domingo, 30 de setembro de 2018

Carreira da auga de Sada: Cando se anda aquí???

Reflexar nunha subxectiva crónica todo o que rodea a esta marabillosa proba seria imposible. A entrega, o traballo, o tempo, todo o que poñen tantas e tantas persoas de tan alto grao humano non se poden medir con palabras. Só me queda erguerme e aplaudir porque no mundo e na vida siga existindo xente coma Felipe Oza, Carlos, Raquel, Cris e todos os que forman a familia do Cas Sada. Hoxe sinto orgullo de pertenza e cando Edel me preguntou porque seguía pagando e apuntado a pesares de serme imposible acudir os entrenos, velaí a resposta. Sempre comprometidos coas causas sociais, cos colectivos desfavorecidos e hoxe doando cada Euro recaudado aos que o precisan. Si, o que oistes, TODO, non un Euro como outros os que se Lles enche a boca e son corporacións oficiais. Ole, ole e ole.
Quince días pasaran na miña vida despois do Xtremelagos de Covadonga. Quince días como para moitos de vós de estrés, traballo, adaptacións, carreiras dun lado a outro, perdas, quince días tolos sen entrenos, sen nada de nada, vivindo a contracorrente, con sentimentos encontrados, con reencontros agardados, con nova semente e por fin unha idea clara. Quince días nos que tiven o meu lado a todas esas persoas que seguro serán o meu futuro.
Así, con desconfianza, chegaba esta mañan a Sada, a miña segunda casa, a unha carreira que descoñecía nun terreo que si coñecía moi ben, pero e como chegar a casa, recollida do dorsal, cheguei moi temprano, case as nove, como e normal en min. Non fun tomar o café regulamentario e e que os seres humanos somos raros, se vou a calquera lugar descoñecido entro onde sexa, pero en Sada, en Sada teño os meus sitios e ningún estaba preto de aquí. Así que nada imos o coche e a prepararnos. Decidín que o día era apto para o minimalismo, nada de cintos nin nada enriba, había que subsistir co que tiña dentro de min. Bebín un pouco, puxen o chip e adiante, a por todas. Este finde ando a ritmo de Rock Fm e as 500 millores cancións da historia, día e noite mantiven a radio acesa para deixarme levar por a miña gran paixon, a música. Aínda agora namentres escribo fágoo o ritmo de AC DC The police Queen Guns n Roses The Ramones, a banda Sonora da miña vida, saboreando o derradeiro top 20. Así que de ritmo ía ben, moi ben, pero non probar a rodilla dende Asturias medo me daba.
Cheguei a saida e alí unha inmensidade de amigos, Edel, Iago, Ángel, Fede, Barry, Edgar, Suka e Carlos, Fabiola, Nine, Felipe paiasiño Oza, comezamos a quentar un rato xunto a Ángel, outro xunto a Barry, collendo ritmo. Vexo a Begoña Pacio compañeira do Pasa e Entorna e automáticamente venme o recordo asturiAs e os meus amigos Lupe, Oscar, e demais tropa. Sigo quentando, quedan cinco minutiños, hai moitísima xente, isto e un éxito, cada pinga de nos e unha marea para os que o necesitan. Había que estar aquí.
Chámanos para a saida e imos collendo posicions. Máis ou menos polo centro, nin arre nin xo. Saímos cara o meu Carrefour, neste intre acórdome que estou de garda🙄🙄🙄🙄. Como me chamen vai ser boa😂😂😂😂. Tres, dous un e saímos!!!. Durante o tramo que discurre entre ida e volta o Carrefour un tráfico inmenso, o difícil era non ir tropezando con ninguén. Vou pasando xente e creo que vou algo rápido de máis e me pode pasar factura pero mentres me encontre ben e millor tirar. Primeiro quilómetro polo paseo marítimo a ritmo de 4 40, non está mal Pa un de montaña. Sigo forte, notome ben, tiro un pouco máis, metémonos xa na estrada cara A Coruña e xa empezo a oler as costas, onde o resto Lles agobia a min e onde máis me gusta. Dous quilómetros e 9 12, non vai mal, pasamos o cruce do Tarabelo e veña a subir, e aínda que e o meu, de forma inconsciente cada costa que vexo penso...por que ninguen
anda???. Así k eu tampouco o fago, sigo o meu ritmo diesel e aproveito para ir adiantando, pasamos por diante do cole de Xoel en Mondego e invademe a felicidade. Él e a felicidade. Unha baixada na que me pasan todos os que adiantei e outra vez para arriba. Catro quilómetros e 18 😊 minutos. Aquí empeza a subida dura, síntome ben, pero coa boca seca desexando que chegue o avituallamento para poder refrescarme e e que o meu non amigo sol acababa de aparecer dándoo todo😔😔😔. Por aquí o máis bonito, pasando o lado de montes árbores e natureza, tentado estou a meterme nalgún camiño, o meu amigos e o monte. Bebo no avituallamento e paro, nadie o fai, a min eme igual, xa vos collerei. Refrescome e ahí ven a costa abaixo. Coñezoa ben, e o a estrada que vai cara a Riobao, onde vivín moitos anos, onde parte do ano vive o meu fillo, lugar que gardo no meu corazón. Non baixo ben, nunca, pero hoxe baixo con medo pola rodilla así que me pasa moitísima xente, non importa, miro o reloxo e así que vou moito millor do que pensaba. Chegamos o cruce e só nos quedan dous quilómetros, todo en recto, intento apretar pero as forzas aquí xa están escasas, aínda así doulle gas e adianto ata chegar o paseo, aquí o factor psicoloxico xoga e véxoo tan cerca que me relaxo. A ritmo diesel, sen prisa pero sen pausa, un corzo remata os seus dez k de asfalto máis contento que unha perdiz e máis se na meta o que agardan son Fran e Iago, compañeiros de montaña, e ahí, un por un fomos agradando os nosos, porque si, amigos do cas, non o tomedes a mal, pero os da montaña son un mundo aparte, un grupo de persoas incribles, unha secta dentro dos 1500 que forman este inmenso equipo. EQUIPO con maiúsculas. 46:48, sei que poiden facer algo máis na baixada pero polo resto, e tal e como son, dino todo nesta carreira.
Unha mostra do bonito desta proba foi a entrada do alcalde e a nosa futura alcaldesa en foto finish un detrás do outro, cunha sorrisa, apoiando e estando onde hai que estar.
Bolsa do corredor, ducha e a ver a miña sobriña Mara que corría na de infantiles e que fixo un carreron, moito millor que o seu tío o día que se estrenou. Ogallá lle guste e ogallá algún día descubra o bonito do monte. Porque si amigos, síntoo polos que amades o asfalto,os que respeto, pero de correr polo monte a isto, hai un mundo, o que o proba sempre repite, e normalmente queda. Non importan as marcas, as veces nin os postos, importa a conversa que compartes con alguén que onte non coñecías de nada, as cervexas do fin de carreira, a comida, o compañerismo, o bo ambiente, os amigos, a natureza, a lama, o auga, os toxos, as xestas, as subidas interminables, as baixadas suicidas, importan os sentimentos.
Pero para ser asfalto a carreira da auga e un referente en organización, en participación, centos de nenos disfrutando dunha mañan de deporte, encomiable o esforzo. Non xuro que repetirei porque estou totalmente namorado do monte e se hai monte o mesmo día😊😊😊, pero senón aquí estarei. Grandes, moi grandes, Cas Sada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario