luns, 18 de marzo de 2019

Carrera Alto Sil: Salome

Moita xente cando sabe que me dispoño a facer unha das miñas viaxes de trail me pregunta con cara de alelado que por que o facemos. ¿Por que facemos unha chea de quilómetros, subimos montañas imposibles, baixamos por precipicios ou andamos por barro, río ou terra?. A resposta está neste pequeno relato.
¿Pode alguén namorarse perdidamente nun ano? Seguramente si, e en tódolos sentidos.
Alto Sil, carreira mítica de montaña, lugar de maxia e de montañas con nomes abraiantes, Pico negro, La Campona.  Lugar de Osos, lobos e fauna salvaxe.
Catro galegos, citando o gran Feli, un Penarubia, un Cas Montaña e dous Pasa ou Entorna partimos o venres a noite camiño de terras Leonesas. Venres, si, nin Sequera recordaba o que se sentía ( a non ser vacacións) saíndo un venres e poder disfrutar dun fin de semana completo. Dezaseis anos despois sentinme unha persona normal(vale, moi normal xa sei que non son😋😋😋)
Obxectivo Toreno e o noso campo base, Salomé. Alá chegamos despois de ir lareteando todo o camiño, notábanse as ansias e os nervos. O día seguinte xa tiñamos a nosa primeria cita e é que Felipe competía no KVBobia e nos alá fomos a darlle folgos, a él e a tódolos demáis e de paso nos subimos e baixamos un par de quilómetros. Vistas impresionantes, algo de neve e xa tocando o terreno que o día seguinte sería o noso compañeiro de aventura. Unha mañá de charlas, de risas, e Felipe facendo un papelón. Pola tarde visita o Carnaval de Toreno e máis risas, máis charlas, máis cañas e sobre todo vivir.
 Dito así parece fácil pero as veces nos perdemos tanto na voráxine da propia vida que non temos tempo a disfrutar, que somos incapaces de expresar o que sentimos, que nos dedicamos a evitar a os demáis, a vivir enroscados nun mesmo e estes bocados de realidade devólvente o que verdadeiramente importa, unha desas cousas e o valor das boas persosas e da amizade. Sempre tiven moita sorte coa xente, nunca me custou facer amigos, pero despois dun ano podo dicir sen equivocarme que o que me atopei non mundo dos tolos do monte e incompable.
 E con tres destes incompables montunos, Feli ( un Penarubia) e Lupe e Oscar (dous Pasa ou entorna) dirixímonos a entrega de dorsales en Páramo de Sil a última hora do sábado. E alí atopamos a moitos máis amigos, Cova, Suka, Jose, Angel, Fede, Cepi, Cris, Iago, Luis, o gran Abel reggae, o caladiño Luis Couto e a Miguelín. A armada galega estaba moi presente. Agardaba tamén encontrar os meus amigos catalanes Silvia e Eduard pero había tanta xente na charla que foi imposible. Iso sí, antes unha cervexa no Changuita onde Arca e onmipresente.
A charla estaba preparada para dar medo, e non polo Oso, senón polos cambios no perfil. O non haber neve era necesaria unha volta de torca, e tanto que a houbo. Ei de dicir que a explicación foi aínda que longa bastante minuciosa, e a todos quedounos claro que a carreira alto sil 2019 era máis dura. E así fomos cara a Salomé, pensando, tanteando, revisando o que viñamos de escoitar, sempre coas acertadas verbas de Felipe que era a terceira vez que o facía. Outra cena de esas que fan época e a cama que o día seguinte había que estar en pe as 6 30 AM.
Recordo ben como me levantei. Feliz. Por moitas cousas. Por grandes momentos. Polo que estaba por chegar. Por seguir cumprindo retos. Estaba tranquilo, había unha nova sensación esa mañán no meu corpo. Desayunados e preparados ala fomos. Oscar non corría así que dedicaríase a facer fotos, seguimento e estar ahí, non sabes o moito que agradecín verte en Páramo e o favor que foi darche o cortaventos. Os outros tres estábamos ansiosos, tensos, con ganas de competir, cada un na súa competición persoal, tentando gañar esas batallas, as máis bonitas da vida, as que gañas contra ti mesmo.
Chegamos e ali no coche xa con Iván e Sandriña Yañez fixemos os úlitmos preparativos.
Nese intre vexo como unha rapaza moi guapa se dirixe hacia nos, mirándome, isto para min non e normal, así que miro os lados e detrás, pensando que será por outro, pero cando a volvo a mirar doume conta de que e Silvia Puigarnau e levo outra gran alegría. Falamos un pouquiño e quedamos en vernos despois.
E a hora e cando chegamos a praza do Changuita xa se ve o espectucular ambiente, o mundo dos pros e os amateurs mezclado nunha simbiose permanente. Ves a cara das persoas e albiscase moita tensión pero a vez moita alegría e así despois das fotos de rigor baixamos paseniño a pista de saída. Alí vexo os meus compis de Cas Montaña, abrazos, bicos, e Rock n´Roll. AC DC e para saír os grandes IRON MAIDEN.
E o momento de despedirse dos meus compañeiros desta aventura, xa que todos temos obxectivos moi distintos. E 3,2,1.....e saímos... un cachiño costa arriba que corro e case que 3 quilómetros de pista, carreiro, como o queirades chamar. Daba a correr a verdade, e creo que igual me pasei un pouco de revolucións neste tramo. Aínda así cheguei bastante ben a primeira subida, o contramuro. A miña primeira experiencia coa montaña Leonesa. Moi parecida a algunha subida do Lor, tipo Cortalumes, dura, case 300 metros nun quilómetro pero sen apenas dificultades técnicas. Como todo o que sube baixa o chegar o cumio tocaba facer outros dous quilómetros a tope de baixada, aquí dinme conta de que non era o meu sitio o pasarme moita xente, entre eles Iago, Norris, Luis, Sandra. Vou pensando para min mesmo que teño que facer a miña carreira e disfrutar, e nada máis. Levei os bastóns, e sí, non digo que no me axudaran, pero non tanto como en Castelo. O final da baixada xa escoitamos a un home berrar coma un tolo, e e a maneira que teñen de anunciarnos que chegamos o Muro. Dito así da medo, e se o vedes o completo máis. Nós, dende abaixo so vemos a primeira parte da subida, e como non hai maior cego que o que non quere ver pensabamos que alí arriba estaría o final. Pero non. O chegar alí, unha pequena curva e alá arriba vías a tódalas hormiguiñas camiñando. Psicolóxicamente e demoledor. Ainda así gardo bo recordo desta subida e o tempo non ía mal, e sumado a que a baixada a Páramo fixena ben e rápido cando vin a Oscar e me acheguei o avituallamento estaba moi satisfeito. Non sabía o que me agardaba.
Parei a comer e beber ben e comecei a andar, a xente na Vila super metida coa carreira, aplaudindo, sentados nos porches das casas para verte pasar, unha gozada. Dous quilómetros cómodo, estamos case no 13 e aquí chega o calvario, pasamos por unha zona na que hai que ir por riba dun murete e o meu equilibrio (máis ben non-equilibrio e iso que estiveramos practicando exercicios o sábado a tarde😁😂😂😂) durante case douscentos metros fan que me estea a punto de marear. O baixar metémonos nun mar de pedras movedizas, sí, como oídes e aquí noto o calambrazo na perna. Era a miña primeira vez, o meu primeiro calambre da miña vida e ten que ser xusto antes da subida a Campona. Non o entendía, tomara sales, bebera, pero non había tempo a queixarse senón a tirar para adiante, ise adiante chamábase A Campona e foi unha das subidas máis duras deste ano e pico que levo no trail, e como todo podía ir peor, un quilómetro despois dame unha baixada de tensión. O que me coñece sabe que xamáis paro subindo, pero tiven que facelo. Pasaron Jose, Jorge, e puxenme paralelo a Alberto, todos preguntaron se estaba ben, e a todos os engañei, amigos sei como sodes e sei que parariades para axudarme, e eu necesitaba saír de isto sólo. Non vos vou engañar, pensei en abandonar, pero son cabezón, e tiña un obxectivo: a partir de ese intre ir paso a paso. Primeiro chegar A Campona. Fíxose duro porque non podía correr e costábame arrastar a perna, e a subida era interminable. Pelexei coa miña cabeza, evitando o que tantas veces teorizara, non me podía deixar vencer polo desanimo. E así case arrastrándome cheguei ata A Campona. Unha subida de medo. E alí me agardaba de novo AC DC e doume folgos, pero eu necesitaba avituallamento sólido e ali so había líquido. Quilómetro dezasete e de alí a Primaut unha baixada de catro cunha primeira parte por pista que poiden levar cómodo e conseguindo por primeira vez correr un pouco, e unha segunda por sendeiro de a un que se me fixo difícil o non poder correr como me gustaría, pero cheguei a Primaut. Encantoume aquela vila perdida no medio do monte e cun avituallamento sólido espetacular. Estiven alí case dez minutos, tomando chocolate blanco negro ou do color que fora, bebendo isotónico e pouco a pouco volvendo a ser eu mesmo. Nese intre recuperei o control total da miña cabeza, había alí unhos hippys, o principio pensei que estaba flipando, pero non, eran de verdade. Normalmente en tódalas carreiras sae ise pequeno demo, chamádelle X, A.L ou o que queirades que aparece no medio da carreira con esa cara de risa para decirche que non serás capaz, que aquelo e moito para ti, que non poderás terminar a carreira. Normalmente doulle unha hostia na cabeza ben forte e non volve a aparecer máis. Pero hoxe aparecía a cada rato para intentar convencerme que aquela carreira era demasiado para min. Eu contrarestaba dicindo que se podía rematar o Marathon del Hierro e Quiroga sería capaz de rematar esta. Non hai maior forza que a mental.
