar pra o final onde sabiamos que estaba o maior desnivel da proba. Saímos costa arriba e pasando por todo o recinto da festa, pero sólo foi un trechiño, ahí aínda escoitaba as voces de Rosa e Arantxa, pero na baixada xa as perdín. E é que hoxe encontreime super a gusto baixando, e a pesar de ter media uña dun dedo menos, non tiven unha gota de dor en toda a carreira, todo grazas a miña Lupe Rubio, o seu traballo espectacular e consellos. Así ía baixando como unha cabra e recuperando postos, tanto que alá o fondo comecei a ver a Pauliña Covelo, e o final puxémonos a par, falamos un ratiño, ata a bifurcación dos trails longo e corto, preto do km 6, xa pasaramos o primeiro avituallamento, no que din boa conta do melón, do que son o maior fan....




e veña máis baixada, ahí por un intre deixo atrás a Pauliña, pero vai a ser a nosa historia do trail, agora vou eu, agora vas ti, agora eu, así ata a meta. Encantoume esa baixada a tope, ata o quilómetro nove diría que demasiadas pistas, por poñer un pero, todo cambiou a partir de aquí, chegamos a unha fervenza incrible na que si ou si tiven que parar, admirar, e sacar fotos, como pode haber estas marabillas na natureza e non coñecelas? Nese intre pasoume tamén Pau Ps, e ahí fomos un cachiño de carreira xuntos, ogallá coincidamos en máis. Era este un tramiño máis técnico polo borde do río. Sentíame moi ben, xa me quitara os guantes e os manguiños, sorte que decidira traer a mochila e ahí fun metendo todo. No quilometro dez doume conta que non levamos nin unha hora pero coincido con Paula en que o peor está por chegar. Pero non, o que chegou foi o fin do pisteo e un espectáculo para os sentidos marabilloso. Miraba os lados e non daba credito o que vía, iamos a rentes do río, cheo de pozos, pasarelas, minifervenzas, o malo era que había que ir atento o chan porque unha de esas raíces malvadas foi a que me deixóu sen uña no trail de Sada. O único que pensaba era cando podería voltar a facer este recorrido pola miña conta, incrible. E así, os quilómetros foron voando, ata chegar ó terceiro avituallamento no 16, aínda non falei da organización, hai algunha nota maior do dez? Pois daquela non podo dicir moito máis, recorrido aparte de precioso marcado a perfección, acollida, postrail, todo o grande, amigos, creo que a maioría dos que alí estabamos voltaremos. E a partir deste punto comezaba o realmente duro, o gran desnivel, con moi pouca gasolina na reserva e con Pauliña Outra vez o meu carón fomos subindo, o final deixeina algo atrás e coincidín cun rapaz que estaba parado nun lado, pregunteille se estaba ben e díxome que non podía correr que lle tiraban os cuadríceps, díxenlle, tranquilo, eu acompañote ata a chegada, imos andando ata que vexamos o arco e ahí botamos unha carreira que entrar hai que entrar con boa presenza. Chamábase Alex, era a súa segunda carreira de montaña, e non será a última, isto engancha amigo, e así fomos paseniño, si corremos Pa unha foto jajaja e cando vimos o arco de meta afrontamos ese final correndo. Na chegada collimonos das mans e Isa sensación maravillosa recorreume novamente, desta vez adicado a esa persoa especial, das que nunca se olvidan. 2h 18 minutos 21 quilómetros, para min un tempo grande, pero sobre todo o máis importante é que disfrutei moito máis do que sufrín esta vez, e iso é un luxo. Na meta atopo o gran Yago Breijo, estas en todos lados amigo, e van chegando Pauliña, Pau Ps, Ana Moreno, Arantxiña e Rosa. Os rapaces-motos do cas Sada tripleta de podium no trail longo, vaia máquinas meu Deus. E así fomos dando boa conta do lacón ata fartar, riquísimo e asistimos a entrega de premios, nun ambente de festa que só pode haber nos trails. Gran traballo dos voluntarios, esa figura imprescindible, pero é que sen eles non habería trail. Grazas a todos, próxima parada o gran fragas do Eume, o que me unen sentimentos, cancións, adolescencia, tantas e tantas cousas. Será outra historia.
E pra que vaiades entrando en tema aquí vos deixo sangue da miña sangue:
Trashnos- Monasterio
https://youtube.com/watch?v=9M3c5GHaqts

domingo, 3 de xuño de 2018

Vilatuxe Maxico

Somos sentimentos, vivencias, experiencias e cada día estamos e sentimos diferente, por eso cada bagaxe nun trail depende moito da nosa cabeciña. A miña pasou unha semana das máis estresesantes que recordo, inventario e auditoría no traballo, un fillo enfermo o que dedicar o resto de horas e por suposto nin un so minuto de entreno. En todas estas cousas cavilaba namentres me dirixía, autopista por medio, a disfrutar dun fin de semana de trail en Vilatuxe, Lalín, e abofé que o fixen.
A xente do galaica trail run Lalín son excelentes embaixadores da súa terra, boa xente e fixeron da nosa estancia no albergue millor que estar nun hotel de cinco estrellas.
E é que cos meus pensamentos aínda revoltos e tras dar un par de voltas de máis cheguei o albergue e alí estaban xa ceando amigos e compañeiros do monte. Deixei o petate e a comer acompañado da xente do Car marisqueiro, pouco despois chegou a perdida Fabiola, e así, fomos falando do que máis nos gusta, ali estaban pakitatrail Blas,Raquel, Carlos, Xaime, Belén, un gustazo aprender de todos vós. E chegou a hora de ir a dormir, compartimos a habitación cunha familia e a min tocoume arriba...a verdade é que dormin coma un bendito, estaba cansado, agotado, e caín de seguido.
Durmir fóra da casa significa perder un pouco as costumes e manías pretrail pero neste caso tiven a sorte de encontrar solución a tdo. Ducha de auga quente, e desayuno gracias a Fabiola e sobre tdo o gran Blas que m preparou o café, e amigo, non sabes o ben que me fixo. Despedímonos do albergue agradecidos polo trato, xa sabedes que todos tendes unha cama en San Xoán de Vilanova pra cando a necesitedes.
E partimos cara a Vilatuxe, non sin atrancos chegamos e alí estaban os compañeiros do Cas Montaña Sada, unha tropa hoxe, só Edel e máis eu iamos o corto, o resto os valentes que facían 34. Collimos a bolsa do corredor sen moitas sorpresas e fomos cara a zona de meta. Alí encontro a miña gran amiga Lupe  e parte da familia do pasa ou entorna. Coma non temos leria nen nada case nos poñemos nas nove e van a sair os do Trail longo!! Alí nos apostamos a animar os compañeiros, Blas vai de escoba. Quedaba media hora para a nosa saída así k era momento de prepararnos, poñer o dorsal, repoñer a bebida, comprobar o chip....algo de inquietude e desexando saír. Pasamos o control de saída e tres, dous, un...jabali do sacho Vila-tuxe Vila-tuxe!!!
Por diante 18 kms de dureza e puro monte galego. Empeza como tiña que ser, subindo, alá para arriba, unha cousa é que me sinta cómodo e outra e que sexa tdo subida..apufff...isto non é Mesoiro, vaia subidiñas, polo medio algunha baixada por monte, preciosa. Parome a sacar fotos no alto, non m importa que m pasen un dous ou tres corredores, eu veño a disfrutar. Primer avituallamento meto fruta e, oh sorpresa, isotonico Carrefour, doume de conta que é un dos patrocinadores oficiais do evento. E veña a baixar, e veña a subir, e veña para arriba, e veña para abaixo aínda que menos, así ata o quilómetro dez. Fago migas case dous quilometros cunha rapaza que case retorce un nocelo mentres falamos, sube millor ca min e o final quedará cuarta. O recorrido precioso, a sinalización perfecta, as pernas pesandome, e iso que fun gardando. Sabía que a partir do dez era todo baixada e rectas pero chego bastante na reserva a eses tramos, cústame mirar pra os lados para admirar o paisaxe, pra fundirme co entorno. Por un momento asaltante na cabeza as cancións dos debuxos de Xoel...🙄🙄🙄..fóra, fóra...necesito Metaaaaal!!. Fotógrafos situados estratéxicamente. Avanzo pero as veces parome, canso, pero a miña cabeza pode máis e manda seguir. Os carteis dos quilómetros faltantes en conta atrás gran idea...cinco...catro..e un repecho potente para arriba, ha de ser o último, nonsi?....apufff...semana sen entrenos como o noto!!!. Vilatuxe ten fama de duro e ben ganado o ten. Aínda así miro o reloxo e sei que vou moi por diante da miña previsión. Superarse sempre m fai un pouco máis feliz. Tres, dous...xa topamos co asfalto e doume conta de que a meta esta ahi. Chegamos. 2h 09 minutos, obxectivo máis que cumplido pra o novato do trail nunha proba da copa de Galiza coma esta. Feliz. Saúdo a rapaza que tamén está feliz, vexo a outro amigo do cas que quedou de 14, dálle lume de carallo!! Así, cunha sonrisa, vou cara o coche e non lonxe vexo os amigos de pasa ou entorna. Arrastrome ata alí e Lupe quedou segunda! Amigos que che dan ledicias. E chega Edel catro minutos despois de min, contento, gustoulle moito. Cambiamonos e imos tomar unha caña, a partir de aquí o post- trail, facendo irmandade entre cas montaña e Pasa ou entorna, compartindo momentos con Yago Breijo, ise proxecto vai a ser un éxito, deboche unha caña!!! Lupe, Chandrexa, Lagos e mil balas na recámara. E van chegando os do longo, ahí está Bautista, Felipe, Fabiola, Enrique, José Luis e Barry, todos contentos cos obxectivos particulares conseguidos. Unha ración de paella o lado do pozo do boi, podiums para Bautista, Fabiola e a miña amiga Lupe Rubio. Un fin de semana fantástico, de grandes sensacións e en parte debollo as persoas gracias ás que podo estar aquí: Katia, Mara, Irma, Cuñado, Gregorio, Madre, sen vos non sería posible. O ano que ven nos vemonos no longo. A semán próxima Paderne. Grazas.