domingo, 31 de marzo de 2019

Northwest Adventure: Cariño mola

Hai trails que necesitan anos para ficar na memoria dos corredores de montaña. Algúns destacan polo seu desnivel, outros polos seus avituallamentos e hai outros que destacan polo componente humano. E o caso deste Northwest Experience capitaneado polo meu amigo Yago Breijo. Un traballo de preparación descomunal, buscando novos retos para corredores máis esixentes pero sobre todo coidando o aspecto humano das cousas, ese valor subxectivo que sempre acaba multiplicando os bós resultados. Pero coma sempre estou a adiantar acontecementos.
O cambio horario fai deste domingo o peor do ano, a todos pasounos o mesmo, durmir pouco, mal e inquedos. Así víanse moitas caras de zombis cando cheguei a Cariño aló polas oito e media da mañá.
Foi unha semana distinta, empezou mal pero a partires da carga de enerxía do mércores todo foi coma unha montaña Rusa. Por motivos laborais era unha semana a especial, a derradeira para moitas cousas así que tiña os niveis de sensibilidade polas nubes. Non había millor lugar que Cariño.
Recollida do dorsal na casa do concello e a tomar un perolo de café. Alí coincido con Susiqui. Volto para prepararme e atopo a maior alegría do día, voltar a ver a miña amiga Paula Cobelo😊😊😊. Sempre digo que os lazos que tende este deporte son únicos e eu tiven a sorte de encontrar as persoas máis especiais que o practican. Hai abrazos que enchen, esta semana podía terme alimentado só con eles.
Por suposto con Paula estaba todo o Altafit Odeón e alí me colei na foto oficial😁😁😁.
Xa na zona de meta coincido coa miña Paula Prado, Luis Couto, Senra, Jorge Molina do Cas e...sorpresa, achégase a min unha rapaza e trátase de Yoli unha sobriña política que facía máis de dez anos que non vía, era máis que iso, sempre foi especial, e cando fas mal as cousas e deixas xente tan valiosa atrás a dor e dobre. Tamén o dobre foi a alegría de vela. E así coa libido a tope chegou a conta atrás e imos aló!!
Saíndo con prudencia no primeiro quilómetro de asfalto, quedaba moito por diante. A partires de aquí, e xa metidos no monte comezamos un pequeno sube baixa. Para ser o principio non vou tan mal. Non me pasa moita xente, pero non ten mérito que somos só cincuenta e saín o final🤣🤣🤣.
Todos sabiamos que era un trail moi corrible, non e para nada o meu forte pero non se pode ter todo. No quilómetro tres as primeiras vistas espectaculares nos abraian. Sigo de lonxe a estela de Luis Couto e Fátima, e así o farei ata ben entrada a gran subida. Case 450 metros de desnivel só neste tramo. As subidas son o meu forte, vario entre a postura brazos na cadeira coa mans os nocellos e así sen parar de subir chegamos o primeiro avituallamento. Quilometro oito de carreira. Bebo, paro un pouco, miro o móvil, esbozo un sorriso e coa forza que che dan os que te queren acometo a segunda parte da subida, máis espinosa, polo monte, e o chegar o cumio a baixada cun primeiro tramo cabra como a min me gusta e outro máis pisteo no que perdo posicións.
E un baixar continuo ata o segundo avituallamento do quilómetro trece onde nos agarda o ritmo da charanga a todo meter. E unha festa.
Como algo, non moito e tiro. Aquí comezo a notar o meu glúteo avisandome que non ía cómodo sobre todo o correr. O caso e que de aquí en adiante habiache moito que correr. Sufro para manter o ritmo e cada vez que hai algún repechiño de subida disfruto. A xente nas vilas animando, dando eses pulos que che faltan no último treito da carreira. Nesta parte coincido co meu amigo José Manuel Agrafojo, e iremos preto ata a meta.
O recorrido lévanos ata a praia dos fornos, precioso. E pouco máis adiante derradeiro avituallamento. E a subir, e unhas vistas maravillosas. Como lle digo a José pouco importa se quedamos 40, 45, 50 pero perder esta maravilla sería inxustificable.
Doulle duro na subida, constante, son 150 metros de acumulado. Disfruto do meu porque sei que logo volverei a sufrir.
E tanto, a primeira parte da baixada e por monte, engañame, a partir de ahí baixada por pista e bastante fago mantendo o ritmo trote cochinero. Son xa 23 quilómetros nas pernas. E para rematar case dous polo paseo marítimo de Cariño. Preciosas vistas a praia, xa mezclados coa xente da andaina, cos seus ánimos.
Son minutos que parecen non pasan nunca pero o final podo sacar os cornos a gusto e entrar a tope na meta da Northwest Adventure.
Alí está Pauliña que quedou terceira na corta😊😊😊😊. Falamos, intercambiamos impresións.
 O primeiro que fago e ir a tomar algo para recuperar antes da ducha, acompañado por Jorge Molina, caña e pincho, isto e vida.🤣🤣🤣🤣
Fin de festa o grande cunha entrega de premios inmellorable, divertida, rápida e coa mitade do pobo presente.
Despídome de todos os amigos de Altafit, das Paulas, do grande Yago Breijo.
E así rematamos a nosa aventura neste trail de Cariño coa sensación de disfrutar, de por o colofón a unha grande semana, rodeado de amigos, aínda que me faltaron outras,




arropado como poucas veces e sentindo o cariño de tantos. Grazas a todos.
Voltaremos. Seguro que si, porque cando se unen ganas, familiaridade, cariño e algo de desnivel nada pode saír mal.😊😊😊😊

3 comentarios: