domingo, 18 de novembro de 2018

Trail Mosteiro de Caaveiro: Un final feliz

E todo o que comeza ten un final. O trail de Caaveiro marcaba o Ocaso da miña primeira temporada no mundo do monte, e tamén do mundo das crónicas. Ogallá nestes meses fora capaz de transmitir todo a paixón coa que os que me coñecedes sabedes que afronto cada unha das problas, e en realidade a maioría das cousas da miña vida.  A única pretensión que tiña cando escribín a miña primeira crónica de aquel trail de Cariño era expresar e compartir, se conseguín nalgún momento chegar o corazón dalgún de vos doume máis que por satisfeito. O que para min era un mundo descoñecido convertíuse na miña segunda casa, no meu refuxio, nese lugar de sentimentos máxicos, o meu Macondo particular.
Hoxe, despois de compartir tantas cousas con tanta boa xente, e tantos quilómetros de monte, ríos, bosques, montañas, tantos terceiros tempos, tantos bos e malos momentos, creo que son mellor persoa e iso e algo que non se consigue con diñeiro.
Pero estamos no trail Mosteiro de Caaveiro, un dos máis queridos polos traileros de Mordor, e fixo honor a súa sona. A historia comezou temprano e cun protagonista novedoso nesta historia, Xoel, que me acompañou por primeira vez grazas a ludóteca que montou a organización de Eventi. Escasos quince minutos dende a miña casa a As Neves, cunha animada conversa, todo o que se pode falar cun neno de tres anos a estas horas da mañán. Chegamos e aparcamos pretiño da meta e dirixímonos a caza do dorsal, unha vez no noso poder seguimos as indicacións de Blas para ir cara a Gardería que estaba na meta, a escasos 700 metros de alí. Un paseíño que hai que ir acostumando esas perniñas para o futuro😉😉😉. Pasei un ratiño con el namentres se adaptaba o lugar e cando non houbo lugar a dúbidas saín coma un foguete para ver a saída da longa. Unha carreira na que estaba apuntado pero tiven que renunciar polos meus problemas nos pes e por Xoel, a súa primeira vez millor pouco ratiño. Alí estaban Fede, Iago, Edgar, Barry, Enrique, Luis, Rosa, Manuel, Tina, Luis Javi e Cris e un largo etcetera de amigos do monte. Alá foron os valentes e eu fun a cambiarme, prepararme para a miña batalla particular. Rematada a miña praxis case relixiosa de tódolos ante-trails fun co meu macuto para a saída, e alí encontrei a Jose do Pasa ou Entorna, a Rafa, os meus compis Angeliño, Lucía e Gelo e fomos pasando xa cara o arco de saída. Namentres agardábamos fun repasando mentalmente o recorrido, que coñecía menos os primeiros catro quilómetros, pero vendo o perfil todo auguraba unha saída rápida, e tanto que o foi... 3,2,1 e saímos....
O primeiro quilómetro a ritmo 3:59, paseime un pouco pero non quería perder comba, e aínda así os tolos xa me quitaban case cen metros, que velocidade, pero notaba que era demasiado para o meu corpo de 42 anos Veterano (todo a razón, a partir de 40 ir cos senior e de tolos, eles van en manga sisa e eu que non me quito os manguiños). Así que tocaba regular un pouco, xa en vereda de camiños pasamos por unha zona de baixada de pedras complicada pero corta que xa coñecía e o torcer a dereita unha subida, pequena pero o suficiente para non dar moito o cante se a andaba, e iso fixen para recuperar os folgos, iso sí, foronme pasando amigos, entre eles Amira Simón, finalmente sería a gañadora femenina, a que tiven a tiro mais da metada do Trail. Eran catro quilómetros enganosos, no perfirl pode parecer zona rápida pero non o foi tanto ata chegar as baixadas, a primeira máis lenta, porque había máis tráfico e porque era case toda sobre pedra, zona esbaradiza, e coma sempre digo mañán hai que traballar e ista desembocaba tras un xiro na segunda, a miña preferida, neste intre vexo aparecer o meu lado o meu amigo Jose do Pasa ou Entorna, do que non me separarei ata o final. A baixada e mortal, Lupe, Paula, eran das vosas, baixo todo o rápido que podo, momentos por baixo dos catro minutos quilómetro, tendo en conta que ata fai ben pouco eran o meu principal déficit non me podo queixar. E así, case nun intre pasamos dous quilómetros a toda velocidade e chegamos o Mosteiro de Caaveiro. Trinta e tres minutos, ía conforme o meu obxectivo temporal, pero agora chegaba o outro palo da V, a subida, e era tamén tremenda. Parei solo a comer un plátano no avituallamento e tira para arriba, aquí si que me sinto cómodo, e incrible como funciona a nosa cabeza e como teño tan asimilidado a subida a descanso que a non ser que sexa un tipo Xalo e chegar a ela e descansar. E unha subida longa, máis de quilómetro e medio, en pedra, faise difícil, pero ía ben, cómodo, e sen moito tráfico, todo eso agradecíase. O chegar arriba levo a Jose diante e nos metemos xa nos terrenos do río Sesín, precioso, compre, para os que non poidestes hoxe, que vos dedes unha volta por alí con tranquilidade e disfrutar dese paraxe precioso, porque indo coma hoxe o que e ver, non viamos nada. E o final do río a derradeira subida, dura máis polo cansazo que polo resto, xa que e corta pero e chegar arriba estou máis agotado que na outra. Danme pulos Jose e outro compi e intento seguir o seu ritmo, miro para atrás, so veñen un par de rapaces, reláxome un pouco, ainda non mirei o tempo nin os quilómetros dende Caaveiro. Respiro a fondo, acomodo a miña respiración as notas da música de Warcry que me dan un pulo extra. Dous quilómetros e estarei abrazando o meu Xoel. Iso sempre axuda, apreto o paso e así ata o cruce, quedan setecentos metros para a meta, xa está ahí, e describir o que se sinte cada vez que se cruza, eso xa o sabedes vos, na entrada do polideportivo choco as mans de Blas e enfilo a recta de chegada. Levanto os brazos, 1h 16, máis que conseguido o obxectivo, esta vez sí, normalmente adícome a disfrutar, a non lesionarme, a rematar, pero hoxe era especial, e a cabeza funcionou de marabilla. Vexo a Xoel como mira cara a Meta, estiro os brazos, pídelle permiso a Coidadora e ven correndo, o abrazo compensa calquera esforzo. Estou feliz, contento, aínda que boto de menos a xente que me gustaría abrazar tamén. Pero alí está Jose e nos fundimos noutro forte abrazo. Gran compañeiro, cos que sempre e unha gozada compartir carreira. O espíritu de Lor estára sempre entre nos.
Unha carreira moi rápida, non e o meu forte, son máis de andar, de parar, de facer máis quilómetros, pero un par de estas o ano axudan a mellorar as pernas, a darlle forzas, a darte forza mental para saber que podes. Voume duchar, por unha vez dos primeiros e collo auga quente, todo son boas novas, fagoo rápido para voltar xunto a Xoel. E recibir a tódolos amigos que quedaban por chegar, destar vez cheguei antes que ningún, así que os toros dende a barreira.
Sentámonos nas gradas, falando con uns, con outros, virtualmente, comemos, bebemos, van chegando os do longo, todos con boas caras, con boas sensacións, e chegan os callos, e unha tapa, e outra, e Xoel vai pedindo papas, e case a unha, queda moito terceiro tempo pero menos para un papi en apuros, así que coma viñemos, despedindonos de todos, e dos que non víramos aínda, Aracelis, Rosa, Manu, Tina, Trini e un longo etcetera, nos imos camiño da nosa casa.
Teño que agradecer sobor de todo a oportunidade de poder deixar a Xoel na ludóteca, paréceme fenomenal que esto se esté extendendo e para os pais que nos e complicado ou de familias monoparentais e unha axuda para non perdernos ningún trail.
Porque sí,ainda que non o creades algún me perdín, pero outros, 32 para ser máis exactos poiden vivilos dende dentro. De cada un gardo recordos especiais, cada un ten cousas boas e experiencias positivas independentemente do posto ou tempo que fixera. Convértense en experiencias vitais.
No mosteiro de Caaveiro disfrutei en todo momento, gran atención o corredor, instalacións estupendas, tan ben balizado que non tiña nin que mirar, voluntarios sempre cun sorriso, cervexa e callos e demáis sempre a repetir, ata fartar, non hai pero ningún nun recorrido distinto o das fragas, maís rápido e pisteo pero con lugares preciosos como o propio Mosteiro ou o río Sesín.
Cita obligada. E o ladiño da casa. Grazas.
....E rematamos a tempada, supoño, porque xa sabedes que nunca se sabe, cita en Sada o día 14 coa carreira nocturna solidaria, eso seguro, e supoño que o próximo trail será dende o posto de voluntario no Trail costa doce en Xaneiro.
Recordos, vivencias, amigos....non están todos, pero sí están moitos dos que son:














2 comentarios:

  1. Que grande Rober!!! Es siete s fose Xoel, en nada anda e corzo coma ti👏🏻👏🏻👏🏻

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas!! Ogallá!!!k empecen cedo ás novas xeracións!!

      Eliminar