Sain de Primaut e me agardaban case cinco quilómetros de río, a miña táctica ata o seguinte punto, o Pico Negro, tiña que ser conservar, camiñar rápido e correr o pouco que a perna me deixara. E así o fixen, xa con pouco tráfico, a maioría ían diante ou xa non continuaban na carreira. Gustoume moito esta zona de río, tan parecida os nosos ríos Galegos. Xa era dono totalmente da miña cabeza, a nese intre sabía que seria quen de rematar aquel reto. Chegou o Pico Negro, o temido Pico Negro, e cando comecei a subir, xa me din conta que ía ben, co sorriso na boca, pasando a xente, sen pausas, sen deixarme vencer. Ali arriba estaba o Oso novamente para recibirnos, saudeino e para abaixo, cinco quilómetros a todo meter. O principio pensei que era unha subida de azúcar ou algo, logo dinme conta de que o peor quedara atrás, estaba de volta. Baixei coma un tolo eses quilómetros, a ritmo de 5 minutos e cando cheguei a última costa para subir a meta e vin alí o Oso(estaban por todas partes¡¡¡), e escoitei os meus amigos do Cas Montaña, e o resto gritar e aplaudir a rabiar non podien non emocionarme, botei a correr e dinme conta de que outro grande reto estaba conseguido. Seguramente foi o que más me custou rematar e por iso será o que máis valor lle de. Non apreciamos as cousas cando as temos, cando as poseemos, cando as perdemos e cando nos queixamos, cando nos damos conta de canto as necesitamos e que pouco somos sin elas.
O principio da miña viaxe alguén me preguntou que por qué facíamos esto.
Disfrutamos sufrindo, disfrutamos superándonos, disfrutamos coas paisaxes, mollando os pes no río, disfrutamos axudando ao que vai diante, disfrutamos falando cos compañeiros temporais de viaxe e por un momento sendo parte da súa vida. Disfrutamos vendo os nosos amigos felices. Disfrutamos entrando en meta da man dun descoñecido que encontraches a dous quilómetros de meta. Disfrutamos comendo e bebendo nos avituallamentos. Disfrutamos chorando o darnos conta que o conseguimos. Disfrutamos comendonos todo o que encontramos. Disfrutamos sorrindo para o cámara que leva alí tamén tres horas sin moverse para sacar unhas fotos a 500 tolos descoñecidos. Disfrutamos dando as grazas a cada voluntario que encontramos porque sin eles non habería carreiras. Disfrutamos coas risas, coa panchita, co carnaval de Torena, co paseo fluvial, comendo, almorzando, bebendo, entrenando, facendo locuras nos aparcamentos. Disfrutamos vivindo todo esto con amigos, sendo membros dunha secta de persoas felices que se queren, que se estiman, que cada vez que se ven non poden evitar abrazarte. Disfrutamos sendo tolos do monte.
Vale, andando tamén.
E así rematou a miña aventura na Carreira do Alto Sil 2019. Pero non o fin de semana, porque despois de encontrar os meus compis e ser todavía máis feliz cos seus tempos, con todos os seus obxectivos conseguidos, despois de saudar a todos os meus Cas Montaña, a Yon, a Sabela, a miña Silvia e a Eduard, a Luis, a Miguelín, sacar unha foto con Aroa e saudar a tantos e tantos amigos do monte fomos cara a Salome, a ducharnos e disfrutar dunha derradeira comida entre amigos. Derradeira do fin de semana. Porque experiencias así hay que repetilas cantas máis veces millor.
Salomé, o único que podo dicir e que vaiades ali, en Toreno, un trato excelente, persoas campechanas, afables, comese de vicio, o único o galo que está en algo descentrado co horario, pero o resto so podo dar as gracias a Rosa e a súa irmá polo trato recibido.
E co corazón encollido, cansados, contentos, felices e por suposto lareteando todo o camiño volta a Narón e a Miño a darlle forma a esta historia. Unha de esas historias verdadeiras que sempre che gusta contar, porque son historias con final feliz, ou máis ben ,sen final, que rematan con un atalogo, ou un to be continued.
Aprendín moitas cousas este fin de semana, moitas persoais, íntimas, os meus cuarenta e dous anos sentín cousas que case non recordaba e sufrín como nunca nunha carreira dura, moi dura, na que me tiven que sobrepoñer a moitas dificultades pero da que me levo o aprendizaxe que nunca, nunca hay que rendirse.Unha aprendizaxe que se pode extrapolar a toda a miña vida.  E outra desas frases da semana, a vida e para disfrutar, as veces merece a pena ter menos cartos e ter máis tempo para disfrutalos. Eu quero que a miña vida a partir de agora sexa así.
Isto e trail señores.
Isto foi Alto Sil 2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario