domingo, 8 de xullo de 2018

Trail de Cuntis: Repetiremos cada ano

Pa o ano voltamos, ese é o sentir xeral, a frase máis escoitada. Pouco importa a calor cando o trato o terceiro tempo e o propio trail son de esta categoría.
Pero como digo sempre, escomecemos polo principio. Foi unha boa semana, conversas aplazadas que axudan, amigos que están sempre ahí, e cumplir un obxetivo do que levaba meses detrás: Unir Bañobre Breamo Andrade e Pontedeume de forma circular por monte. O martes conseguino. Aínda me queda moito traballo por diante para eliminar anacos de asfalto pero o importante xa o teño, o camiño. Semana con moitos entrenos e quilómetros pero mereceu a pena.
En principio iamos cinco cabras de Sada, Arantxa dende Coruña e Enrique, Edel, Fabiola e máis eu dende Bergondo. O final Fabiola non poido vir, unha pena, era unha carreira para ela. A verdade é que ía un pouco a cegas, sin ver o track, sin saber moito de que tipo de carreira se trataba, esas cousas que se supón que tes que saber antes de calquera proba. Casi foi millor así.
Chegamos en unha hora escasa e aparcamos preto da praza da árbore, onde se daba a saída, o primeiro que nos chamou a atención foi o entorno marabilloso da saída, no centro do pobo, na zona monumental. Recollimos os nosos dorsais e fomos a tomar un café, case todo estaba cerrado o ser tan cedo, pero atopamos un e alí estaba Arantxa!!. Sen moito tempo fomos a equiparnos rapidamente, eu co meu buff novo de superdad e Xoel de nome de dorsal, era o seu día, o día no que cumpre tres aniños, así que todo ía adicado a él. Na saída estaba Blas que ía de escoba do longo e Sabeliña Fraga e case trescentos traileros e andaina.
A saída foi rápida pois había que cruzar todo o pobo para empezar a subida. Fun tranquilo, tentando non perder de vista a Enrique, pero foi difícil, despois do segundo quilómetro perdino de vista. A táctica de carreira tíñaa clara, andar rápido nas subidas, correr tranquilo nas rectas e baixar o máis rápido que poidera😯😯😯, pero a teoría e a práctica son dúas cousas distintas. A primeira subida, por monte, xa foi bastante dura, con tramos potentes, e sudando xa cando o sol non fixera aparición. Cáseque 350 metros desnivel positivo e veña a baixar. O meu peor momento son os tres primeiros quilómetros, a partir de ahí revivo, así que despois da subida encontrábanse ben, con forzas, iamos por zonas de sombra, tres cuartos de hora no quilometro 6. Ahí fun cunha patrulla de rapaces máis ou menos constante, aquí te adianto eu, alí ti, acola eu ata que a rapaza que ía marcando o ritmo en cabeza tivo un esguince, unha pena porque ía como unha moto. Paramos todos a auxiliar pero non quería que perderamos tempo. Eu díxenlle a min dame igual quedar de 40 que de 60 así que té acompañó ata o avituallamento que estaba a menos de medio quilómetro. Insistiume para que me fóra, pero amiga, non me coñeces, son moi cabezon. E así a pata coxa chegamos a repoñer forzas e ela de volta para Cuntis. Iso de parar dez minutiños senta ben así que saín cunha forza descomunal tanta que pasei a case todos os que me pasaran no proceso da torcedura.
Sabía ou intuía que viña o peor. De aquí o quilometro case quince foi unha subida, o principio progresiva, por monte, preciosa, me encantan, pero o final xa co sol ben aposentado no seu trono chegou a subida por pedras, máis ben Pedrolos, para min durísima. A unión de calor e pedra fixo que se me fixera máis dura que Chandrexa.
No alto máis sorpresas, unha baixada a rastras por pedras, arrastrando o cu, e a partir de ahí unha baixada técnica por monte a sombra que me namorou. Ahí colin a sombra dunha rapaza que remataría segunda e non a soltei ata a meta, foron dous quilómetros pola beira do río cunha beleza brutal, preciosa, e último quilómetro xa en Cuntis.
Nesa recta cerrei os ollos, respirei, obxectivo cumprido, trail rematado, adicado ó meu neno, e dime conta que non voltará a mirar o reloxo dende o quilómetro 6🤔🤔🤔, curioso cando menos, o final 2h 23 e posto 38, un resultado xenial, un disfrute todavía máis grande, e o que quedaba.
Busquei unha sombra e pedín unha cervexa, porque si amigos, había grifo de cervexa!! Podería haber algo millor?. Si, empanada a mans cheas e callos para regalar. Espectacular terceiro tempo acompañado de Enrique e Edel que fixeron dous carreron, compartindoo con amigos como Sabela Fraga, Bruno Cardamas, Yago Breijo, Blas, Trini, Felipe, e AaaaRantxa que o final e despois de darse un baño no río chegou e completou o trail longo.
Organización impresionante a que felicitei, non só polo traballo altruísta senón por facernos felices a todos durante unhas horas. Recorrido precioso e ben balizado, unha delicia e repito o millor terceiro tempo que recordo. O ano que vén, voltamos.
Botamos de menos os nosos amigos do monte que faltaron, sodes moitos, uns porque no verán non corren, outros que están lonxe, pero sempre estades aquí presentes, xa sabedes onde.
Parabéns Xoel, ti es o meu motor, a tinta das miñas letras, pos a cor en todo o que tocas. Gracias por ser como es.
Ata o próximo trail.