domingo, 20 de outubro de 2019

Tral de Montefaro: Puro trail do Norte de Galicia.

Falar do trail de Montefaro é falar dun trail consagrado, ben organizado e que nunca defraudada. Tampouco o fixo nesta edición do 2019.
Eu chegaba algo tocado polo abandono no Trail Ribeira Sacra, máis polas dúbidas propias na miña capacidade que por outra cousa. Apunteime no último día pero sabía que estaba a facer o correcto.
Había un pequeno que estaba máis nervioso ca min así que chegamos cedo, serían as nove menos cuarto. Deunos tempo a coller o dorsal e recorrer todos os arredores, é o que ten ir con Xoel, e así ir vendo pouco a pouco a tantos amigos. Todos cunha sorrisa nos labios, contentos de poder disfrutar dunha carreira coma esta.
A entrega de dorsais moitísimo millor ubicada que o ano pasado e o servicio de Guardería perfecto con María de mestra de Ceremonias. Así da gusto, poder deixalo e saber que vai a estar ben coidado mentres ti fas o que máis che gusta, sufrir.
E pouco a pouco chegaba a hora, últimos preparativos e primeiro despedimos os da longa, entre eles os meus amigos Lupe, Oscar, Feli, Jaby, as Paulas, Diego, Blanca e Luis, os atrevidos con 24 quilómetros que noutras circunstancias sería a miña distancia elexida. Pero ás veces hai que ser cauto.
Dous minutos despois saimos os 162 tolos, entre eles unha grande representación do Cas, co meu amigo Manu entre eles, que alegría verte,  que faríamos os quince quilómetros e setecentos metros de desnivel.
Primeiros metros cun pica para arriba deses que deixan correr, pero o principio notas o esforzo e en menos de seiscentos metros escomeza o Carrusel¡¡. Primeiro unha baixada na que vou ben, probándome, a ver como responde a perna e faino bastante ben. Hoxe elexín traer as salomon que creo que estrenaba neste trail e a verdade que para distancias cortas totalmente recomendables.
O chegar abaixo doume conta que perdín a chave do coche que levaba enriba, no pequeno bolsillo interior. Imaxínadevos como quedei, primeiro palpándome por todos lados, sen lascivia, e logo tentando buscar alternativas. O primeiro que pensei e que tiña que correr o máis posible para chegar antes e iso fixen.
A segunda subida non daba respiro, estaba pegada a baixada e aló nos vamos coma tolos, e un pouco máis levadeira que a primeira. Nótome ben subindo, a bon ritmo coa xente coa que coincido. Chegados arriba toca voltar a baixar. Encátanme as baixadas de montefaro e a pesar do auga, do que choveu estaban bastante ben, o cando menos as miñas zapas iban súper cómodas.
O chegar abaixo tiñamos un largo tramo por pista para correr, no que sólo paro para beber e meter algo de sales, sei que o vou a necesitar, ven a subida máis dura. Por alí vexo a o meu Pasa ou Entorna Albertiño Barral que me sube os ánimos, así da gusto. A subida é dura, pero entre a chave perdida e que me noto ben e a que fago máis cómodo.


O chegar arriba lánzome cara abaixo, e desta vez foi verídico, nada de baixar tipo balea varada, desta vez baixei disfrutando por eses camiños, pequenos penedes, surcos do destino e achegándonos cada vez máis a costa.
Por todos esas cousas é un trail tan especial. Bonito de principio a fin. E así, sen parar de correr en ningún momento chegamos a praia de Chanteiro, a que tiven oportunidade de pisar, por segunda vez na miña vida e fíxeno disfrutando. A partir de aquí pequenos treitos subindo uníanse a outros máis de correr pero sempre por sendeiros preciosos. Notaba que ía gastando a pila, creo que foi o trail que máis corrín, pero sabía que faltaba a derradeira subida.
Último avituallamente que por certo estaban estupendámente colocados e pica para arriba, esta subida moito máis tendida pero o ir cascado e cando se nota máis. Consigo adiantar un par de posicións e cando fago a baixada sei que o traballo está feito. Que a perna non me molestou en absoluto. Que o tempo para ser eu non está nada mal. Que o meu gordi estará esperando na guardería. Pero faltaba a chave así que ía medio fodido.
Preguntei na organización, na meta, nada de nada, así que baixei os dous kilómetros e os volvín a subir na súa búsqueda, pero non din con elas, perdín a entrada e victoria espectacular da miña Lupe por estar en busca delas, e cheguei xusto nese intre querendo a casualidade que cando cheguei alí o Speaker deume a boa nova. As chaves apareceran. Agradecido a todos e tamén a Ruth que se ofrecera a vir dende Sada a traerme a outra copia.
A partir de aquí por un lado festa a e a min tocoume seguir de ruta con Xoel de un lado a outro ata a hora da comida. Ata a hora do podium onde hoxe confluíron moitos amigos: Blanquiña, Luis e Victoria do Cas, Diego, David, Miguel, e o trío ante o que so queda postrarse na categoría longa da proba feminina, Lupe e as dúas Paulas, vaia carreróns.
O resto, todos contentos coa súa participación que é o verdadeiramente importante, os meus Cas, os Pasa ou Entorno, Os Jarnachos e Toxos vidos dende a Coru, os do Altafit. Unha pila de amigos nun trail imprescindible na temporada.

Necesitaba unha carreira así. Despois de tres meses parado. Dun estreno nocturno, outro mareado, outro na casa e un abandono necesitaba recuperar a confianza. Non foi unha semana doada, paréceme que as próximas tampouco o serán pero haberá que coma sempre adicarlle a millor das sonrisas.
Grazas a todos os que animastes, a todos cos que hoxe poiden compartir este gran día ainda que non me de para nombralos a todos, a organización,  a Lore, Merchi..., espectaculares pero en especial o rapaz que me deixou o seu móvil no momento en que non aparecían as chaves.
Trail é compartir. Nunca me cansarei de dicilo, e da gusto compartilo con vos.

6 comentarios:

  1. Grazas a ti por traer a Xoel, foi un gran placer. Vemonos o año que ven.

    ResponderEliminar
  2. Un pracer prestarche o movil nun momento asi, non había moito que pensar dada a situación unha e mil veces. 😊😊

    ResponderEliminar
  3. Pero ese no es el podio de los ganadores absolutos no?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. De la distancia larga. No sé sé muy bien porque con un Miño en colo se hace difícil🤣🤣🤣

      Eliminar