domingo, 17 de xuño de 2018

As fragas do Eume: O trail máis bonito do mundo

Sei que me tira o corazón, que cando queres a alguén nunca podes ser de todo obxetivo, e non o serei. Quero as fragas, queroas dende fai moitos anos, dende as nosas acampadas cando aínda se podia acampar, dende a miña inconclusa triloxía con trashnos que contaba as historias de Caaveiro, Monfero e o castelo de Andrade...son tantas cousas que non implicarse non é unha opción.
Outra semana mala de traballo desta vez con gañas de mandalo todo a merda de verdade é tamen sen entrenos, ise cóctel molotov que fai que o meu bo humor me convirta nun ser huraño,  eso si con cea do cas montaña polo medio. A pesar de todo estaba cen por cen de cabeza pero cincuenta de pernas.
 O único punto negativo do dia parecia que ia ser a calor, e sei que non foi nin a mitade do ano pasado, pero é que non o aguanto, me consume. O resto foi todo positivo nesta gran festa familiar que foi o trail das fragas do Eume.
Pero empecemos polo principio. A pesares de facer o trail corto e saír ás dez quixen chegar cedo para animar os da larga e ir con tranquilidade. Eran as oito e cuarto, aínda non había demasiado ambiente, pero alí estaban as dúas jabatas Rosa Armental e Arantxa tomando un café con bola no maleteiro do coche, así k alí kedei, de parola e comentando como ía ser o trail. De camiño pasou un amigo k fixen no Xalo e Luis Couto e alí estiven de charla un bo Anaco. Socializar e parte da vida e no monte moito máis. Baixei a polo dorsal e comezaron a chegar compañeiros, previa ameaza de Rakel que ía de escoba no corto de que non m quería ver, non fixo falta e a verdade que hoxe tiña moita confianza en min. Na zona da meta estaba Jabali entre Metal entrevistas e animar o persoal. Namentres a xente do largo xa estaba preparada, Felipe, Edgar, Arantxa, Luis, Blanca y Miss Fabiola a dalo todo. Conta atrás e 31 kms por diante. Xa quedaba pouco así que fomos a poñer o dorsal e a cumprir cada un coas súas manías persoais...non levei a mochila nin manguiños nin guantes, vin o sol ameazante así k si levei a viseira. Un pouco de quecemento e xa a pasar o control de saída. Dudei, pero seguín a José Luis e a Cepi, tende en conta que eles son pros, eu aínda principiante, pero sentíame ben, por que non intentalo? Se non o intentas será imposible que o consigas.
Dez, nove, oito.....cero e saímos!!..como motos a verdade, deixando atrás un montón de tráfico, case 300 corredores, imaxinádevos se collíamos un tapón!!🤕🤕🤕. Pero neste caso a estratexia si foi intelixente, os dous primeiros quilómetros eran pistas anchas con posibilidade de adiantar así que neste tramo fomos moi ben, o finalizar estas chegaba a primeira subida, dura, e ahi ía con forzas así que tirei e xa tiña a tiro outra vez o dúo do cas que perdera nas rectas. Chegados arriba recuperamos folgos e a baixar de novo, abrindo máis camiño, outra pequena subidiña e chegamos o penedo gordo. Ata aí todo ía de cine, seguía vendo os meus compañeiros e acabei collendoos antes da recta, pouco despois unha das zonas máis bonitas do trail, unha fervenza e unha pequena parte técnica polo río, encántame. Máis rectas e ahí chegaba a gran baixada, primeiro unha perigosa sobre pedras para pasar a de Zig Zig. Baixabamos como animais, cada día con menos medo. E case chegando o final da baixada o peor do día, o meu amigo e compañeiro Xosé Luís polo chan cun nocello lastimado, eu parei, pero é que tamén pararon os vinte que viñan detrás, que mostra de solidariedade, nses intres a ninguén lle importa a clasificación, nos seguintes minutos só recordo a J. Luis botándome, así que o final a regañadentes baixei o avituallamento para avisar pero xa o fixera a gran Paula Cobelo, que saíu como unha bala e a que non vin máis en toda a carreira. Fastidiado polo de José sabía que o mellor que podía facer era dar tdo o que tiña dentro, saír da zona de confort coma sempre me di e adicarlle a él a carreira e iso fixen.
Saín pola banda esquerda do río rápido pero con coidado, chegando o mosteiro de Caaveiro en pouco máis de unha hora e dez, ía ben pero tamén sabía que quedaba o peor. O mosteiro, parei facer fotos, a fervenza, lugares únicos, preciosos. O río Eume con toda a súa variedade, e collimos o caudal dereito do río, máis duriño, con subidas, baixadas por corda, zonas técnicas, paisaxes marabillosos, co cansazo xa asomando é pouco a pouco chegamos o ponte colgante do quilómetro doce. E levabamos hora e media. Sabía que non deixará nada na reserva, que ía a tope, así k tiña k baixar para poder chegar pero antes tiña unha pedazo de subida das que m gustan pero entre o sol e a fatiga custoume, fun levándoo, ritmo constante, pero cando chegou o momento de baixar notabame sen forzas. Así que fun tanteando e utilizando a neurona, que Pa algo a teño, o meu obxectivo era facer entre dúas horas e media e tres e o tiña moi cerca, só había que administrar as forzas. Nova subida e xa os dous últimos quilometros. Aquí só pensaba dúas cousas, que ogallá estivera o meu Xoel, e que me estaba pasando moita xente. Xa non importaba, que máis ten chegar de oitenta que de cento dez?. Así k fun dosificando ata a recta de chegada, mirei cara os lados, Xoel non estaba, pero si a meta, ese lugar o que todos queremos chegar. 2 h 24 minutos, obxectivo cumprido, eso si, cheguei o borde da extenuación, coma nunca o sentirá, tiven que sentarme a sombra, respirar, beber auga e recuperar. Fóra duro, moi duro, pero inmensamente bonito. Na meta o gran Franky grabandonos en vídeo e cando consigo levantarme vexo a José Luis e o seu nocello. Acompañoo a meta para poder sentarse e ver a xente chegar. Entereime que Paula ía facer podium, e o final primeira!! Non fun capaz de collela, ía como un raio. Foron chegando amigos, o gran Barral do pasa ou Entorna, antes xa chegaran Freire e Adri, Felipe, Miss Fabiola, terceira, Blanca segunda na súa categoría, Luis, Arantxa, Javi, Cris, Sabeliña Fraga, Bego Lois, Moss, Susana, Tina, Rosa e Manuel, o gran Pichi hoxe de cámara, Javi, grazas polos teus consellos...amigos amigos e máis amigos do monte....seguro que me olvido de moitos, outros nin os vin, pero o ambiente postrail increíble entre cervexas e paella. Ata que chegou o momento de recoller e asumir as miñas responsabilidades como pai, así que cun sorriso enorme, canso pero sin dor no meu dedo e a felicidade no corpo e pensando xa en chandrexa funme, prometendo voltar pola miña conta.
Conclusións: Organización de luxo, speaker de primeira, avituallamientos perfectos e ben colocados. Noraboa a Blas, Rakel e demais voluntarios, fotógrafos, cociñeiros, un día grande. Para min o trail das fragas do Eume esta no podio dos trails galegos.
Para o ano que vén prometo apuntarme ó longo. Fotos dos podios de Paula, Blanca, Fabiola e Cas montaña segundos da xeral como equipo.









1 comentario:

  1. Será muy bonito. Pues esta gente que lo organiza son un poco discriminatorio cuando les criticas no te dejan asistir al trail Como fue mi caso que me invitaron a no asistir ya que no era grata mi asistencia.

    ResponderEliminar