domingo, 24 de xuño de 2018

Chandrexa da queixa: suores quentes, corazón frio

Supoño que non é normal comezar unha crónica sentado diante da liña de meta agardando a chegada dos teus compañeiros,  mentres escoitas a jabali do sacho entrevistar a todo ser humano que é capaz de rematar esta carreira, pero ninguén dixo que eu o fóra.
Chandrexa da queixa, outro deses lugares que rebotaban na miña cabeza dende que empecei a entender o idioma trail. Camovi, Vilatuxe, Chandrexa....pois xa chegamos aquí, e podo dicir que foi moito máis bonito do que me contastes amigos.
Unha viaxe de case tres horas pasando por un embalse, paraxes de película, toda esta zona de Trives e impresionante, merece unha viaxe con máis calma. Pero viñamos o k viñamos, a correr, así que despois de recoller o dorsal agardamos pola charla técnica. Foi totalmente suigeneris ,
eramos tres os que agardabamos así que o que fixemos foi comentar aspectos da proba alí fóra e ir tomar unha cervexa a de Gerardo. E aló fomos, Ángel e José Merino e a plana maior dos xuíces da proba. Cacahuetes e Alemania Suecia na tele. Así ata que chegaron os meus compañeiros do cas montaña e as súas familias e subimos a onde nos iamos a quedar a durmir, unha das aulas do colexio.
Volvo o directo, parece que hai noticias e Lupe e Fabiola da proba larga de 34 k están preto, así que despido a conexión ata outro intre.
Recén chegado a casa continuo co relato, deixamos a familia cas montaña nunha aula de EXB cada un como poido preparándose para durmir. Era a noite de San Xoán, facía un clima incrible, pero o día seguinte ás sete tocaba diana, así que todos a durmir!!.
Non direi que durmín ben, pero mal tampouco, fúmonos levantando e as oito e cuarto baixamos e primeira alegría do día, a miña gran amiga Lupe Rubio sentada na entrada do bar de Gerardo. Hoxe era a súa primeira gran experiencia coa distancia longa, deixando atrás as cortas, que se lle quedan idem, e fixo, como nos ten acostumados un carreron.
Fomos cara a meta e a foto limpia con todos, alí Jabali do Sacho fíxome unha entrevista a pé de campo e falamos deste blog, grazas amigo!!. E dez, nove....e saíron os 34 k, alí iban Felipe Fabiola e José, ademais de Lupe, auténticos valientes d bestas do monte.
O calor xa empezaba a picar, Suka e eu fomos a tomar un café e facer as nosas cousas previas a saída dun trail.
Non m saían as contas, tiña a rodilla tocada do entreno do venres nas fragas, a miña cabeza levaba unha das semanas máis negras no tema persoal k recordo, así k nada facía entrever k sería fácil. Pensei que o millor era por a mente en branco e tirar para adiante. E así fomos indo para a meta.
Moito pro do noso señor, e moi poucos minis coma nós, pero cada un o seu ritmo, pouco a pouco. Eran 18 quilómetros, e sabiamos que sería duro, máis cos 29 graos de temperatura, pero ía armado: gorra, dous tanques de auga, geles, gominolas...e Jabali do Sacho puxo Sweet child o'mine para saír e recordoume a Xoel e animoume.
Saíron como motos, nos, o final, cada un o seu ritmo, e algo que aprendín do meu amigo José Luis, salvo raras excepcións ninguén pode ir a ritmo de ninguén, por iso case sempre vou solo, aínda que vou facendo amigos polo camiño.
Primeiros dous quilometros de subida, con calma, correde, correde, que eu subo andando, coa postura da miña abuela cando levaba os ovos na cabeza. E así fun nin gañando nin perdendo ata chegar a unha preciosa zona de baixada, non diría o mesmo a volta, con pedras, auga, sombra, unha gozada, así tiramos case ata o primeiro avituallamento, e aquí quitome o sombreiro señores, 4 avituallamentos nunha proba de 18 k, ole por vós. Collín unha auga pra ir hidratandome no camiño e así chegamos a que parecía a gran subida da proba e alí fixen migas cun amigo de Zaragoza que era a súa primeira proba, fíxoseme corta a subida o ir de parola, díxenlle que gardara que o final ía ser moi duro, e así foi.
No km 9 segundo avituallamento, alí está Óscar seguindo a proba, saudos, cambio de auga e tiro para arriba, o chegar ó cumio, que vistas, que maravilla, saquei a cámara gravei un vídeo, pasaronme cinco..xa vos collerei, e así foi, comezou a baixada e tireime coma un tolo sen control e disfrutei coma un enano de aquí ata o quilómetro 13, pistas e algunha zona de monte, moi corrible. Pero tiña que chegar, o momento difícil, xa con calor abafante, eran as doce da mañán, con menos forzas pero coa cabeza ben posta escomezamos a subir de novo, fun un tramo cuns rapaces de asfalto que xa me avisaron da última petada. Ía ben, canso, pero vendo o obxectivo tan o alcance da man. Quen mo diría a min fai 6 meses cando lle dixen a Fran aquela de frase de a ver se para o ano fago algún trail🤣🤣🤣, hoxe completaba un mes difícil de igualar: Vilatuxe,Paderne, As fragas e Chandrexa. Outro reto tan preto. No último avituallamento pegome a Trini e Victoria, sin saber nese intre que serían primeira e segunda clasificada, e quédome cun gran detalle, neses dous quilómetros ían a unha apoiando a outra, se unha paraba a outra lle falaba, dábanse folgos, ata que xa case na baixada Trini colleu vantaxe. E un exemplo de tantas cousas que admiro neste deporte, pelexando polo primeiro posto e axudándose. Unha honra compartir carreira con vós.
A subida foi horrible, dura, tremenda, pero chegamos, eu cun tempo de 2 35 posto 40 para min un luxo tendo en conta o que disfruto. Pouco despois chegou Inesuka que fixo podium de carreira e veteranas. Un éxito. Unha carreira preciosa, ben sinalizada, avituallamentos, compañeiros inmellorables, eu si cambiaría a hora de saida as 9 porque o calor faise insoportable de verdade.
E chegou o postrail, duchas aínda que sexa auga fría, cervexa para todos, comida, intercambio de impresións, e ían chegando os da 34 k, chegou José, dos primeiros,  Felipe cun tempazo de 5 47, nese intre baixamos Suka e eu a agardar a chegada de Lupe e Fabiola que ían camiño de podium. Encontramos a Óscar e díxonos que xa viñan, e alí a sombriña apostamonos a recibilos e de paso animar a todos os que ían chegando...e ahí chegou Lupe, terceira na súa primeira carreira longa, incrible a súa capacidade, só a escoitei dicir " es muy dura, muyyyy dura". Inmensa amiga. Faltaba Fabiola, cando case perderamos a esperanza ahí apareceu pero dicindonos que cría que estaba descalificados polos tempos de corte. Polos pelos. Non foi así. E podium para Fabiola.
Fotos, risas, charlas, abrazos, grandes momentos, aínda que nin o calor de Chandrexa nin dos meus amigos fixo que o meu corazón deixase de estar frío. Próxima parada: Aínda non o sei....to be continued
Fotos de Chandrexa, Celeiros, Podiums de Hugo, Inesuka, Lupe e Fabiola. Eu lévome o podium a un dos que máis disfruta con cada domingo de monte.
Pd: Grazas Diego e toda a xente pola vosa hospitalidade. Así da gusto ir a un trail aínda que estes a 226 quilometros da casa.








Ningún comentario:

Publicar un comentario