domingo, 19 de maio de 2019

Trail Fuciño do Porco: ¿Onde carallo estaba o porco?

Cando as persoas poñen toda a súa dedicación, todo o seu cariño, as súas horas de vida, o seu esforzo e o fan de forma altruista, so para beneficiar a outros merecen un recoñecemento especial, por encima de todas as cousas que logo soen sair mal. Que podo dicir, eu hoxe perdinme varias veces, e foi cousa da mala sinalización, pero de todo se aprende, e estou seguro que o ano que ven estará máis que arranxado. E moi fácil falar a toro pasado mentras tomamos unha cervexa ou parolamos cos nosos compis pero tamén está ben valorar todo o bo feito por esta organización, que se estreaba, non o olvidemos e en todo o resto estivo a un nivel moi alto. E sobre todo cando aceptan as criticas cun sorriso e sempre boas palabras, así da gusto.
O trail Caolín Fuciño do porco está nun deses marabillosos entornos, a vez que descoñecidos, da nosa terra, somentes no viaxe en coche podes admirar lugares preciosos como O Porto do Barqueiro ou Espasante e o chegar a O Vicedo novamente marabillarte ante as súas fermosas praias.

Cedo, moi cedo, demáis, cheguei. Deume tempo a dous cafes entre que recollía o dorsal e o final chegou a miña amiga Lupe e os Pasa ou Entorna. Desgranamos as carreiras, uns ian a corta e outros a de 25(26 27 ou 28) e preparámonos para a saída. Fotos, e a chegada en masa dos Cas Montaña.

A saída tiña bastante historia, un quilómetro e pico de asfalto e xa a subida máis forte da carreira.
Non empecei mal, sentiame forte, e o que teñen os anos que no meu caso reconfortan, e así o primeiro planteime nun 4 18 e sen perder a estela dos de diante e da miña amiga Lupe, na subida outro tanto, fun bastante ben na primeira quenda e tamén na segunda, así ata que chegou a baixada donde comecei a perder metros pero seguía a velos alí o fondo. A subida preciosa, por monte, cun traballo de abrir camiños estupendo e a baixada das que me encantan primeiro progresivamente para acabar voando sobre os montes de O vicedo. Sen dúbida os meus millores momentos, e así cheguei o primeiro avituallamento, donde me din conta de que tiña un exercito por detrás. Estes quilómetros resultaron super agradables o coincidir con dous amigos do clube de Viveiro, cos que escachei a risa por momentos, así ata que nos pillou Sandriña no quilómetro once e pico, case doce. Difícil seguirlle a estela cando sube a este muller pero aguantamos ata o segundo avituallamento, a ela, a Javi Lourido, todo estaba cheo de amigos.
Amigos e vistas maravillosas, pouco máis se podía pedir, bueno sí, que non saira o maldito sol, pero para a miña desgraza fixo acto de presenza. Era un tobogán continuo, subías un tramo por puro monte galego e baixabas novamente, as veces por pistas, as veces por monte. Corrín moito máis do normal en min porque había moitos tramos para correr e tentei esforzarme no que máis me disgusta.
No quilómetro catorce ante nos aparece o Fuciño do porco, non a subimos pero poidemos ver e estampar a preciosidade de esta lugar, e as súas vistas incribles. E rápidamente, sen tempo que perder e aínda cun dos meus amigos de Viviero preto chegamos a Praia de San Román, a que cruzamos de un lado a outro.
 Estabámos xa a dez quilómetros de meta. Ia con menos forzas, e viña o peor intre da carreira. A zona da costa preciosa, para visitar con tranquilidade, sen presa, quedei abraiado por este lugar tan bonito
.
A partires do quilómetro vinte comeza a ruleta rusa, primeiro case nos perdemos en masa, fomos para atrás, para adiante, non se vían as balizas, ata que alguén viu unha e avanzamos. E pouco despois a falta destas fixo que nos perderamos. Nunha das veces desandei o andado e acertei pero a segunda xa foi imposible , era unha baixada a morte e cando me quixen dar conta levaba dous quilometros así que tiven que tirar de Wikiloc e coa ruta que nos pasará a organización, situarme. Non sabía que tocaba orientación, pero non foi nada difícil, conseguín enganchar case un quilómetro máis adiante pero cun plus que mentalmente era un grande peso enriba. Levaba un ritmo de unha hora e cinco cada tercio de carreira e así o meu soño de chegar as tres horas e cuarto acababa de estropearse.

Foron quilómetros duros. Voltamos a praia, neste caso a de Xilloi, e con pequenos repechos para enriba, outros para abaixo, pistas forestais e lugares abandonados fomos achegándonos o noso obxectivo. Fotografos (unha pena non voltar a verte Sonia), voluntarios, xente da andaina, todo o mundo animando. E por fin, chegas a meta, a ese lugar único e máxico, desta vez algo máis cabreado por perderme, pero contento por chegar. E alí están dous grandes, o meu Enrique ¨la bala¨ Pacin e Pauliña Cobelo para recibirme. O primeiro que me din despois de contarlles as miñas desventuras e que Lupe quedou primeira e pásaseme un pouco o cabreo, a verdade que foi unha carreira dura, converteuse en dura seguramente polas circunstancias e bonita, con moitas baixadas e subidas por monte, como a min me gustan.
Ducha helada, risas nos vestuarios, e que moitos collos pa facer os 28 quilómetros pero logo nos poñen as duchas frías e todos reculamos. E así, contento polo gran ambiente pasamos a parte final, a comer e beber, que todo e encher, e esa parte que tanto nos gusta.
E a entrega de premios con sorpresa, pois amáis de Lupe e David, o Cas Montaña sube o podium como clube máis numeroso¡¡. E faime moita ilusión, que queredes que vos diga, sei que na miña vida serame case imposible conseguir un podio individual así que cousas coma estas enchen.
Un día precioso, cheo de amigos, curto para certas cousas, longo para outras, e aprendendo leccións cada día. Cun ambiente estupendo, creo que fai tempo non me ría tanto durante o trail e iso e porque as xentes que formades parte deste tolo mundo sodes realmentes especiais. Seino, algún cabrón tamén habrá, pero son tan poucos que non poden resaltar.
Eso sí, o meu dedo pide descanso, así que non sei se poderei ir a Melgacho o domingo, senón a próxima cita está marcada en vermello no calendario e chámase Traveserina.




Ningún comentario:

Publicar un comentario