domingo, 27 de maio de 2018

Cabras corzos e asfalteiros en novo Mesoiro

Un trail o lado dunha gran cidade como  A Coruña augura un triunfo xa case asegurado d participacion, polo tanto require tamén unha alta exixencia para a organización. Para moitos era a súa primeira experiencia coa montaña, outros aproveitamos a proximidade para poder coñecer rincóns descoñecidos dunha cidade na que vivín case 21 anos e na que pasei momentos inesquecibles. O punto sensibleiro era algo presente dende o minuto zero.
Levanteime as sete, almorcei lixeiro e tira para Mesoiro. A quen madruga Deus lle axuda así que aparquei debaixo da liña de meta. O chegar xa me cruzo cunha das grandes figuras do trail galego e gran persoa, Yago Breijo, que acabaría gañando o trail longo. Bule e a pola bolsa do corredor, cuns calcetíns laranxas preciosos para a miña colección.  Seguinte paso o café en A do Cuñado como nos aconsellou a organización e alí a flor e nata dos montunos, Tina Formoso e outros dous bicos que m deron sorte de novo, Fátima Lima, Pauliña Covelo...e un montón de cabras descoñecidas.
As nove e vinte baixo coa idea de poñer o dorsal e correr un pouco pero atopo o meu amigo e compañeiro Iago único do Cas montaña en acompañarme. Comezamos a falar e quedamos en poñer o dorsal e buscarnos. Subimos e encontramos a Rosa, a o grande e único Pichi, a Noe. E a máis Wapa do pelotón hoxe, ante as baixas que sufrimos, a gran Moss Fraga. Así as cousas, fala de aquí, fala de alá e fai unha foto no photocall que Pa eso o puxeron acabaron chamandonos para a saída.
Eu pensando que non quentara pero parecíame pouco os 18 quilómetros que fixera onte na ruta do mini das fragas do Eume? Estar estaba quente de carallo. Mensaxes da organización e alá imos. 500 montunos e nos saíndo atrás de todo🙄🙄🙄. Primeiro e fundamental Error, non informarme. Se soubera que a partir do primeiro asfalto entraríamos en case que tres quilómetros de camiños de a un non se me ocorrería saír o final, pero é o que pasou, así que trinta minutos para tres quilómetros, case imposible adiantar. Camiños entre árboles, o olor dos eucaliptos, e moito monte, por unha vez estaba desexando unha pista, pero non, a miña salvación veu en forma de subidas, e ahí remontei, deixando atrás a miña amiga Fátima conseguín avanzar un pouco na primeira subida...nas baixadas xa nada, ir ó ritmo do resto é pouco máis. Chegamos ó primeiro avituallamento cun rompepernas auténtico, sube baixa sube baixa, adiantando nas subidas e mantendonos nas baixadas. Un isotonico e a seguir. Levei o cinto con geles, powerade...nin o toquei, non m fixo falta desta vez. E seguimos coa mesma tónica, as subidas facendo selección natural. Neste punto doume conta de cantos asfalteiros había, polos tenis, pola forma de subir, polo sufrimento en repechos tan pouco esixentes. Un trail urbano e unha forma de atraer máis xente o monte pk estou seguro que moitos quedarán namorados deste gran deporte aínda que xa sabemos que os puristas diredes que xa somos demais. Eu digo que mentres haxa respeto ó monte cabemos todos.
Antes da gran subida dobre pasei a Moss, admiro moito a súa forma de ver a vida, de disfrutar do monte, e un referente.
Ía ben, moi ben, os 18 quilómetros das fragas de onte parecían non notarse nas miñas pernas e a cabeza diría que case o noventa por cento, e cando flaqueaba acordabame do meu Xoel e dos meus e pronto recuperaba.
E chegou a gran subida, gustoume moito, fíxena a gusto, adiantando, sen deixar que m pasarán, tranquilos para iso xa virían despois as rectas. Sorprendinme destas dúas boas costas seguidas, moi bo desnivel. Iso si, o chegar arriba quixen sacar a cámara para facer unha instantánea e o dar a volta vin casas edificios e díxenme...non...fotos non, non é o día.
Ahí encontrei a Noe, xusto antes de que os do Trail longo se bifurcaran e a partir de aquí chegou o terreo rápido, moitas rectas, baixadas e dúas pequenas subidas antes da meta. Últimos dous quilómetros a menos de 5 minutos de media e recuperando algo. Cheguei a meta con moi boas sensacións, na miña cabeza resonando os consellos de amigos como Xosé Luís Vilar, a miña Lupe Rubio ou tantos outros que me din que me vaia pasando os largos. Véxoo amigos, recoñezo que se me queda corto pero pouco a pouco, polo momento para a semana temos ahí Vilatuxe.
E chegamos, e duchas de auga quente, que luxo, asfalteiros a iso non vos acostumedes moito, unhos pinchos pra disfrutar no bar, desta vez non había comida na meta, pero si refrixerio, froita. A organización maravillosa a cargo do club Brigantia, o recorrido marcado a perfección, bonito en si, moito monte, non polas vistas, non había lugares de foto pero todo non se pode ter.
O millor coma sempre os amigos do monte, raza sen D.O. en Galiza pero que coma siga así han de ter que marcarnos...



. E un gustazo disfrutar cada trail o lado de xente tan grande. Moitos podiums e grandes actuacións persoais, Rosa, Yago, Moss ( non sabes canto me alegro especialmente por ti, merecialo), e resto de amigos que compartimos un domingo sen chuvia, preto da nosa grande cidade, disfrutando do que máis nos gusta, o monte.
E agora que? Pois lumeeeeee.....Vilatuxe, Paderne, fragas e Chandrexa. Feliz, moito, aínda que a alguns/as boteivos en falta e sabedelo. Ata a próxima semana.


Ningún comentario:

Publicar un comentario