domingo, 5 de maio de 2019

Quiroga Trail Challengue: God save the lor

Dolor. Profundo dolor. Alegría. Insultante alegría. Así foi a miña experiencia nesta Marathon do Lor. Sentimentos antagónicos, sufrir e disfrutar, chorar e sorrir, o ben e o mal, o heavy e o reggeaton🤣🤣🤣.
Cheguei o venres para a charla coa sorte de encontrar a Felipe Cordal e poder compartir cea, nervos e todo iso que che pasa pola cabeza cando vas a facer unha inconsciencia como esta. Agradecino moito. Antes de durmir deixar todo ben preparado, para perder pouco tempo e non esquecer nada. Estrenaba zapatillas, por causa de forza maior, e camiseta do clube. Eso non m preocupaba tanto como o mes que levaba sen entrenar nin competir. Todos me dicían que estaba tolo, que o Lor podería comigo, e si, foi a carreira que estivo máis preto pero non o conseguiu 😊😊😊.
Pero imos o allo, quedara para desayunar no Chapa coa miña gran amiga Lupe, e coa grandes Óscar e Feli, un reencontro agardado que me cargou totalmente as pilas. Hai persoas especiais que fan que a vida dos demais sexa máis feliz🤗🤗🤗
E despois de encher o buche fotos con Blanquiña, charla con Luis e José Juan, os únicos do clube que viñan a carreira.
Saúdos con todo o pelotón familiar da carreira e pasamos o control. Xa estabamos dentro. Notabanse os nervos, as gañas de saír e sen tempo a moito máis o gran Jabali do Sacho deu a Saída. 8 da mañán, por diante 47 kms e 6000 de desnivel, pero na carreira dariame conta que todo e relativo.
Primeiro quilómetro de asfalto a bo ritmo e xa, sen parón, a primeira subida, empeza paseniño e o final unha pedazo vertical. Subin ben, sen máis atrancos que ser o principio da carreira. Primeira baixada e a tope, iso si, cando chegamos o monte imos máis a modo, as baixadas son tremendas e o medo e libre. O terreo revirase moitísimo e empezo a darme conta que a tecnicidade estará en toda a carreira.
Chegamos a segunda subida, aínda no quilometro catro. Bestial. Durísima, preciosa, e chego arriba medio morto, tanto que non dou corrido nas partes que debería, e chegamos, perdendo moitas posicións a Parteme, donde está o primeiro avituallamento, a xente dando pulos no pobo, unha auténtica gozada. Seguimos a subir, sufrindo, e empezando a notar o mareo das patas, e segunda baixada do día, esta moito máis corrible por partes, na única que poiden disfrutar de verdade cando menos na primeira quenda. A paisaxe preciosa, fervenzas, aldeas sin electricidade e conexión a internet, vistas marabillosas, non se podía pedir moito máis. Xa solo por iso merecía a pena estar alí.
E toca subir de novo ata chegar a Xestoso, sufrindo, gozando, rodeado de pensamentos positivos, de persoas positivas, así debería ser a vida.
En Xestoso paro, bebo, como e me relaxo e aproveito para por un pouco de heavy metal, vaime vir moi ben no seguinte tramo, iso sí, a volumen medio para poder escoitar calquera aviso e non perderme nada do ambiente. Unha baixada mortal e chegamos a nosa primeira incursión no río. Total e absolutamente bestial, para xente coma nos, tolos perdidos, subindo por pedras molladas, agarrados a cables de ferro nas rochas, resbalando aquí e ala, trepando, disfrutando moito de parte máis técnica da carreira. E así paseniño, xa que o ritmo era o que era, chegamos a parte bucólica da carreira, no quilómetro dezasete e o final da ponte colgante a aparición de Sabela Fraga animaría ata a un morto, dame un subidón vela alí e son os meus millores momentos da carreira, tanto que nese intre levaba media de menos de nove horas, nin de lonxe o final.
E así chegamos A Labrada no 19 e alí, o avituallamento con chapuzón no río, unha das partes maís frías e fermosas que fixen nun trail, cruzar a chapacuña do río, apoyado nos bastóns, iso sí, tentando non caer pero disfrutando do fresquiño do rio, da natureza.
Ata Margaride nos agarda a cuarta petada do día e a baixada na que me acompaña un dos escobas que sairá a partir do 25, vou entretido e ises quilómetros pasan voando.
Chego o avituallamento espectacular, dicir que os voluntarios incigualables en cada posto, dando ánimos, axudando, o que facedes non se podera nunca agradecer de todo.
E sabía que chegaba a parte mais dura da carreira, case 10 quilómetros sen descanso para arriba e o peor e que empezaba a dar o sol, e os que me coñecedes xa sabedes o pouco que me gusta. Sumemos que as pernas xa van cansas, e que despois de varias caídas o corpo vai dolorido. Pero a cabeza, ise elemento fundamental na vida fai que todo eso se minimice. Iso e o espectáculo que e O Courel para os sentidos.
O camiño ata a Cerdeidiña e durísimo, a subida nin jabalis, vertical, as pernas xa resbalan, o levar os bastóns non podes agarrarte, por momentos desesperas, subes paso a paso, textual, pero coa mente posta en seguir sempre adiante. E así chegamos o quilometro 30 donde non estaba Sabela pero si dous voluntarios con auga que nos salvan a vida. E seguimos subindo e aquí encontro a Jorge que non vai cómodo co sol. Imos case andando ata o 35, aquí remata esta subida incrible acentuada polo calor.
Toca baixar de novo a Parteme, deixome caer pero cústame un mundo, arrastrome e chego o derradeiro avituallamento. Levo 8 horas, perdín case unha neste último tramo, pero sigo coa miña idea de chegar antes das dez horas. Volvo a baixar case a rolos ata o río e ali o mismísimo inferno, vou tan mal que todo me resulta difícil, e a parte técnica fai que teña que usar tdas as miñas tácticas mentais para continuar. Os quilómetros non avanzan, nin os metros. Sube, baixa, río, río e máis río, pedra, auga, caídas de cu, de lado, e chegamos ás cordas case no 43 nas que por culpa dos bastóns dou unha volta de 180 grados para darme un bo golpe na espalda, non fora a ser que levará algunha zona sen marcas🤣🤣🤣.
Doume conta que case será imposible conseguir o obxectivo temporal, fastidiame pero chegarei, agora xa o vexo cerca. Queda a última subida. Os fotógrafos dando ánimos, os compañeiros dando ánimos, os amigos dende a distancia ou telepaticamente dando ánimos.
 A subida e para morrer pero paso a paso, clavada a clavada, chego arriba. Agora queda arrastrase para abaixo. Pinar precioso como tantos, ando rápido, todo o que o corpo me permite andar e xa vexo Quiroga. Un último esforzo, son as seis, será algo máis pero chegarei. Sempre hai unha recompensa cando fas algo co corazón e té entregas o cen por cen. Na recta xa oio a Felipe Cordal animandome e antes de entrar me recibe o gran Jabali do Sacho micro na man. Entro a tope, de subidón total, e cando cruzo a meta e ali gritando coma tolos están todos os meus amigos do monte emocionome moito....Lupe( enorme podium outra vez), Óscar ( tiempazo), Alex, Alexis, Bego, Su, Trini, Javi e dos que me esquezo...a vosa ledicia, o voso animo fixo que está fóra a millor entrada en meta da miña vida, so por eso voltaría a facelo. E como premio final chega a miña compi Blanquiña.
 Emoción, dolor, felicidade, sufrimento.
Amigos, ninguén dixo que fóra fácil, como dixo o gran Javier Rubio de 69 anos, que fixo a Ultra, o trail e vida, nos axuda a vivir, a ser máis felices, a superar os nosos retos, a conectarnos con outra dimensión.
E canto máis dureza e máis esforzo máis e a satisfacción do conseguido. E directamente proporcional.
Enorme a organización con Blas e Tourgalia a cabeza, os voluntarios, os fotógrafos, e os corredores, sempre cun sorriso, sempre animando o pasar o meu carón, amigos do monte. Da igual que sexas Cas montaña, Pasa ou Entorna, Running Oleiros, Toxos e birras, Jarnachos, Tribu Trail...somos amigos do monte e iso lévase no sangue.
O trail máis duro de Galiza, sen dúbida. Próximo reto, Fuciño do Porco. Grazas a todos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario