domingo, 7 de abril de 2019

Toxiza: O gran trail que non poido ser

Hoxe sería un chisquiño máis feliz estando o carón de vós. Estresandome a primeira hora da mañán para preparar a Xoel e chegar a tempo para a recollida de dorsais. Hoxe, se poidera, paparia o frio das primeiras horas  admirando a inmensidade da catedral de Mondoñedo. Falando con uns e con outros, coa miña xente do Cas, pero tamén os amigos do tribu trail, os jarnachos, os toxos e birras,  a miña xente de Ferrolterra, e tantos e tantos amigos máis feitos a base de experiencias este último ano.
Se poidera estar ahí viviría eses últimos intres preparando o dorsal, a mochila, o chip, pensando que tal estaría Xoel na ludoteca, recordando os que non están, recibindo case seguro os seus azos, eses que che fan voar por encima das túas posibilidades.
Sairía a lume porque así son aínda que non o quera e sufriría os primeiros quilómetros que non teñen grande dificultade, bonitos paraxes, cruzando a ponte por enriba do río ata a primeira subida no terceiro quilómetro. Despois dunha paraxe de conto rodeado dun bosque de pinos namentres paseamos por sendeiros cheos de bruma e cruzamos o río Tronceda antes de escomezar a grande subida desta TGT 20, son 650 metros de desnivel positivo en case cinco quilómetros de dura subida e se estivera alí diríavos que e meu forte, que vou subindo ben, aínda que de seguro o ser tan pronto sufriría máis do debido e iría collendo posicións na parte media baixa da clasificación e por ahí fluctuaría o resto da carreira. Encántame subir pero cando estás ahí forzando as pernas, variando entre a posición da miña avoa cando ía o mercado e as mans nos xeonllos, sofres, e sofres moito. Gozas máis cando chegas arriba e por un intre miras atrás albicas o xa conseguido e consigues emocionarte coas marabillosas vistas. Territorio Toxizo. A verdade e que normlamente aquí a neboa non deixa ver nada pero so hai que usar a imaxinación, a nosa maior arma. Agora, neste falso momento, toca unha desas pistas que tan pouco me gustan, xa que hai que correr, pero se estivera alí costaríame un mundo, seino, tería que estar un bo intre andando rápido e pelexar coa miña cabeza que me diría que non, que non corra, que non gaste forzas, que da igual chegar de cento vinte que de cento cincuenta.
Estamos na serra do Xistral, unha pequena e bonita baixada das que me gustan e outro repechiño para arriba, aínda nos quedan cen metros de subida. Todo rodeado de grandes penedos, frío e moita neboa, preto do Pico da Lebre. Un lugar paradisiaco, dos que so podes ver se te dedicas a este deporte.
E toca xa baixar por riba desas mismas pedras milenarias, por preciosos sendeiros de a un. Se estivera alí, disfrutaría como un enano desta baixada tipo cabra, xa con pouco tráfico, na que seguro atoparemos moitos tramos técnicos, tal e como son estos toxizos, e moi húmedo despois das choivas continuadas destes últimos días. E xa chegando o final comezaria a sentirme millor, cada vez con máis forzas, porque así son, e acordaríame dos que me dan forzas cada día, do meu Xoel que estaría disfrutando a tope na ludoteca, das miñas amigas e amigos que en días tristes desta semana estiveron o meu carón para darme toda a súa forza.
Voltamos a cruzar o río Tronceda e ahí xa sabes que non queda nada, pero son os quilómetros que se che fan máis largos, porque estás tan preto, pero nos que sabes que o teu obxectivo xa non se vai a escapar. Unha última sorpresa en forma de pequena subida e últimos dous quilómetros en terreo rural e finalmente urbán para chegar a Catedral de Mondoñedo emocionado, mirando o ceo, coma sempre, recordando os que non están, e os que sí que están, cos compis dándote forzas na meta, gritando coma posesos. Ese momento único que e comparable con tan poucas cousas na vida.
Se estivera alí tocaría compartir momentos con todos vos, tocaría abrazar a Xoel e disfrutar da súa alegría innata e do seu apetito voraz na comida incomparable dos meus amigos Toxizos.
Pero sabedes unha cousa? Non sempre na vida podemos ter todo o que queremos, as veces un paso atrás sirve para coller impulso e chegar máis lonxe a próxima vez. Se poidera imaxinar e cambiar tantas cousas na vida con so pensalo...con so pedilo...se poidera....se poideramos voltar atrás...

Se poidera diríalle os meus pais fai máis de 25 anos que se separaran se quixeran pero evitaran os danos colaterais. Voltaría s vivir a miña infancia coa súa timidez, coas miñas bagoas, e a miña xuventude coa miña rebeldía coñecendo o sentido da amizade e o heavy metal.  Voltaría a escribir unha a unha todas as cancións de Trashnos e seguramente no me iría como me fun. Voltaría a vivir as mismas historias de amor pois de ningunha me arrepinto pero poría da miña parte para evitar todos os erros que me levaron a fracasar unha e outra vez. Voltaría a escribir aquel primeiro libro. Voltaría para escoitar a miña bisaboa contarme os seus contos hasta que se cansase e non agardar a súa morte para botalos en falta. Voltaría a Bañobre, a miña terra, terra onde me eu criei e repetería todo o que vivimos xuntos pero recordando que non hai nada polo que vaia a pena perder unha amizade verdadeira, porque os amigos de verdade contanse cos dedos das mans. Voltaría a ser do Depor, porque ser dos que gaña e moi fácil, pero ser dos teus de corazón, en segunda , casi en segunda b, gañando títulos e outra vez no inferno.
Voltaría aos meus anos de universidade e centraríame en conseguir o que quería e non facer o que tanto me gusta, disfrutar dos amigos, dun cafe escondido, dunhas cañas o atardecer, dunha conversa en horas lectivas, de organizar concertos de rock, e así seguramente acabaría estudando o que me gustaba, adicarme a esto e non rematar dando tumbos nunha gran multinacional.
Pero sabedes que? Se cambiara todo iso, xa non sería eu, no estaría hoxe aquí contándovos isto, non coñecería o marabilloso mundo dos corremontes, e sobre todo non coñecería a tanta xente coma vos, algúns dos que agora mesmo xa son meus amigos. Así que visto así, e tendo en conta que a vida son dous días so nos queda mirar para atrás con nostalxia, seguramente arrepentirnos do que fixemos mal pero mirar para adiante pensando que a próxima vez, seguro, o faremos millor.
Hoxe escribo esta crónica do que poido ser e non foi, dando azos a miña imaxinación e tentando ser un de vos, un dos case seiscentos valientes que estivestes hoxe dandoo todo na Serra do Xistral.
Hoxe escribo con esa mezcla de tristura, envexa e rabia pero tamén coas gañas do que quere curar para voltar a estar ahí, non arrastrándome como nas últimas carreiras, senón sorrindo a cada paso que dou, disfrutando dunha das cousas que máis me gusta da vida.
Disfrutar de ti, do monte, da montaña, da natureza. Non importa se e real ou imaxinario, o importante e sentilo.
Lor, entrenareime física e mentalmente para resistir a túa dureza e deixar imprenta dunha das millores carreiras da nosa Terra, non sei se se fará máis difícil estar un mes sin correr ou un mes sin escribir estas humildes crónicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario