domingo, 11 de novembro de 2018

Trail de Arteixo: Unha gran festa

 Só unhas horas despois da miña chegada de Picos quedara co meu amigo José Luis para acudir a chamada dos Jarnachos e o Trail de Arteixo do que tiña dous datos previos, que era a maior festa do trail galego e que o recorrido non era o máis bonito do mundo.
O primeiro a destacar e o lugar espectacular co que contan pra facer este evento, millor imposible, caben milleiros de persoas a cuberto, as duchas quentes o lado e aparcamento de sobra. Un luxo. Chegamos e fomos a polo dorsal. Non había bolsa do corredor como tal, só unha gorra, pero mereceu a pena co que vivín despois. Saíron os do trail longo e nos a tomar un caféciño, revisar o recorrido e xa prepararnos para esta carreira. Eran 18 kms con +800 de desnivel. A verdade e que non tiña nin idea de como se ía a comportar o meu corpo despois de facer 102 kms en catro días e 14 mil de desnivel, eso si, todos andando. Era unha incógnita. Tras preparamos baixamos a quentar un intre e directos para a pista. Alí no altofalante soando Helloween, Maiden e Judas Priest, Metaaaaaaaal!!. E antes de saír estamos con Moss, Su, Bego, Rosa, Manuel, e Sabela Fraga, dámonos un abrazo, e desas persoas do trail que sabes que realmente merecen a pena, que son grandes, encantame.
E 3,2,1 e saimos a lume. Demasiado lume para min, case a 4 30 de media, doume conta de que vou moi rápido, saímos ben, na parte media dianteira, pero estame a costar un mundo e son caseque dous quilómetros de correr sen parar. A patata non vai ben. O corpo non lle está gustando este cambio. Pero sei que tamén é a cabeza, a pantasma do abandono pasa pola miña cabeza, espantoa como podo. A cabeza e o máis importante nunha carreira pero esta semana non foi boa entre as voltas pola custodia de Xoel e a enfermidade grave dunha persoa a que quero moito, sei  que me vai costar, pero me teño que centrar. Por fin aparece a primeira costa, pero os cabros siguen correndo¡¡¡, eu non podo, teño qeu andar, son pequenas subidas salpicadas dalgunha zona técnica a que siguen pequenas baixadas, tobogáns de toda a vida. Vou recuperando, cando menos xa non teño gañas de morrer. Vexo o fondo a Jose Luis, non está tan lonxe o meu amigo. Seguen os sube baixa, a verdade e que non e tan feo como o pintaban, non hai vistas pero faise moi entretido. Aquí e cando poño os cascos un ratiño e consigo tranquilizarme, encontrar o meu punto, ata o primeiro avituallamento case todo e correr salpicado de momentos para pequenas subidas e gratificantes descansos. Pouco despois dunha baixada chegamos a unha zona con control de tempo, un rapaz do Sada que non coñezo pregúntame se e o km vertical, ¿ cómo?...non sei...decido que iste ten que ser o meu punto de inflexion nesta carreira e comezo a subir a todo o que dou, por un lado penso que co que subín esta semana en picos nada podía haber peor. E peor non, pero dura e a subida, e longa. O chegar arriba loxicamente baixamos e novamente para arriba, sintome comodo, isto e o meu, andar rápido, e xa teño a Jose a tiro que me acompañara de aquí o final da carreira, non sin sufrimento para min para aguantar o seu bo ritmo pero cunha grande satisfacción final. Segunda subida, máis corta, xa vou no meu millor intre, a tope, e agora a baixar a todo o que damos, encántaronme estas dúas baixadas, e fun cómodo, sentíndome ben. Xa sen moitos corredores o redor, e disfrutando da compañia do meu amigo. Ainda quedaba unha boa subida por un cortalumes e baixada perigosa posterior por pedra, esta sí que a facemos máis a modiño, que mañan hai que ir a traballar....hai non¡¡¡ que estou de vacacións¡¡ Recordo iso e que mañán recollo a Xoel para pasar toda a semana con él e un sorriso ilumina a miña cara. Vou sufrindo, sí, esixido, claro, pero a bo ritmo. Estame a gostar moito este Trail de Arteixo. Outra cousa a suliñar e que había voluntarios en cada esquina, e ben balizado, imposible perderse. Última subida, pasanos Arca, seguro que ten presa, que quedou😆😆😆. Dicir que no segundo avituallamento moi completo paramos escasamente pra coller un plátano, algunhas gominolas e tirar, e que non podemos perder este bo ritmo. Quedannos pouco máis de tres quilómetros, agora hai que ser listos e manternos, imos relevándonos, primeiro vai un diante, logo o outro, así ata que chegamos xa a Arteixo e repetimos os dous quilómetros de paseo fluvial, como diría Valdés, e felices, encaramos a recta de chegada. A miña primeira vez de chegar a meta cun compañeiro de clube da man e ainda por encima co crack de Jose Luis, doble satisfaccion persoal. Máis se cando chegas ves que fixeches 2 05, tempo imposible para min fai nada, e do que me sinto totalmente orgulloso. O final deixei atras o cansazo da semana, os meus problemas de cabeza e poiden adicarlle ista carreira a quen realmente o merece.
A grandes trazos a carreira esta fenomenalmente organizada, o ambiente e estupendo e merece moitísimo a pena. E as duchas con auga quente e a mangueira para limpiar as zapatillas. Javi o noso compañeiro fixo un tempazo, David tamén e Bautista quedou septimo a dez minutos escasos de Arca na longa. Aínda encima entérome de que a miña amiga Lupe acaba de gañar o desafío romano, es unha crack e menos mal que non che gusta subir😅😅😅. Despois da ducha, e iso que había alí máis homes en menos metros cadrados que nas de Alcala Meco, pasamos o millor, o terceiro tempo, e aquí o primeiro cerveza en barra libre total, un luxo, e namentres agardamos pola entrega de trofeos que se agardou a finalización da proba, outro acerto, vou falando con uns e con outros, compartindo momentos e experiencias, primeiro cuns amigos de Castro de Lobariz, máis adiante con Sabela e Yon, con Manuel e Senra, que nos explica e nos mete o gusonillo do mundo da orientación. E así, con premios para Moss, Esther, Arca, Lestón, Jana, Araceli e demáis pasamos a comida. Pasta, tortilla, croquetas , en fin, un manxar, e alí estivemos de charla con Blas, Carliños, encontrei a miña amiga Patri, con Pau, Alexis, Bego, Rosa, Manuel, Alex,


Tina, Raquel, Javi, Esther e un longo etcétera da maravillosa xente do trail. Pena que non viñeran máis do noso equipo porque foi unha gran festa do trail galego.
Noraboa a tódolos participantes, organizadores e vémonos o ano que ven, esta vez sí, agardo que na longa.
E para a semana máis amigos e diversión en Caaverio, da man de Xoel no que será o seu primer trail, eso sí na guarde que montan Eventi e Blas para a ocasión. E as que vades a Haria Extreme, moitísima sorte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario