domingo, 28 de outubro de 2018

Trail de Montefaro: De Mosteiro en Mosteiro

Hai unha primeira vez para todo, para min esa primeira vez foi hoxe no trail de montefaro. Unha primeira retirada, ou cando menos de non rematar o recorrido o que estaba apuntado, pero en lugar de sentirme mal, cabreado, frustrado, prefirin pensar en todo o positivo que me levaba deste marabilloso lugar, mente positiva que e o millor para afrontar todo o malo que xa de por sí nos depara a vida.
Pero empecemos, como sempre, polo principio.
Outros quince días sen entrenar, e que parece unha coña, sen poder ir a paradas do sil con ese equipazo que quedou séptimo na sección femenina e decimoséptimo na masculina no campeonato de españa, o problema o meu dedo gordo do pe esquerdo no que me din un golpe en xaneiro no costa doce e que se me reproducíu na Xtrme lagos. A pesares dos marabillosos coidados da miña amiga e podóloga Lupe Rubio a cousa non estaba clara, tanto que dubidei ata o mesmo día da proba se debía baixar o mini trail de 10 kms, non o fixen, pero non me arrepinto. Ultima semana antes de unhas vacacións que se me fixeron eternas dende febreiro e a cantidade de cousas que me pasaron nestes meses, custoume moito mentalmnte, e podo asegurarvos agora que sen o trail, sen os meus amigos, sen vos, todo sería moito máis difícil. Miro atrás e vexo un enorme tornado que se tragou todo o seu paso. Toca pensar, balizar o que será a miña vida a partir de agora, o seu percorrido, coas súas subidas e baixadas pero sempre coa vista o frente. 😞😞😞😞😞😞 mira que me enrollo¡¡¡¡¡....decídeme algo, imos o allo...
Media hora escasa de viaxe a un lugar con gratos e grandes recordos. Aquí naceu a intro do noso primeiro disco xunto a Manuel Ramil ex Torquemada e agora en Avalanch, de aquí e Iván ex batería, un mar de recordos entre Ares e Mugardos, un lugar descoñecido para moita xente pero que como hoxe moitos podestes descubrir, precioso. Pero curiosamente nunca estivera en Santa Catalina. Tocou aparcar lonxe, pero iso para un bon montuno nunca e un problema, e fomos cara a búsqueda do dorsal, alí me encontrei coa grandiosidade do Mosteiro e pensei na miña gran sorte, fai quince días avituallamento en Santo Estevo, hoxe aquí e dentro de quince días no meu ben querido, amado e venerado Mosteiro de Caaveiro, menos mal que non son relixioso.
Eran as nove da mañán, non había aínda moita xente, lonxe do tapón que se formaría pouco despois e que remataría por facer empezar a carreira con algo de retraso. O imposible era o do cafe, xa sabedes que é unhas das miñas manías, pero desta vez nada, vou ter que traer un termo a partires de agora, non sei vivir sen él. No camiño de volta vou encontrando montunos, Anxeliño e máis entes do cas, Suka e Javi, e a miña Pauliña Cobelo, que logo vos contarei. Preparei o dorsal e demáis trangalladas, entre elas o meu mp3 cheo de bo metal e novamente para arriba na búsqueda de amigos. Eran moitos, tantos que sería imposible enumerar sen deixarme a alguén atrás, e iso fíxome pensar, xa que estou en época de prereflexión, no afortunado que fun en encauzar a miña vida cara a este deporte, cara o monte, e encontrar tanta xente sana e que te demostra o cariño vaias por donde vaias, hoxe en día non e nada sinxelo, non so no cas montaña, no que formamos seguramente un grupo único e difícil de repetir senón no conxunto de montunos galegos que nos xuntamos en cada ocasión, para min e como estar na casa, a miña segunda casa, e cando me vexades solo, nunha esquina apoiado cun sorriso na cara non vos preocupedes, son así, un montuno loquiño.
Hoxe sen dúbida necesitaba o calor de todos eses amigos por moitas cousas e para compensar a falta da miña grande amiga Lupe e tamén de Oscar( un abrazo gigante amigo), aínda na miña mente os recordos latentes do Trial de Ribeira Sacra.
E así, paseniño, falando, rindo, disfrutando da compañía ía chegando a hora, deixamos as cousas no roupeiro e fomos cara a saída donde nos esperaba o gran Jabalí do Sacho o meu Speaker preferido, e que sempre ten a ben recibirme con Metallica aínda que coma hoxe chegue andando e en retirada.
Entrevistas, algúns nervos e frío, pero iso si nada parecido o anunciado nas previsións meteorolóxicas, eu levaba o meu cortaventos que me sobrou dende o segundo quilómetro, o recorrido era bastante esixente o principio e eu tiña a miña táctica, coma sempre inspirada no meu gran amigo Jose Luis, sair a foguete para non coller o tapón e logo xa haberá tempo de descansar.

3,2,1 e saímos....rápidos, de máis o principio xa que estaba preto de xente coa que nunca estou...jijiji.....pero seguín dándolle rápido, ata que empecei a ver paisaxes irrepetibles e tiven que sacar o móvil....creo que foi o trail no que fixen máis fotos, e que senón me levo estos recordos, xa sabedes que para min non é o mismo. Despois da primeira parada fotográfica tocaba subir, e vaia, fíxose duro, moi duro, os primeiros catro para min foron dificiles, coma sempre, e que saio fatal, e iso que levaba o meu trail metal e iba a ritmo pero costábame un mundo, e o chegar o quilómetro cinco unha subida criminal tipo xalo😑😑😑😑😑😑😑😑😑😑, que sí, que o meu e subir, pero tanto en tan pouco tempo estaba a acabar comigo, case 16 minutos ese quilómetro, iso sí cunhas vistas marabillosas o castelo da palma, a ría de ares, un luxo total. E xa alí, no cumio primeiro avituallamento, un pouco e isotónico e a seguir, a partir deste intre e donde me adiantan todos os pros que corren que se espetan, e que eu xa sei que ise non e o meu lugar pero non me estreso, que pasen, unha baixada criminal, incrible, iso sí, en partes perigosa nos leva outra vez o nivel do mar e a parte maís bonita do recorrido. Segundo avituallamente unha hora e sete quilómetros, ahí xa me pasa a gran Bego Lois, e eu a seguila, baixamos xa a plena praia de Chanteiro e encantoume, recordoume   moito a partes do recorrido do Costa doce, recordade, próximo 27 de Xaneiro, bordeando a costa a ceo descuberto, acantilados, precioso, fotos e mais fotos....e ahí chegamos a terceira subida que era máis montuna, máis tipo lor, a min son das que me gustan sobre todo senon teño xente detrás abafando, pero a mala sorte quixo que unha maldita pedra se cruzara no meu camiño e o golpe fíxome ver as estrelas...aínda así, fixen esa subida a tope, porque era o meu millor momento, os meus millores quilómetros, e resistiame o evidente, o único que podía facer era fastidiar máis o dedo, pensei tamén que nalgún momento encontraría a maneira de atallar e así foi, na baixada que xa fixen máis a modo o chegar o final había uhha bifurcación nas que os do corto chegaban a meta e os do largo quedábannos sete quilómetros, o final o mirar o reloxo  máis tarde dinme conta de que fixera case quince quilómetros, de aquí a meta foi o único momento de tristura, pero quen me coñece sabe que se tomo unha decisión non me volvo atrás......e cheguei a meta con ARCA¡¡¡¡...jajjajaja....si, así foi, so que eu parei uns metros antes para decirlle a organización que non tivera en conta o meu tempo....na entrada xa había amigos como Alejandro, Barry, Feli, todos pregúntandome o que me pasara, senteime, revisei o dedo, e bueno, pensei que seguramente parei a tempo, a partir de aquí chegou ese intre en que todo o que saco e positivo. Dúas horas de contacto con monte, dúas horas dunha viaxe precioso, o trail corto faciáseme demasiado corto así que fixen unha versión para min, tamén e certo que non me importan moito as clasificacións senón as sensacións e isas si que foron moi boas. Sen entrenos, con dor no dedo, e tal e como me sentía na terceira subida so me fai pensar en que e unha experiencia maís para enriquecernos de cara o que ven...Caaveiro, Muras, Picos, Pirineos, Quiroga, Maraton del Hierro, de todo se aprende. Hoxe usei a cabeciña moito, para preparar a carreira, para a miña estratexia, pero tamén ante a adversidade.
¿O terceiro tempo? ¿En serio? Diría que único, pero sería moito dicir porque se por algo se caracterizan as organizacións dos trails e por o coidado o corredor. Últimamente vexo moito run run dos pros que non lles fai moita graza o de compartir carreiras cos amaters, sobre todo a nivel nacional, ¿sabesdes que Killian´s do futuro?...sen amateur non habería carreiras coma estas e se o único que houbera fora Mont blancs, Ultras del Pirineo, Zegamas o Somiedos flaco favor lle faríamos o noso deporte. O bonito, e distinto, deste deporte e precisamente iso, todos soñamos con algún día encontrar a Zaid ou Luis Alberto, e saúdalos, non por estar o seu lado, senón por correr carreiras marabillosas, pero namentres deixamonos a pel, os pes, o noso suor nas nosas carreiras, que con tanto amor prepara xente que non gaña un peso con elas pero que se leva o recoñecemento e cariño de todos os que alí estivemos, e moitas delas non teñen nada que envidiar a outras que se fan no extranxeiro.
Pero antes do terceiro tempo tocou recibir na meta a todos os compis, Jose Luis, Fede, Luis, Blanca, Nine e ir vendo amigos coma Javi, Tina, Bego, Moss, Luis, Araceli podiums, Manuel Rosa Chopim e as vellas e sobre todo Paula Cobelo que chegou cuarta e cun esguince de cabalo, iso foi o peor do día, tremenda correndo dende o quilómetro seis así, en nada estarás recuperada porque asegúroche que non so botarás ti de menos o monte, él botárate a ti moito de menos. Todo isto con barra libre de cervexas, tipo Cuntis, e rematado cun corrillo grande do Cas, con Javi,Angel, Lucía, Jacinto e moitos máis amigos, disfrutando do postrail, rindo e agardando o momento de comer que se fixo nun gran salón preparado para a ocasión, eramos tantos que non cabíamos...unha imaxe que impresionaba en aquel salón medieval...e así pouco a pouco tocaba ir despedíndose, algún tiña aínda que preparar unha cabaza de halloween pra Xoeliño aparte de escribir feliz, outro día máis, outra crónica máis.
Pulpeiros de Mugardos e toda a xente da organización, a miña máis sinceira noraboa, recorrido como poucos tiven a oportunidade de disfrutar, balización a tope, e o resto de auténtico luxo, voltaremos xa que agora faltara rematar a carreira. Hay días que das todo por bo, hoxe é un de esos, sempre e millor sumar rapaces. Ata a victoria, sempre.

2 comentarios:

  1. Que grande es rober 👏🏻👏🏻👏🏻👏🏻agora toca recuperación logo facer a cabra outra vez, vémonos no monte tolo!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas....a ver se podo ir ao muras ao corto😊😊😊😊, senón Arteixo e Caaveiro😁😁😁

      Eliminar