domingo, 3 de novembro de 2019

Trail das bestas: E non haberá dous sen tres

Volvía o Trail de Muras por unha sola razón, a excelente segunda edición do ano pasado. Hay trails que te deixan un gran sabor de boca e que te chaman a repetir. Para min, cando menos na distancia corta, así é. E supoño que non sería o único porque eramos case quinientos os vidos ata Muras, un número moi superior o do ano pasado e que nos deixa ben as claras a moi boa saúde do noso deporte.

E así saímos as oito da mañán cara a Lugo. Desta vez levaba a Xoel comigo e chegamos xusto cando saía o Maraton, coa sorte de poder facer fotos e saudar de lonxe os compañeiros. De alí fomos a buscar o dorsal á carpa que teñen instalada na liña de meta e alí xa primeiro achegamento xunto os rapac@s do Cas. Cova e Valdés que xa tiñan o seu dorsal e Manu, José Luis e máis eu que estábamos a collelo. Outros calcetíns para a buchaca, un gorro, invitación para un bar, para a comida. Todo en orde.

De ahí fomos a Ludoteca, un sitio espectacular para os nenos e un grupo de animación para atendelos. Señores de Muras, isto é un luxo. E así, contento e tranquilo baixei a facer os derradeiros preparativos antes de empezar a carreira. Non daba un peso por min, semana sen un quilómetro as costas, con tramas persoáis acechando e co punto positivo do meu libro que por fin podo dicir que xa está o caer. Aínda así dudaba de cómo podían ir as pernas. Por eso me decidín a facer o corto, e ata que me encontre seguro de poder avanzar non voltarei as longas. Disfruto máis así que é o que nos importa.
E xa con Alberto por alí e saudando a miña Pauliña Cobelo, a Lorena, a Miguel, a Rosiña, a Manuel e tantos e tantos montunos situamos cara a saída.
Empezou a chover xusto antes da saída, eu non ía moi coberto e fixen ven que son de calores rápidos.
Escomezamos tirando para arriba, como a min me gosta, porque supoño que é a millor maneira de activarme, pouco a pouco, primeiro por unha estrada e subindo xa cara o monte por un sendeiro bastante ancho pero con moita agua. E é que amigos o trail das bestas é iso, para bestas pardas, auga, barro nunca faltan, diversión asegurada.

Subía andando pero a bo ritmo, sen perder posicións, e máis unha das rapazas que seguía aquí chegou pouco detrás miña á meta, a verdade que nos fumos pasando alternativamente. Choupando e choupando o cumio apareceu ante nos e empezamos a correr primeiro por unha zona de pista para pasar a monte, a zonas preciosas, de auténtico conto. Ás veces, coma sempre digo, é difícil mirar porque vas mirando o chan para non deixar a cara contra unha pedra pero o que se asoma ós lados é precioso.

No quilómetro catro ven para min o millor momento da carreira. Unha baixada que comeza cunha pendiente tipo Ribeira Sacra, pero esta vez non me caio dez veces e iso que está mollado, o que fai a cabeza amigos, e seguimos baixando coma tolos, son case tres quilómetros para abaixo con algún tramo de chan e disfrutándoo a tope, metendo os pes nos charcos, canto máis millor, momentos de meter o ata o tobillo, ¿pero o final para qué nos levantamos un domingo as sete da mañán? Sí señores, para enchouparnos. Somos coma Pepa Pigs grandiños.

No quilómetro seis e pico a subida que menos me gustou, por seren en asfalto, síntoo, pero é que o so contacto con esta superficie senón está preto da meta dame alerxia. Chegamos arriba e, non esperaba menos, o que subimos veña a baixalo, un anaco de recta para compensar o ritmo e chega a subida máis dura da tarde.
Nese intre xa vou coma unha moto, o ritmo de hidratación foi boa e o cansazo pese a correr moita parte do recorrido non apareceu. Teño a tiro ó grupo co que fun toda a carreira e que só se me distanciou na subida de asfalto. Subo con gañas, son das que me gustan, das que podes apretar, non correr para min pero sí apretar o cú. E casi chegando o cumio alí están os gaiteiros para amenizar a subida, dan un pulo tremendo, o que fai que o resto da subida fagámolo entre risas e con boas caras.

E chegamos o quilómetro once, fin da subida, desexando coller a baixada e fagoo indo a morrer, tanto que adianto a tres compañeiros na primeira parte, a que máis me gusta, entre charcos, lodo, pedras e saltos de canguro. Non miro o reloxo. Sei que facer os tempos do ano pasado é imposible por agora, pero todo chegará. Unha nova zona chan con repechiños e outra baixada para deixarte caer, desas polas que merece a pena subir ata a lua se fai falla. Lembro El Hierro nese intre, as baixadas incribles, lembro o meu Breamo e canto aprendín a baixar nese paraíso Montuno. Penso que pronto poderei unir todas as miñas pasións, e sorrío. Chego a meta ledo e máis vendo o crono, 1h 35, moi ledo. Despois da mala carreira en Arteixo necesitaba recuperar as sensacións.

E na meta agárdame a ducha, a sorte de chegar máis ou menos cedo fai que sexa unha cousa rápida. Xusto o ir deixar a bolsa chegan os meus compis do Cas, Cova e Valdés. Ambos recuperadísimos das súas doenzas. Cova é o máis parecido a unha insitución de este deporte, como lle dixen hoxe, cando ela non está nótase. Todos os equipos do mundo merecerían unha Cova, pero temos a sorte de que está no Cas Montaña.
Café en vena e cervexa cos meus compis esperando a chegada de amigos. Disfrutamos do ben chamado terceiro tempo e que tanto se desfruta nas cortas. Cos meus amigos de Ferrol, da Coruña, sempre compartindo momentos. Case todos coinciden na pena de ter que cambiar no derradeiro momento o recorrido por culpa do tempo, iso fixo que tanto a distancia 27 coma a Maraton fose moito mási corrible, haberá que esperar o ano que ven.
 E toca ir a buscar a Xoel na Ludoteca, espectacular en tódolos sentidos. Ven encantado. Baixamos a de novo e encontramos a Miguelín e xa non nos separamos, son moitas vividas e moitas que serán. De ahí o final callos, amigos e Rock n´ Roll, ¿podería haber algo millor? Eu creo que non.


Ningún comentario:

Publicar un comentario