domingo, 10 de xuño de 2018

Paderne: Paraiso entre dous rios

Abofé que si. Houbo momentos do percorrido que cría estar nun paraíso. Sei que estas son frases de políticuchos baratos pero neste caso rindome ante a evidencia, o entorno natural que conforman os dous ríos Lambre e Mandeo fan de Paderne unha terra única, descoñecida incluso pra os que vivimos preto. Eu coñecía a lenda do gran xabarín coñecida como de Roxín Roxal e que deu nome a Ponte do Porco, e unha historia de amor fermosa con triste final que vos recomendo ler, unha das razons para que o noso querido porquiño bravo sexa o símbolo deste concello e do que nos ocupa, o II trail do branco lexítimo.
Apunteime o trail longo, non é o normal en min, seino, unha das razóns de porque escollo sempre trails cortos e porque corro tódolos domingos, e convencinme a min mesmo de que era o millor. Iso, e tamén que todo require duns tempos e góstame aproveitar e sacar o xugo de todo ata o final. Pero os amigos, que son ouro, levabanme tempo dicindo que me animará e o perfil de esta carreira era sin dúbida un dos millores que podía encontrar para facelo. Que razón tiñades condenados.
As oito e algo saín da casa, pouca madruga, e fun seguindo e cagandome no Google Maps a vez. As veces non pensar e o que ten. Chegar cheguei e o primeiro que aprecie foi o gran ambente festivo que reinaba na localidade, dende o aparcamento ata a saída había un trecho e todo estaba ataigado de postos, exposicións, un minipalco..😄😄😄 e xunto a unha igrexa estaba a saída. Recollín o meu dorsal e unha camiseta chulisima pra a colección!! Subindo de volta pra facer os últimos preparativos xa fun encontrando amigos, Rosa, Arantxa, Pauliña Covelo, e moitos montunos anónimos.
Cada semana e un mundo, cada carreira por iso mesmo é un desafío distinto, dependendo de cada un e das historias que todos levamos no interior. As veces nas carreiras, sobre todo antes de empezar, góstame mirar os ollos da xente, ver os seus xestos, os nervos, saber que cada un deles leva algo distinto dentro que fai que cada carreira sexa única e personal. O monte Pon en contacto ese mundo interior co exterior provocando unha simbiose pra os que o vivimos, difícil de explicar.
Estiven de luns a xoves con gastroenteritis, indo a traballar mal, non podendo entrenar, dudando se chegaría a tempo, pero neste intre, namentres poñía o dorsal, nada me importaba, só tiña na mente a unha persoa,
 a miña bisavoa. Ela naceu aquí, ela foi a persoa máis boa que coñecín na miña vida, ela foi a que dende cativo me ensinou a ser como son e por iso parte de ela vive en min, no que fago, no que sinto, e hoxe amigos do monte era o seu día, esta é a súa terra.
Cabeza cen por cen, corazón a mil, pernas case sen entrenos sesenta. Púxenme con Rosa e Arantxa o fondo pra sair tranquilos, por diante 21 quilómetros, así que había que reservar pra o final onde sabiamos que estaba o maior desnivel da proba. Saímos costa arriba e pasando por todo o recinto da festa, pero sólo foi un trechiño, ahí aínda escoitaba as voces de Rosa e Arantxa, pero na baixada xa as perdín. E é que hoxe encontreime super a gusto baixando, e a pesar de ter media uña dun dedo menos, non tiven unha gota de dor en toda a carreira, todo grazas a miña Lupe Rubio, o seu traballo espectacular e consellos. Así ía baixando como unha cabra e recuperando postos, tanto que alá o fondo comecei a ver a Pauliña Covelo, e o final puxémonos a par, falamos un ratiño, ata a bifurcación dos trails longo e corto, preto do km 6, xa pasaramos o primeiro avituallamento, no que din boa conta do melón, do que son o maior fan....




e veña máis baixada, ahí por un intre deixo atrás a Pauliña, pero vai a ser a nosa historia do trail, agora vou eu, agora vas ti, agora eu, así ata a meta. Encantoume esa baixada a tope, ata o quilómetro nove diría que demasiadas pistas, por poñer un pero, todo cambiou a partir de aquí, chegamos a unha fervenza incrible na que si ou si tiven que parar, admirar, e sacar fotos, como pode haber estas marabillas na natureza e non coñecelas? Nese intre pasoume tamén Pau Ps, e ahí fomos un cachiño de carreira xuntos, ogallá coincidamos en máis. Era este un tramiño máis técnico polo borde do río. Sentíame moi ben, xa me quitara os guantes e os manguiños, sorte que decidira traer a mochila e ahí fun metendo todo. No quilometro dez doume conta que non levamos nin unha hora pero coincido con Paula en que o peor está por chegar. Pero non, o que chegou foi o fin do pisteo e un espectáculo para os sentidos marabilloso. Miraba os lados e non daba credito o que vía, iamos a rentes do río, cheo de pozos, pasarelas, minifervenzas, o malo era que había que ir atento o chan porque unha de esas raíces malvadas foi a que me deixóu sen uña no trail de Sada. O único que pensaba era cando podería voltar a facer este recorrido pola miña conta, incrible. E así, os quilómetros foron voando, ata chegar ó terceiro avituallamento no 16, aínda non falei da organización, hai algunha nota maior do dez? Pois daquela non podo dicir moito máis, recorrido aparte de precioso marcado a perfección, acollida, postrail, todo o grande, amigos, creo que a maioría dos que alí estabamos voltaremos. E a partir deste punto comezaba o realmente duro, o gran desnivel, con moi pouca gasolina na reserva e con Pauliña Outra vez o meu carón fomos subindo, o final deixeina algo atrás e coincidín cun rapaz que estaba parado nun lado, pregunteille se estaba ben e díxome que non podía correr que lle tiraban os cuadríceps, díxenlle, tranquilo, eu acompañote ata a chegada, imos andando ata que vexamos o arco e ahí botamos unha carreira que entrar hai que entrar con boa presenza. Chamábase Alex, era a súa segunda carreira de montaña, e non será a última, isto engancha amigo, e así fomos paseniño, si corremos Pa unha foto jajaja e cando vimos o arco de meta afrontamos ese final correndo. Na chegada collimonos das mans e Isa sensación maravillosa recorreume novamente, desta vez adicado a esa persoa especial, das que nunca se olvidan. 2h 18 minutos 21 quilómetros, para min un tempo grande, pero sobre todo o máis importante é que disfrutei moito máis do que sufrín esta vez, e iso é un luxo. Na meta atopo o gran Yago Breijo, estas en todos lados amigo, e van chegando Pauliña, Pau Ps, Ana Moreno, Arantxiña e Rosa. Os rapaces-motos do cas Sada tripleta de podium no trail longo, vaia máquinas meu Deus. E así fomos dando boa conta do lacón ata fartar, riquísimo e asistimos a entrega de premios, nun ambente de festa que só pode haber nos trails. Gran traballo dos voluntarios, esa figura imprescindible, pero é que sen eles non habería trail. Grazas a todos, próxima parada o gran fragas do Eume, o que me unen sentimentos, cancións, adolescencia, tantas e tantas cousas. Será outra historia.
E pra que vaiades entrando en tema aquí vos deixo sangue da miña sangue:
Trashnos- Monasterio
https://youtube.com/watch?v=9M3c5GHaqts

Ningún comentario:

Publicar un comentario