domingo, 24 de marzo de 2019

Trail da Laracha e a Torre: 2x1

Asegúrovos que non fago todas estas tolemias de forma premedita, ás veces saen así, sen querer. O luns a miña irmá díxome de apuntarnos a carreira da Torre xa que este ano era solidaria e claro, non me vía nunha andaina ahí arrabuñando a estrada cada vez que vera un corredor pasar así que me apuntei a Carreira namentras ela, Xoel incluído ían a andaina. Pensei que de forma positiva seguramente me viñese ben para probar a miña resitencia ante o que menos me gusta de esto, as rectas e correr.
Pero o meu obxectivo semanal era o Trail da Laracha, repetía despois da malísima experiencia do ano pasado na que o meu nocello dixo basta no quilómetro sete e me arrastrei ata a meta facendo un tempo penoso de catro horas e pico, pero bastante fixen con chegar. Aquel foi un día bonito, e que terminou na rúa San Xoan, así que o meu recordo o final tiña máis ben un tinte alegre. Ademáis de todo isto contaban con ludoteca e iso se está Xoel e sempre un punto a favor.
A semana post alto Sil foi extrana, a primavera chegou, e o Sol, e con ela os meus baixóns continuos, casi diarios, unido a unha situación laboral rara, con malas vibracións e un cambio próximo e claro todo isto despois do marabilloso finde en Toreno fixo que se me fixese moi costa arriba.

Pero a tarde do sábado chegou e con un ambiente festivo total na Torre preparámonos para os casi sete quilómetros da proba, estrenando zapas, pero sempre coa mente en positivo.

En Laracha a primeira hora da mañán non hai moito movemento, chegamos as 08 45 e recollemos o dorsal, aínda e cedo así que nos diriximos a cafetería, alí encontro o gran Felipe Cordal e botamos unha boa charla, todo o que Xoel nos deixou, antes de prepararnos para a carreira.

Xa e noite na Torre, case todo está preparado, máis de tres mil persoas entre corredores e andaríns danse cita na explanada. Eu despídome de Xoel, a miñá irmá e Fernando desexando que o pequeno aguante, malo será e so media hora, e velo na meta para darme o derradeiro pulo. A estampa e deliciosa, a Torre de Hercules, ese símbolo desta cidade na que vivín moitos anos, alumea máis forte que nunca para a ocasión. Fago unhas últimas carreriñas e atopo a Suka e Carlos e algúns amigos máis montunos asfaltados para a ocasión. Chaman para posicionarnos nas grellas de saída. Póñome na dúas e cando me dou conta empuxado pola multitude acabo na un e dícir, na de menos de 4:30 o quilómetro.

Preparome xunto a Xoel nas gradas do Pabillón de Laracha antes de deixalo na ludóteca. Olvideime a mochila así que toca correr co cinturón, creo que me chegará, prepárome sobor de todo pola calor, o meu inimigo número un. Chegou o momento, imos a ludoteca e a verdade que me dou conta da sorte que teño con él, aínda non ten catro anos, e el quere vir, e xa non é iso, queda na ludóteca sin rechistar e disfrutando dende o primeiro intre, faime a vida feliz e fácil, non se pode pedir máis.
Reúnome con Jose Luis, Paulo, Silvia e demáis xente do Sada e facemos a foto de rigor e a partir de ahí pasan eses minutos de risas para min (e o que ten ter amigos madrugadores e que sempre teñen a grande cualidade de sacarte a risa frouxa) e concentración na maioría dos corredores. Nos avisan para pasar o control de chip e alá imos....3,2,1...a polas cabecerias do anllóns¡¡¡

Saímos con tal lume que penso que a Torre dende detrás nosa verá unha enorme bola vermella saír en dirección o paseo marítimo. A miña idea e ir a o ritmo Juan Luis Guerra, máis coñecido como 4:40, pero me da que vou demasiado rápido. A primeira parte e unha baixada que me leva a ese lugar marabilloso e para o recordo que se chama Instituto de Adormideras. Nunca olvidarei que fomos a primeira promoción en pisalo, en disfrutalo, e pasei alí tantas cousas que necesitaría un blog enteiro para contalo. Despois do instituto a primeira subida e ahí empezo a adiantar a cañón, e o meu forte, pero vou moi rápido e así o meu reloxo me di que o primeiro quilómetro completado en 3:51, de tolos total.

O sol empeza a petar forte pero aínda son as nove e media da mañá en Laracha, o que nos espera, penso. E así, sen darnos conta saímos, máis rápido do que debería, o do que as miñas pernas fatigadas despois do esforzo da Torre lles apetece correr. O caso e que vou perdendo a estela de Jose Luis e Paulo máis por necesidade que por gusto e aínda así completo o primeiro quilómetro, todo por asfalto e 4:25.

Completo a primeira gran subida da carreira da Torre e o chegar a rotonda noto que as forzas van a menos, penso que para unha milla teño un bo ritmo, pero sufro moito, máis do que me gustaría, intento centrarme nos meus pensamentos positivos, iso non o vou a descubrir, que son intimidades, pero sempre me dan bon resultado e moitos veces todo e resultado da forza mental. Baixando non son tan rápido pero me manteño bastante ben, penso que debo estar entre os douscentos primeiros e non me equivoco moito, chego o segundo quilómetro e fagoo en 4:10. Como di alguna grande amiga miña, para un de monte, ía voando.

Se o nome deste trail e cabecerias do anllóns débese sobor de todo o precioso paseo polo río que facemos no seguinte tramo. Recoñezo que me encanta, pero case non podo mirar, vou moi forzado, non diría o do fantasma do abandono, porque a estas alturas os que xa me coñecedes sabedes que ten que ser algo máis que grave para que o faga, pero si me sinto demasiado cansado e como hai que unir que son medio burro non enchin a cantimplora de agua, así que tocara agardar o avituallamento. Así, agobiado polas circunstancias chego o segundo quilómetro a 5:23.

Seguimos baixando dirección a Marina a unha velocidade alta pero recordo ben que o peor está a volta porque todo o que sube ten que baixar así que debería ser máis conservador. Tamén penso que xa que estou aquí hai que dalo todo e a realidade e que o que quero e probar o meu corazón e sobor de todo sufrir correndo. Así fago un terceiro quilómetro rápido de novo en 4:09. Fago a miña media e penso que o meu obxectivo de menos de 30 minutos está o alcance da miña man.

E o meu peor momento, pásame moita xente, non son capaz de corer a gusto e o único que me salva e a primeira pequena subida na que cando menos consigo recuperar a miña respiración e relaxarme un pouco, si, sei que sona raro, pero e o meu hábitat, síntome ben subindo, ainda que sufra como o que máis. O peor son os pequenos repechos nos que a xente ponse a correr e eu, pese a miña experiencia da Torre, non son quen de seguir. Eu ando rápido, moi rápido, pero nada máis. Estou en caída libre, e so van tres quilómetros de Trail. Quedan 21.

Damos a volta antes de chegar a zona do castelo de San Antón e toca ir subindo, no principio sigo na miña liña e adianto a xente pero empezo a notar que as pernas estanse a preguntar que e o que estou facendo. Penso en Xoel, que estará alí na Torre, agardándome, e un fluxo de enerxía cúbre os seguintes metros. Hai corredores de todo tipo, pero o que me aleda e que haxa tantas mulleres, ogallá no monte houbese tantas, aínda estamos un pouco lonxe nesto, e dame pena, porque co corazón na man, e sen faltar os asfalteiros, ista é unha das carreiras máis bonitas, sí, pero case non ves nada o ir tan rápido e sen embargo no monte, podo dicir que vivín moitas cousas que me costa crer viviría en outras circunstancias da vida. O contacto do ser humano co medio natural como facían os nosos antergos e algo que levamos nas venas, moito máis que este conglomerado de alquitrán losas e edificios interminables. E así, sen faltar, pero faltando, chego o quilómetro catro, a subida fixo que o meu ritmo quedase nun modesto xa 4:24.

Outro boa subida para comezar o quilómetro catro e aínda así non consigo fustigar as miñas pernas. Céntrome no que teño o meu redor, no marabilloso do que me rodea, da paz que se respira, bueno en realidade o que oio e a miña respiración desquiciada e preocúpame. Decido a pesar do meu naturismo confeso destes últimos tempos tomar o único xel que trouxen e así sair deste bucle interminable de incomodidade. Sigo a ser pasado por corredores e penso que só eramos 80 así que xa non poder quedar moitos. Remato o cuarto quilómetro a ritmo de sete minutos e con moito que millorar de cara o quilómetro vertical.

Cruzámonos coa xente da andaina, xusto na parte na que a subida se fai máis pronunciada e difícil, e vexo a miña irmá xusto na rotonda onde termina a mesma. Tamén vexo a Raquel do Cas Sada animando, bueno, a min non, porque vou camuflado. Iniciamos a baixada e recordo que o ano pasado fixena moi mal e este ano estou moito millor niste aspecto. Vou auto animándome pensando que so queda un quilómetro e pico namentres rodeamos de novo adormideras, un deses lugares imborrables da miña vida. E quedan dúas subidiñas, na primeira pásame un amigo trailero e falamos un ratiño, cando menos así a miña cabeza non pensa que estou o borde da extenuación. Xa vexo a Torre, o seu fulgor mariñeiro, a súa forza milenaria e tamén o tío do micro que rompe a cabeza a un santo. Non queda nada, e así completo o sexto quilómetro da proba, iso sí esfondado en tempos xa en 4 37, pero sei que serei capaz de conseguilo.

O xel empeza a facer o seu efecto, iso e que atopome unha boa baixada das que me gustan, vou centrando a miña mente en que ven aí o km vertical e se algo me atraía desta proba e facelo. A verdade que nunca teño a oportunidade de facelos xa que soen ser sábados ou venres como será en Toxiza, e así faiseme imposible. Crúzome por primeira vez na proba con Geli, que logo sería a gañadora femenina e sigo vendo a Jose Luis de lonxe, o resto, Paulo e Felipe Cordal van xa maís lonxe. Comezo a escoitar os pitidos e prepárome para o gran momento da proba, o inicio do KM vertical.

O ano pasado cheguei maís fresco a subida final da Torre, tamén e certo que tres minutos máis tarde, aínda así mordín os dentes, moitísma xente animando nas gradas, a verdade que iso e o millor de todo, e eu buscando a Gregor e a Xoel, pero sigo subindo, mantendo o ritmo todo o que podo porque vou nas últimas e o meu corpo pide que me poña a andar, pero non o farei, teño que dalo todo ata a meta. Ahí esta a Torre, ahí está a meta, a ahí está o meu Xoel xusto o cruzar a liña, a miña alegría e grande pero case non podo nin expresala, como me diría él despois, Papá, estabas fatal.....e así era, pero co obxectivo cumplido. 29 36 e case tres minutiños menos que o pasado ano. A verdade que de asfalto e a carreira máis bonita que fixen, para min cunhas pequenas costas, para os asfalteiros entendo que será unha carreira de asfalto casi de monte polas subidas. O final non me queixo entre os douscentos primeiros e 37 da miña categoría, que para un de monte en terreno extrano non está nada, pero que nada mal. E así, despois de comer, facer fotos, falar coa xente que me quere e se preocupa por min e descansar un intre ahí fomos Torre abaixo un pai feliz e un fillo contento camiño da cama xa que o día seguinte nos agardaba outra carreira, outra experiencia, esta xa no noso hábitat natural, o monte.

O Km vertical empezou con tráfico e barro, conseguín pasar a Geli e outro rapaz nesta zona pero os pes se hundían ata os tobillos e facíase difícil avanzar. Turrei e comezou a subida, alá arriba veíanse as hormiguiñas, pero despois de alto sil xa non me daba medo nada. E así, paseniño comecei a subir e coller ritmo, pasando a sete ou oito compañeiros neste tramo ata que chegamos arriba e houbo que correr un cachiño, ahí afloexei un pouco o ritmo e perdín algo de tempo, aínda así fixen un bo tempo en comparación o posto da carreira. Primeiro avituallamento e por fin cargar de auga, que falta me facía. Paro bastante, e xa me noto millor, agora hai que ir regulando e non caer en errores, comezamos a baixar un pequeno tramo por monte que me encanta, pero e un espellismo, nova subida e a darlle, a partir de aquí pouco variaría a miña posición na proba. Km dez e unha baixada chulísima que disfrutei tirándome o tolo e outro sube baixa que me fai disfrutar moito de todo este tramo, asi ata chegar o segundo avituallamento, no km 13. Recargo, paro e a tirarme monte abaixo, outra desas nas que a xente vai parando e eu derrapando, encántame, so por esto merece a pena vir. Ata o km 17 baixamos a cañón, e novamente outra subida que nos levará o terceiro e derradeiro avituallamento.
Aquí xa vou moi ben, e novamente doume conta de que o meu grave problema son os primeiros quilómetros, non son capaz de non salir o tolo, de controlarme, iso e que me costa tamén coller o ritmo, teño que valoralo. Polo camiño rompo as zapas, xa non estaban moi ben pero acabo con paos metidos por todos lados. O final chegamos o km 19 e alí están as viandas. Volvo a cruzarme con Geli e Noelia chega xusto cando me vou, a partir de aquí e un trote cochinero total, pero vou cómodo, en ritmos de 5-6 pero sen pararme a non ser na derradeira costa na que apreto porque a forza está novamente comigo.
E Toca a parte final da carreira que e a misma que a primeira pero doume conta de que vou mil veces millor así que disfruto da parte do río, paso a xente, e tamén poderei conseguir o obxectivo das tres horas se nada malo pasa. Chegamos a Laracha, escasos quinientos metros, desexando ver a cariña de Xoel, desexando chegar, moitísimo millor que onte na Torre, e estamos a falar de 25 kms.
Ise momento único repítese por segunda vez na semana, entro feliz e alí está o meu amigo Abel, que me fai recordar os tempos de Talesien e Trashnos, os meus compis Paulo e Jose Luis, vou por unha cervexa, a miña recompensa e xa vexo a Xoel o fondo. Vou a xunto de el e pola súa cara xa sei que disfrutou tanto ou máis ca min. Falo coas cuidadoras e dinme que super ben, alegre, e feliz. Así e el, así fai os meus días cando está o meu carón. Nunca podería soñar ter un fillo millor.
Digolle que me vou duchar e logo volvo por el. Sorpresa, auga quente¡¡¡. O ano pasado estaba helada. Disfrutoa, o igual que a segunda caña, que a pasta, que as carreiras de Xoel, que a compañía dos amigos, que ver a Susi, a Silvia, as victorias femeninas do Cas, as fotos coa xente e o regusto por ter conseguido outro obxectivo, as conversas coa xente que che importa. Rematar ben esta carreira que tan mal se me dera o ano anterior. E facelo levándome dúas experiencias tan distintas o peto.
A xente de laracha en dúas rodas estúependos na organización, cervexa gratis a barrer, pasta para todos, avituallamentos e voluntarios de luxo. Fotógrafos supermajetes, non se pode pedir moito máis.
A ludoteca de dez. E de agradecer o esforzo, o traballo desinteresado desta xente para facernos felices.
Unha semana que sabía sería dura reamatada da millor maneira. Como digo en cada crónica o importante e disfrutar da vida, de ver o vaso medio cheo. O malo xa ven solo, aproveitemos os raios de sol.
O meu próximo será en Cariño, se tdo vai ben, xunto o meu combo favorito.
Grazas a todos e feliz semana.


Ningún comentario:

Publicar un comentario