domingo, 27 de outubro de 2019

Trail de Arteixo: Tentando á sorte.

Era o día perfecto para un trail. Non chovía, non facía sol, nin sequera demasiado calor(salvo nas duchas dos homes).
Un gran día para disfrutar do monte, dos compañeiros, e sobre todo do terceiro tempo.
Sabía que non ía ser coma en Montefaro. Nin estaba coma ese día nin o perfil do trail era o mesmo. Así que o meu obxectivo o de sempre, disfrutar.
O do cambio da hora esta vez foi unha gozada, tanto que me despertei con tempo de sobra para ver a saída da longa na que competían moitos amigos e coincidía coa saída da Andaina na que estaba Ana, así que alí chegamos, collemos o dorsal e a despois de ver a saída a tomar un café xunto a José Luis, a miña irmá e Dani. Encontrando a uns e outros polo camiño xa sabía que sólo por iso merecía a pena vir a este trail. Non é o máis bonito do mundo pero é esixente e sempre baixo unha gran organización.

Fixemos unha posta a punto antes de sair e alí nos fomos, rodeados de Sabela, Juana, Bego, Moss, Su, millor imposible.
Os primeiros dous quilómetros diríavos que son os peores, pero non, o peor e á volta, pero ese paseo fluvial tan longo e o ritmo frenético con que vai a xente descompón o meu motor moito máis diesel. Aínda así resisto a tempos decentes e chego a primeira subida que é máis ben un tipo tobogán con subidas e baixadas continuas e partes para correr. A primeira parte sempre a levo mal pero se a elo lle unes que hai que correr malo.
Chegamos a unha zona de pista na que facemos case un quilómetro, faiseme longo, vou desexando parar, botarme a andar de unha vez. Sei que é a cabeza a que me tira a pensar isto pero non o podo evitar. Namentras penso chega outra pequena baixada y unha nova subida, cando menos prefiro isto.
Se vos digo a verdade pouco mirei para a paisaxe e é que é difícil non mirar o chan, hai moitas pedras, algunhas moi grandes, recórdame moito o Xalo, a zona tamén de Culleredo coma se fose algo máis característico desta zona. Aínda así nas partes altas haiche boas vistas, pero non hai tempo e non levo o móvil.
Primeiro avituallamento no quilómetro seis tras o primeiro amago de subida. Alí paro, bebo, e se me cae todo do cinto, un desastre, perdo un bo rato entre recoller e recobrar a calma. Ven o que máis me gusta, a subida.
Aínda así a primeira parte e fea, demasiado asfalto pero o chegar o control de paso sí que vexo a típica subida por pedra e carreiro. Non foi longa, foi longísima. Neses intres deume tempo a pensar si de verdade me gustan. Terrible. O chegar arriba ando un pouco para recuperar. Sigo metendo sales para non deshidratarme. O meu corpo avísame que necesito beber máis. Vou cun sexto sentido no meu dedo gordo, ise que rompín fai máis de ano e medio, ise que non quere curar de todo, ista semana a miña Doutora preferida fíxome un apaño, por agora vai coma a seda.
Comezamos a baixar pero xa sei que será falsa, porque o chegar a mitade máis ou menos voltamos a subir, por ahí pásame Iván que vai coma unha moto, tremendo.
Segunda subida, maís corta pero máis de monte, das que me gustan pero tanta pedra machaca as miñas pernas. Cando menos sei que xa vai máis da mitade da carreira fora.
A baixada ata o quilómetro doce e das que me gostan, parte por monte, parte para tirarse a rolos, aínda así non baixo nin a mitade de ben que en Montefaro. O corpo non sempre está igual, penso e así intento engañalo vendo cómo os metros pasan paseniños.
E chegamos o segundo avituallamento. Encho de auga, bebo, paro e comezo a terceira e suposta última subida. Esta fagoa sen maiores atrancos, trátase dun cortalumes pero non moi esixente. E a baixar outra vez pero non de seguido, aquí me engana o meu maxín que creía que era todo a morrer cara abaixo ata a estrada. Non. Trozos pra correr, vou algúns andando porque xa non podo, trozos pra subir, e trozos pra baixar ata que chegamos a estrada pero oh sorpresa aínda quedaba unha derradeira subida.
Ahí mirei o reloxo. Xa sabía que non faría o tempo do ano pasado. Non estou igual. Non son o mismo. Non digo que millor nin peor. Simplemente non o mesmo. Cómo vos pasará a todos. E cada semana é un mundo. A nosa cabeza fai que non estemos igual. Estas semanas están sendo complicadas por moitas cousas. Aínda así quero chegar canto antes así que tento exprimir as derradeiras forzas que me quedan. Estánseme facendo longos os dezaoito quilómetros, pero de todo se aprende.
Cando chego xa abaixo e só quedan dous quilómetros de asfalto e paseo marítimo pásame Juana, a verdade que unha desas persoas que sempre te animan o pasar e sempre fan que saque un sorriso aínda que esté a morrer.

E aguanto como podo ata chegar a  meta xa con Ana Vigo o carón. Vou tan feito unha merda que o chegar me teño que sentar. Alí está Jose que chegara cinco minutiños antes e a miña irmán. Ando un pouco mareado. Pero enseguida se me pasa.
Sabía que era unha carreira dura para min, aínda en proceso de recuperación, pero o final non poido comigo. Iso é o importante, iso e non ter dores durante a carreira.
A partir de aquí xa todo foi unha festa, a chegada de moitos compis á meta, os indios, máis Jarnachos, Running Oleiros, os nosos do longo que chegaron xuntos e Ana da andaina.
Unha ducha quentiña pero apurada e a disfrutar do terceiro tempo.
Coma sempre enorme: Cervexa sen parar, comida a esgalla e sobre todo moitos, moitos amigos. Nombrarvos sería imposible pero o voso cariño e aire puro para poder volver a cargarme cada semana, e coma sempre botando moito en falta @s que non estaban.
Coma sempre foi un placer vivir este Trail Jarnacho, gran organización, ben sinalizado, bos avituallamentos e sobre todo un post dos millores.
Para a semana imos a Murás. A disfrutar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario