domingo, 3 de xuño de 2018

Vilatuxe Maxico

Somos sentimentos, vivencias, experiencias e cada día estamos e sentimos diferente, por eso cada bagaxe nun trail depende moito da nosa cabeciña. A miña pasou unha semana das máis estresesantes que recordo, inventario e auditoría no traballo, un fillo enfermo o que dedicar o resto de horas e por suposto nin un so minuto de entreno. En todas estas cousas cavilaba namentres me dirixía, autopista por medio, a disfrutar dun fin de semana de trail en Vilatuxe, Lalín, e abofé que o fixen.
A xente do galaica trail run Lalín son excelentes embaixadores da súa terra, boa xente e fixeron da nosa estancia no albergue millor que estar nun hotel de cinco estrellas.
E é que cos meus pensamentos aínda revoltos e tras dar un par de voltas de máis cheguei o albergue e alí estaban xa ceando amigos e compañeiros do monte. Deixei o petate e a comer acompañado da xente do Car marisqueiro, pouco despois chegou a perdida Fabiola, e así, fomos falando do que máis nos gusta, ali estaban pakitatrail Blas,Raquel, Carlos, Xaime, Belén, un gustazo aprender de todos vós. E chegou a hora de ir a dormir, compartimos a habitación cunha familia e a min tocoume arriba...a verdade é que dormin coma un bendito, estaba cansado, agotado, e caín de seguido.
Durmir fóra da casa significa perder un pouco as costumes e manías pretrail pero neste caso tiven a sorte de encontrar solución a tdo. Ducha de auga quente, e desayuno gracias a Fabiola e sobre tdo o gran Blas que m preparou o café, e amigo, non sabes o ben que me fixo. Despedímonos do albergue agradecidos polo trato, xa sabedes que todos tendes unha cama en San Xoán de Vilanova pra cando a necesitedes.
E partimos cara a Vilatuxe, non sin atrancos chegamos e alí estaban os compañeiros do Cas Montaña Sada, unha tropa hoxe, só Edel e máis eu iamos o corto, o resto os valentes que facían 34. Collimos a bolsa do corredor sen moitas sorpresas e fomos cara a zona de meta. Alí encontro a miña gran amiga Lupe  e parte da familia do pasa ou entorna. Coma non temos leria nen nada case nos poñemos nas nove e van a sair os do Trail longo!! Alí nos apostamos a animar os compañeiros, Blas vai de escoba. Quedaba media hora para a nosa saída así k era momento de prepararnos, poñer o dorsal, repoñer a bebida, comprobar o chip....algo de inquietude e desexando saír. Pasamos o control de saída e tres, dous, un...jabali do sacho Vila-tuxe Vila-tuxe!!!
Por diante 18 kms de dureza e puro monte galego. Empeza como tiña que ser, subindo, alá para arriba, unha cousa é que me sinta cómodo e outra e que sexa tdo subida..apufff...isto non é Mesoiro, vaia subidiñas, polo medio algunha baixada por monte, preciosa. Parome a sacar fotos no alto, non m importa que m pasen un dous ou tres corredores, eu veño a disfrutar. Primer avituallamento meto fruta e, oh sorpresa, isotonico Carrefour, doume de conta que é un dos patrocinadores oficiais do evento. E veña a baixar, e veña a subir, e veña para arriba, e veña para abaixo aínda que menos, así ata o quilómetro dez. Fago migas case dous quilometros cunha rapaza que case retorce un nocelo mentres falamos, sube millor ca min e o final quedará cuarta. O recorrido precioso, a sinalización perfecta, as pernas pesandome, e iso que fun gardando. Sabía que a partir do dez era todo baixada e rectas pero chego bastante na reserva a eses tramos, cústame mirar pra os lados para admirar o paisaxe, pra fundirme co entorno. Por un momento asaltante na cabeza as cancións dos debuxos de Xoel...🙄🙄🙄..fóra, fóra...necesito Metaaaaal!!. Fotógrafos situados estratéxicamente. Avanzo pero as veces parome, canso, pero a miña cabeza pode máis e manda seguir. Os carteis dos quilómetros faltantes en conta atrás gran idea...cinco...catro..e un repecho potente para arriba, ha de ser o último, nonsi?....apufff...semana sen entrenos como o noto!!!. Vilatuxe ten fama de duro e ben ganado o ten. Aínda así miro o reloxo e sei que vou moi por diante da miña previsión. Superarse sempre m fai un pouco máis feliz. Tres, dous...xa topamos co asfalto e doume conta de que a meta esta ahi. Chegamos. 2h 09 minutos, obxectivo máis que cumplido pra o novato do trail nunha proba da copa de Galiza coma esta. Feliz. Saúdo a rapaza que tamén está feliz, vexo a outro amigo do cas que quedou de 14, dálle lume de carallo!! Así, cunha sonrisa, vou cara o coche e non lonxe vexo os amigos de pasa ou entorna. Arrastrome ata alí e Lupe quedou segunda! Amigos que che dan ledicias. E chega Edel catro minutos despois de min, contento, gustoulle moito. Cambiamonos e imos tomar unha caña, a partir de aquí o post- trail, facendo irmandade entre cas montaña e Pasa ou entorna, compartindo momentos con Yago Breijo, ise proxecto vai a ser un éxito, deboche unha caña!!! Lupe, Chandrexa, Lagos e mil balas na recámara. E van chegando os do longo, ahí está Bautista, Felipe, Fabiola, Enrique, José Luis e Barry, todos contentos cos obxectivos particulares conseguidos. Unha ración de paella o lado do pozo do boi, podiums para Bautista, Fabiola e a miña amiga Lupe Rubio. Un fin de semana fantástico, de grandes sensacións e en parte debollo as persoas gracias ás que podo estar aquí: Katia, Mara, Irma, Cuñado, Gregorio, Madre, sen vos non sería posible. O ano que ven nos vemonos no longo. A semán próxima Paderne. Grazas.







Ningún comentario:

Publicar un comentario