domingo, 6 de outubro de 2019

Trail de Breamo: Maxia entre amigos

Din que ninguén e profeta na súa terra, pero o mundo do trail non entende de ditos, nin profecías nin frases feitas. O mundo do trail e único.
Primeira edición deste trail de Breamo, nacido en Pontedeume, terra de moitos trails pero dende logo este é totalmente distinto a calquera que se fai nas Fragas do Eume. Case trescentos corremontes e andaríns dímonos cita na Terra dos Andrade, sen dúbida a terra máis mística e misteriosa da contorna. Somentes sair con gran Torreón dos Andrade o fondo e toda unha gozada. E alí acudimos máis de vinte tolos do Cas Montaña e demáis amigos das outras grandes equipas da zona, os Pasa ou Entorna, os Altafit Odeon... Dicir que o trail ten moi boa saúde en Ferrolterra e obvio, e unha zona con infinidad de carreiras pero tamén moitos aficionados e lugares maravillosos.

Dúas distancias, 14 kilómetros e 21 para os máis osados. E andaina.
Gosto de chegar cedo as carreiras, desta vez tocou compartir café con Javi, Saúl, e o gran Feli Cordal. E de ahí a recoller o dorsal. Pouco ambiente xa que a maioria optaran por ir o día anterior a recollelo e así entrar en varios sorteos. Outro acerto da organización. Pero entre falar con uns, con outros, case sen darnos conta deron o sinal de todos os seus postos, e alí nos fomos.
Apertas de boa sorte cos meus Cas, con Yoly e Carlos, Oscar, a miña Lupe, Pauliña, David e saimos. Baixamos a zona do río y subimos atravesando unha casa en dirección a vía do tren. O recorrido xa o tiña probado, tendo en conta que a miña casa está xusto no medio sería un pecado non coñecelo pero o corpo non reacciona sempre igual. Sabía que estos primeiros quilómetros rodeaban a costa ata Centroña, nun roteiro espectacular. Un pouco máis adiante comezamos a ir paralelos a vía do tren. O pelotón empeza a estirarse, aínda no perdo de vista a Pauliña nin a José Luis pero o meu cardio non vai tan ben como o xoves cando entrenamos así que baixo o ritmo. Chegamos a Ventosa, alí están, esta vez ben amarrados os cans que me morderon o outro día. Pasamos por o túnel máis grande que vin nunca baixo a vía e comezamos a subir cara a vila.
Vou moi regular, paro na fonte e bebo auga, vaime chegar a costa que sei moi ben que ven agora. Ando ata chegar arriba, rápido, todo o que podo. Baixamos un tramo pero non é máis que un espexismo porque seguimos subindo e seguirémolo facendo ata que coronemos o meu monte, Breamo. Intento correr en todas as zonas que podo, pero cústame moito. Ainda así chego arriba en cincuenta minutos, no tempo que tiña pensado. A baixada de Breamo encántame así que a pesares de estar as pedras molladas paso bo rato, o millor do trail. E chegamos o primeiro avituallamente.
E agora teño que por a funcionar a cabeza. Veñen seis kilómetros de bucle en Costa Miño. A miña casa está o principio e aquí e dónde tódalas semanas baixo a facer rutas. E difícil porque sei o que ven e sei que non me vai a aportar nada maís que kilómetros. E é demasiado corrible.
Escomezo ben ata chegar o campo de golf, incluso non vou mal na parte que vai paralela a auto estrada pero a partir de aquí ben o máis difícil. Vou por inercia, entre ca e co, variando e pensando en outras cousas para entreterme. E así consigo volver  o punto de inicio do bucle.
Por atrás ven o gran Albertiño Barral, cos seus finais on fire. Comezamos a subir Breamo pola parte que menos transito. E unha subida dura, pero bonita, das que me gustan, das que chegas exhausto arriba e claro, cando chegas e ves a Igrexa por moitas veces que a vira na vida non podo evitar sorrir. O meu templo celta Templario favorito.

Avituallamento no que paro e repoño forzas, o peor xa está feito, ou iso pensamos todos, xa sei que hai sorpresa final.
A baixada polo antigo camino de pedra e unha maravilla para os entrenos pero cando ves con case vinte kilómetros nas pernas costa máis. Unha última zona de bosques preciosos lévannos o momento máis difícil, a derradeira subida. Ahí súfrese coma un condenado, e coma ir vendo un desfile de mortos vivintes. Pero amigos, iesto e o que nos gosta¡¡¡. E así ata que por fin deixamos de subir e comezamos a baixada pola camiño vello, polas miñas queridas escaleiras. A modo que e súper perigoso, chegamos abaixo e Pontedeume é noso. A preciosa vila medieval nos recibe e o chegar a meta alí están todos os amigos do Cas gritando como tolos, emocionándome un día maís. Hai cousas que non sabes coma agradecer. Sodes grandes. Inmensos. Sempre ahí.
2:38 que para min está máis que ben, recuperando sensacións moi pouco a pouco, os tres meses de parón foron como unha grande losa que me serviu para ir reorganizando a miña vida e, á vez, perder moitísimo fondo. A semana que ven Ribeira Sacra 47k, agora mesmo non sei se estou preparado pero alí estarei, outra vez rodeado de amigos.
E na meta aparte dos meus cas o meu Xoel, non hai mellor regalo e para acabar de redondear podios das miñas amigas Lupe e Pauliña. Eva Babiano do Cas segunda do corto marcandose un carreron!!!

O terceiro tempo espectacular, uns dos mellores que vin en tempo, e todo estaba riquísimo.
Coclusión: Aínda que fora a primeira edición o traballo ben feito, as persoas profesionais e a entrega dos voluntarios fixeron deste un trail que seguro se convertirá en referencia na contorna. Para o meu gusto moi de correr por poñerlle un pero, agora bonito é porque como lle dicía a organización o chegar, as veces non valoramos o bonito que é vivir aquí. Vivir rodeado de montes e lúgares máxicos.
Máxico Breamo.
Agora a por Ribeira Sacra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario