domingo, 15 de setembro de 2019

Trail Terras do Mandeo: Resacosix in Brigantium

O primeiro neniños: Se tendes unha festa o día anterior, sobre todo se é a vosa festa de despedida despois de dezasete anos de traballo, non vos apuntendes a un trail as dez da mañán do día posterior. Dito isto, tamén digo que non hai nada millor para a resaca.
Así me presentaba na liña de meta do meu xa Betanzos querido case sen durmir, cunha serie de efluvios alleos a min que recorrían o corpo, tentando rematar un fin de semana pra non esqucer.
E alí estaba, non hai nada que máis me tire, porque estaban os meus amiguiños, os do Cas Montaña pero tamén algún Jarnacho, Toxiño, Running Oleiros, Altafit e sobre todo os Pasa ou Entorna.
O caso e que por si acaso añadín doble ración de auga, sabía o da deshidratación do alcohol, así que tiña que por todo da miña parte. Non vos engaño, cando cheguei a Betanzos non daba un peso por sair, nin sequera cando posaba para esa foto para o Cas Montaña. Pero unha vez alí, qué carallo, con tal de facela andando malo sería que non chegaramos así que fixen o meu cálculo, a dez minutos quilómetro levaríame tres horas e vinte, chegaría de último pero para un post-tullido sen entreno e resacoso so terminar era toda unha odisea.
E primeiros encontros coas miñas amigas, Franky son o millor da vida😊😊, Pauliña Cobelo e a miña  Lupe Rubio. Unha perta que da azos para baixar Betanzos abaixo. Porque alí estábamos xa preparados para a saída e 3,2,1....
A diferencia xa a notei o sair, o ano pasado fixen estes dous primeiros quilómetros nos que recorremos Betanzos primeiro e logo a beira do río moitísimo máis rápido. Pésame a barriga, tanta cervexa e tan pouco exercicio nestes últimos tres meses estame a matar. Non son capaz de respirar ben, e o que ten a inactividade e sobre todo que noto o alcohol escapar por todos os poros da miña pel. A estas edades xa non se poden facer estas cousas.
A carreira e un sube baixa, iso non me vai mal, o que non son capaz e de correr nas rectas, o resto aínda bueno, baixo como un hipopótamo e subo coma un elefante, pero non vou morrendo.
Tento pensar noutra cousa, na despedida de onte, non chorei non, pero case. Nos meus amigos e como irán na carreira e sobre todo no meu Xoel e nas gañas que teño de velo. Vou facendo os meus cálculos aritméticos, van seis quilómetros, un tercio da carreira. En nada chega o momento cumbre. Métennos por monte arriba e nun tramo que me recorda o Lor subimos sen descanso. Vou pedindo papas. Pero non me rindo, para cabezón eu. Hai tramos do trail preciosos, unha zona de árboles caídos para xogar co noso equilibrio, penso que é moito máis bonito que o corto que fixen o pasado ano.
Penso sobre todo que mereceu a pena levantarse aínda que non recorde cando me fun a dormir, se  é que fun, aínda que so pensar no sonido do despertador me poña de mala hostia, porque estar alí rodeado de natureza e amigos e o millor regalo. E chegamos o cumio e o avituallamento do quilómetro nove. Respiro, falo coa xente e continúo. Aquí xa coincidín con Merchi e alá vamos camino abaixo. Encátoume esta parte, espectacular, para gozala a tope. Hasta eu nas miñas circunstancias consigo sorrir. Levo detrás uns rapaces que van disfrutando a tope e contaxianme.
E de alí o Mandeo, case tres catro quilómetros na beira do río, por refuxios de pescadores, espectacular. Chego o último avituallamente e alí vexo a Chopim, felicitoo porque estame a gostar moitísimo. Aquí sei que como sexa pero vou a rematar.
Queda unha derradeira subidiña e a partir de aquí xa bastante pista que non vos vou engañar, non son capaz de correr. Deixo os meus últimos folgos para a entrada en Betanzos.
Alí penso o importante que foi esta cidade nos cambios da miña vida estes últimos meses. Penso outra vez en onte e en quen me faltou. Un chío de morriña recorre a miña alma. Peta o Sol a tope. Vou morrendo. Pero teño que subir correndo, case tres horas despois, chegando dos últimos, pero chegando, non na casa durmindo a mona, e alí están os meus amigos do Cas Montaña para animar: Franky, Elena, Guilly, Manu, Angeliño.....GRAZAS¡¡
Levo moitas carreiras encima e iso penso o cruzar a meta, esta foi das máis duras, pola miña culpa, pero fun capaz de rematala. Cumplir os teus obexectivos. Cumplir os teus soños. Vivir a túa vida. Ser feliz.
E tírome a sombra xunto aos meus compañeiros a alí me entero de que a miña Lupe gañou a carreira, non podo ser máis feliz, e Pauliña terceira. Non son feliz porque gañen, son feliz porque cando as vexo subir e nos damos ese abrazo sinceiro todo merece a pena, porque se el@s son felices eu tamén o son. Encontrar boas persoas e ter a sorte de ter o seu cariño e o millor regalo da vida. E recibir tanto cariño como eu recibín nestas últimas vintecatro horas e o millor que che pode pasar.
Podium, despedidas e apenado por non poder compartir cañas e comida nin cos meus Cas montaña nen cos meus Pasa ou Entorna saio como diría Siniestro total: ¨Camino de la cama, es el mejor camino, sólo estar durmiendo es mejor que estar dormido¨
Trail imperdible. Organización de dez, con música en directo na meta. Bos avituallamentos, ben señaliizado, boas instalacións e gastronómicamente Betanzos e moi grande.
Voltaremos, por suposto, próximo destino a Carreira da auga de Sada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario