domingo, 3 de marzo de 2019

Trail das Ribeiras do tambre: Correde, cobardes

E incrible como se comporta a nosa cabeza en ocasións coma esta. Fai un ano aquí foi o meu segundo trail, o primeiro fora da casa, o primeiro onde estiven solo, e hoxe se me agolparon un a un cada un deses momentos vividos e repetidos hoxe en distintas circunstancias. Son eses días nos que pensas canto cambian as cousas nun ano, canto deixaches atrás e tamén canto ganaches no camiño.
A verdade e que pasei uns días tocado de saúde, o sábado con problemas estomacais unido a un catarrazo de ole. Total que esta noite estiven en vela desexando que dera a hora de sair e tusindo sen parar. Non eran as millores circunstancias para a competición pero todos sabemos que correr e outra cousa máis teñen un efecto balsámico para as nosas gorxas.
Sete e cuarto de mañán e saímos dirección Ames, tendo en conta o clima de estos días hoxe estabase poñendo un día chulo pra unha carreira de montaña, eu non me queixo que son fan do mal tempo.
Case hora e media de camiño pola estrada (boicot a autopistas forever), hai que darlle vidiña as nosas corredoiras.
 Sorprendeume que para a hora que era xa había moitíisma xente no Real Aerclube de Santiago. Fun a recoller o dorsal e tamén o de Sabela e Yon que desgraciadamente non poideron vir. Unha nova camiseta para a colección. Alí vexo xa a parte dos indios e entre eles o gran Victor Maneiro, e tamén a Olga. Ultimos preparativos e o autobús.
E un deses trails raros, non circulares, e curioso, chegas o aeroclube e levante a Ponte Maceira a saída. Ten as súas ventaxes, entre elas un lugar espectuacular para a chegada con espacio, cafetería e sobre todo duchas grandes e con AUGA QUENTE¡¡¡.
Chegamos a Ponte Maceira case que con media hora de antelación. Non vexo a ninguén especialmente coñecido. Fai moitísimo frío e non me quito o chubasqueiro. Sería un error. Novamente aparecen Olga e o mozo e Chispy, alí empezamos a conversar e o fondo vexo calentando o meu compañeiro de equipo Luis, o que non coñezo persoalmente, pero si por fotos. Achégome a él e unimonos o grupete de Coruños. Comentamos detalles do trail e tamén da noticia para min de esta semana, o sorteo de Somiedo no que me tocou o Ultra, e diredes, se non querías ir non haberte apuntado¡¡....certo, pero o medo e libre, a verdade e que a miña idea non era facer unha ultra este ano, os que me coñecedes sabedes que me gusta ir planificando a tempada e paso a paso, pero agora que me tocou haberá que ir a por todas, por iso e porque van un montón de amigos, Lupe, Oscar, Feli, Senra, Luis Couto, Arantxa e Fede do Cas, e o final te das conta que o que queda de esto do trail non e tanto competir como compartir. E compartir un fin de semana con esta chea de grandes persoas estou seguro que será unha experiencia para non esquencer.
Chega o derradeiro autobús e saímos. Coñezo o perfil así que sei que teño que apretar os dous primeiros quilómetros para que non haxa embudo no río. Así o fago e ando por debaixo dos 4 40. Primeiro quilómetro de asfalto e segundo de camiño e a partires de aquí a miña tortura preferida, case que cinco polo río por un sendeiro sen case posibilidades de adiantar. A min o que me preocupa non e que eu non poda adiantar senón que os de atrás me anden abafando e non poder levar o teu propio ritmo de carreira, pero xa o sabía e para iso me apuntei, para forzarme a correr. E e que amigos, despois dun ano de carreiras creo que cada un xa chega a coñecerse a fondo, e recoñezo que non me gusta moito correr, son máis de caco, de andar a cañón nas costas ou tirarme coma un tolo costa abaixo, pero o tema de correr en rectas interminables recoñezo que se me fai moi, moi pesado. Pero tamén hai que entrenalas, e a verdade que este trail para isto e totalmente recomendable.
Fun detrás dun rapaz case que todo o camiño e detrás dun grupiño de O Pino, entre eles a primeira moza categoría master, e non me soltaría de eles a distancia visual ata o fin da carreira. E alá iamos cun bo ritmo, a verdade, sorteando troncos, raíces, e nunha de estas ala fun, o chan. Levanteime rápido mirando que non houbera paparazzis apostados e seguín coma se nada, e e que no fondo son un pouco patoso.
Poucas novidades neste trazado, eso sí, precioso o carón do río, bordeandoo todo o rato, o pouco que poiden ver porque os meus ollos ian fixos no chan e nos meus pes. Facía tempo que me sobraba o cortaventos e o final tiven que quitalo e levalo na man o resto da carreira, o malo de non traer o chaleco.
Notaba a miña gorxa tocada e despois de catro quilómetros de río e pouco máis de media hora de carreira, estaba desexando chegar a espacios máis amplos e poder recuperar un pouco os folgos, e tiven esa sorte, así que unha pequena caminata, algo de aquarius, e seguimos a correr, que aquí non para ninguén. Empeza a haber algunha subidiña, iso e moitos pasos entre rochas, que me encantan.
Neste intre da carreira xa te das conta de que esa será a túa posición posto arriba posto abaixo, hacia atrás pouco movemento e hacia adiante so o meu grupiño.
Chegamos o único avituallamento no quilómetro nove, como, bebo, todo en orde, pero despois dos de quiroga a comparación e odiosa. E seguimos a correr, falo cun rapaz do Pino e dime que queda o peor, eu contéstolle que para min queda o millor, e así e. Dos quilómetros nove ao doce o máis bonito do trail, seguimos polo río pero empezan a aparecer cordas, cruzamos de orilla varias veces, subidas por monte, baixadas tolas, pedras e máis pedras, recoñezo que o disfrutei moito e so por este tramo merece a pena vir o trail das ribeiras do Tambre.
 Novamente unha zona de pistas, na que incluso me atrevo a correr a ritmo trotón nas costas e por fin chegamos a parte da subida, non é moito ,son douscentos metros, incluso algo menos, pero encántame, e doume conta que non so me van millor as pernas senon que seguramente farei millor tempo neste tramo que en moitos de rectas. Cada tolo o seu tema.
E chegado a cima unha desas baixadas que molan, algo perigosa, pero o non estar mollado todo e máis sinxelo. Xa vexo as instalacións do Aeroclube. Penso para min mesmo que o meu motor Diesel está millor agora que nos primeiros quilómetros da carreira e que se tivera que facer outros quince seguramente iría millor.
Entrar a meta sempre e algo especial, e unha sensación que eu, na miña experiencia vital, so comparo cos anos de concertos e escenario xunto a Trashnos, cando a xente cantaba as túas cancións. Son experiencias inolvidables. Non importa que sexa un mini trail, un trail, ou unha ultra, a meta sempre será a meta, e alí preto está o meu amigo Felipe Cordal dando ánimo e dame un subidón e entro facendo un último sprint e rematando en 1 h 40 minutos baixando quince do tempo do ano pasado. Obxectivo máis que cumprido. Un bo entreno para o que nos espera en Alto Sil dentro de qunce días e polo medio unha semana completa e dura de traballo abafante.
Hai moitos mitos con esto de correr, dos seus beneficios, de todo o que cura. Cando menos na montaña todo o que digamos se queda corto. Seguro que todos tedes exemplos nas vosas carnes de momentos inolvidables, de días e semanas haciagas cambiadas so polo contacto co monte. Supoño que e algo máis metafísico. Pero fainos máis fortes, e sobre todo máis felices, o menos e o que vexo cada fin de semana compartíndoo moitas veces con xente que quero, que aprecio, que coñezo ou que quererei, con todos eles comparto risas, alegrías, deixando de lado todo o malo que a vida xa che regala de por sí.
E así rematou esta bonita xornada, volvendo a ver os indios Maneiro e Xosé María, grandes exemplos do que se pode encontrar neste mundo do trail, de Olga, do seu mozo e quedei coas gañas de ver entrar a Luis na meta pero hoxe tiña algo de presa así que vista a clasificación tocou volver para a casa a argallar novas andanzas e darlle vida a esta humilde crónica. A próxima será en quince días  no Alto Sil, desta vez moi ben acompañado por amigos de todas as latitudes. Non pode haber un plan millor. Iso sí, dor no corazón de non poder estar en Couzadoiro, no aniversario.😞😞😞😞

Ningún comentario:

Publicar un comentario