domingo, 23 de decembro de 2018

Trail de orientación de Orro: Un novo mundo que asoma

Non pensaba facer hoxe crónica, pero claro, cando pensas que esto realmente e un disfrute e non un traballo daste conta de que non ten sentido a palabra vacacións. Levaba sin competir en monte dende o día de Caaveiro, somentes os 5 kms da nocturna de Sada por asfalto. Este e un mes fatídico para todos os que traballamos en comercio pero unha xogada do destino quixo que descansara este domingo e non o que ven como estaba previsto. Recoñezo que según mo dixo a miña compi o primeiro que fixen foi pensar que carreira había este fin de semana e recordei que a miña amiga Lupe me falara deste Trail de Orientación, non tardei unha hora en anotarme, e foi todo un acerto.
O medo e libre, e recoñezo que pensaba que ía ser unha tolemia, nunca tivera unha brúxula nas miñas mans, non sabía usala mirando un mapa, pero nesta vida hai que atreverse e únese tamén o meu amor polo monte, polos mapas, por perderme en eles.
Así, sen moito máis, cheguei algo antes das nove a Orro, xa estaban os rapaces do Gallaecia Raid preparando todo e repartindo os dorsais, xunto a este e a bolsa do corredor levábamos un dispositivo de seguemento en tempo real. Eu pensei que miña nai xa podía estar tranquila, malo sería que non chegara para a cena de Nadal. Por alí xa albisquei coñecidos, Luis Rodríguez, Arantxa e Alba, Roberto Figueroa e pouco despois chegaban os meus amigos Lupe e Feli. Unha pequena clase sobre a marcha de Feli, uns consellos por parte da xente da organización, e no momento no que o mapa chegou as miñas mans xa non sabía que facer, como doblalo, como entendelo, como usalo...así que a outra táctica era correr e seguir os que saben e aprender.
Sonou o pistoletazo de saída e ala fomos, xa vin saír a Luis Lupe e Feli como motos, non perdín a calma que me coñezo pero dinlle rápido, e así non os perdín de vista, chegamos a primeira baliza, bastante sinxela de encontrar e os tiña a tiro, pero a verdade non confiaba en aguantar o tirón, así que cando de camiño a segunda baliza dinme o luxo, privilexio, de pasar a Lupe nunha costa arriba (so foron uns metriños no meu mellor terreo), sorrín para dentro.
 Sentíame ben, moi ben, despois dunhas semanas negras e con moitas preocupacións pola enfermidade da miña irma ( esa maldita enfermidade), e que non pintaba nada ben, pero o final todo saíu millor do esperado, case coma un milagro, e acompañado do calor e da enerxía positiva de tantos montunos a miña sensación hoxe era de profundo agradecemento e o final a cabeza e a que manda.
Chegamos a segunda baliza aínda con moito tráfico pero pouco a pouco foise reducindo, máis que nada porque e o que ten a orientación, cada un colle o camiño que cree máis convinte para chegar o destino así que a partires de aquí escomezamos a encontrar corredores de frente, saíndo de camiños, vamos, unha festa. E aquí xa nos quedamos os tres, Feli comandando a expedición, Lupe poñendo o turbo e eu aguantando o seu ritmo que e de auténtico infarto en ocasións, e fomos pasando balizas, parandonos en todas para tomar o camiño correcto pero sempre cunha explicación do por qué e porque o facíamos e así os novatos fomos entendendo como interpretar ben o mapa. E fomos xenial ata a baliza número sete, na que nos fixemos un lío, nos perdemos e dimos varias voltas ata que a encontramos, a ela e os rapaces da purga😂😂😂😂😂. A partir de aquí foi máis sinxelo, eu conseguía seguilos a bo ritmo e sentíame ben, tivemos outro pequeno despiste antes da baliza dez e a partir de aquí foi coser e cantar no que a balizas se refire. Eu notábame ben e conseguía seguirlles ben o ritmo. No camiño da baliza doce encontrámonos unha subida durilla pero sen moitas complicacións e tiramos para adiante, pasando incluso o avituallamento de largo, aquí levábamos preto a unha rapaza que despois duns tronchamentos ( Feli´s dixit) acabou quedando descolgada.
E tiña que chegar porque non sabedes o difícil que e seguirlle o ritmo a estas máquinas, Feli curtido en mil batallas e Lupe que unha auténtica corredora Top do Trail Galego e que o que a coñece sabe que nunca baixa a guardia, ela sempre vai a tope, así que me deu o baixón, e andiven a rastras varias balizas, seguindoos coa vista, apretando nas chegadas as balizas, cando sabía que eles pararían para orientarse. Non vos vou engañar, sabía que sólo, posiblemente me acabaría perdendo, e por outra banda quería esixirme mais a min mesmo e que mellor que seguir a xente que esta moi por encima de ti. Así que apretei os dentes e aínda que por momentos se me escapaban sempre conseguín collelos, e  cada baliza era unha baliza menos para chegar. Sufrín pero disfrutando sempre, pensando que o conseguido ata alí xa era para min de gran mérito, pero que coño, unha vez chegados a baliza dezasete porque non aguantar sete máis?
O caso e que eu pensaba que eran 29, así que non vexades a miña alegría cando Lupe me dixo que non que eran 23, non lle din un abrazo porque nin forzas para iso tiña. O caso e que a sorte quixo que unha dubida coa baliza 17 fixo que os meus compis tiveran que para e eu por fin, respirei, a partires de aquí todo foi máis sinxelo. As balizas estaban maís concentradas, sucedíanse as baixadas e olíamos que estábamos a chegar, e iso, como sabedes dache un plus máis de forzas, e así, disfrutando chegamos a meta. Nunha experiencia bestial, aínda por encima coa millor clasificación da miña vida, 29, e o que ten conseguir aguantarlle o ritmo a estas dous pedazo de máquinas.
A carreira preciosa, gustoume todo, e a verdade que non sería o mesmo de non poder ir con Feli e con Lupe, sería distinto, pero nunca igual, difícil describir entrar na meta cunha amiga e sabendo que ela tamén foi a tope, tanto que fixo podio. A experiencia de compartir o teu destino na carreira con outros, de facer equipo, de levarse ben, de rir por momentos, de perdernos pero saber levantarnos, de ser un por momentos fai esto algo único.
O meu próximo obxectivo probar a rogaine, orientación pero buscando as balizas o teu rollo, sen orde, non coma aquí que tiñas que seguir a orde establecida. Sei que me encantará, porque me encanta o monte, focellar por aquí e por alá, perderme, econtrarme...disfrutar.
O final esa e a palabra que a todos máis nos gusta, disfurtar do monte a vez que sufrimos en él.
E o postrail. Gallaecia Raid portouse coma o que son, grandes anfitrións, e aínda por encima tocoume un premio nun sorteo. O manxar a cargo do gran Chef David Senra e o placer de compartir comida con grandes coma Quito Ponteceso, Lupe Rubio ou Feli Fraga e un privileixio, o primeiro inoculándonos a droga dos raids, pero paso a paso, etapa a etapa Ia dicir que ata aquí o 2018 pero millor me calo. Seguro que todos estades a planificar o 2019, as carreiras que iredes, eu o único que lle pido os Reises son que me toquen carreiras de sorteo. Aparte de isto e quitando o monte e o trail e os grandes amigos que fixen todo o resto e máis que millorable así que se todo empeza coma esta a terminar esta semana benvido sexa. O resto saúde, paz e amor.