domingo, 9 de setembro de 2018

Trail Terras do Mandeo: Simbiose

As veces a terra, a que tanto lle debemos, te devolve de unha ou de outra maneira todo o que lle das. As veces temos días malos, moi malos, e outras parece que hai algo neses camiños que pisamos que te impulsan cara adiante.
Tiña unha conta pendente con Betanzos, os rapaces da miña quinta de Miño elexian entre Pontedeume, Sada ou Betanzos e eu sempre tirei cara o Eume, pero nas ocasións que baixamos a Betanzos sempre foi un desastre. Tíñao atravesado e revirado, e a pesar dos anos nunca fun quen de establecer ningún lazo coa cidade dos cabaleiros. Nunca é tarde. Hoxe saldei parte desa débeda e voume cun gran sabor de boca grazas a @chopimdebetanzos e as vellas non paramos. Imos o allo.
As sete sonou o despertador, era temprano, pero é que sempre me gusta ser dos primeiros en chegar. Desayuno tranquiliño, facer a mochila e a recorrer ós escasos 15 quilometros que hai entre A boca do Monte e a nosa cita de hoxe. Aparquei e subin cara o dorsal, non había case ninguén e aínda estaban a montar os de championchip norte. Primeira cafetería albiscada e alo imos! A cumprir COAS nosas rutinas.
Reviso a bolsa do corredor e atopo unha camiseta chulisima do trail e un dorsal moi pequeno, que logo a moitos nos daría problemas. Penso neste intre, que paguei dez euros pola inscripción, que me dan unha camiseta, unha tapa de callos a repetir, unha cervexa, auga, refrescos, avituallamentos, disfrutar dunha carreira preciosa e que me tratan coma a unha raíña...que máis se pode pedir?...si, xa o sei, sempre hai peros, sempre hai errores porque somos humanos pero as veces penso que hai moito altruísmo no trail e me encanta porque ese é o fundamento da natureza, coidala e coidarnos, disfrutala e disfrutar da vida.
Son as 8 45 e escomezan a aparecer amigos, Felipe Cordal, Sonia, Rosa Armental que hoxe facía a andaina e Arantxa coa que compartirei experiencia a semana que vén no Xtremelagos de Covadonga🙄🙄🙄😌😌😌.
Saio a facer os últimos preparativos no coche, as últimas manías previas, hoxe moi pendente do estreno competitivo das miñas lasportiva akasha e non poido ser millor. Volvo a subir e alí andan xa dous mil do cas Sada, a metade non os coñezo porque son asfalteiros e a distancia mini de dez quilómetros era moi apetecible. Si estaba o mestre Franky, Pedro,Suka y Javi, Barry, Manu, o estreno do gran Ángel Pombo, Jacinto....e tb vexo a Pauliña Cobelo e os compis de altafit Odeón,  a miña Sabela Fraga, Pauliña Prado, Manu Muíño, Chispy, o gran Pichi, e Carlos amigo o que por fin coñecín en persoa, unha alegría poder compartir momentos con persoas coma eles.
O máis importante, e gracias a Barry, antes de saír fago unhas costas arriba e abaixo, uns estiramentos e xa noto como a rodilla esta moito millor😁😁😁,a pesar diso levo a rodilleira por si acaso.
Collo sitio por diante xunto a Paula Cobelo, primeiro Saen os de 25k e dez minutos despois e o noso turno. Síntome ben, coa cabeza forte, con boas sensacións, tres, dous, un...saímos...✈️✈️✈️con velocidade de cruceiro, primeiro quilómetro a 3 45, na miña vida, e o segundo a 4 15, fundamental para o desenrolo da carreira, primeira zona ista asfalteira, e primeira subida no tres tb asfalteira, o caso é que chego o km 5 en menos de media hora, con boas sensacións, sen afogar aínda é disfrutando.
Segunda subida, que xa me gusta máis, e unha baixada espectacular na que Volvo a sentirme a tope. Segundo avituallamento e empeza a festa, a partires de aquí preséntovos o Río Mandeo, precioso, merece a pena visitar este entorno, recorrer con tranquilidade as súas rutas, oír a música das súas augas, oler o son da natureza en estado puro e sentirse en plena simbiose co mundo.
Falando do trail a zona máis dura sen dúbida, aquí acompañado dun gran amigo, o gran Pichi, o que perseguirei de aquí ata preto da meta. Son varios quilómetros de río, trazado técnico e dura subida por monte, moi tipo Lor, góstame, pero sufro.  Pero todo o que sube ten que baixar e iso é o que nos agarda, unha pedazo de baixada que me recorda a de Breamo, disfrutoa o máximo pasando a toda a xente da andaina. Derradeiro avituallamento e só quedan 4 quilometros. Os meus cálculos máis optimistas eran para unha hora e media e non andarei lonxe. Iso si, relaxo ó ritmo neste tramo, dame igual chegar de 50 que de 70, quero chegar enteiro. Tódalas costas ás fago andando e o creades ou non para min é o momento de recuperación porque sufro máis nas rectas, cando non podes parar de correr, asi son.
Repechiños de subida e baixada por sendeiros e xa chegamos ós dous quilómetros de asfalto cara a meta. Aqui si que corro todo o rato a bo ritmo, aínda con forzas, ata chegar a porta da entrada a cidade vella, ahí pido papas que esa costa non é Pa min😂😂😂. Suboa andando ata recobrar o alento e facer a última subida xa correndo, contento, co obxectivo máis que conseguido, disfrutando moito e pensando que ogallá o sábado en Covadonga teñamos este clima, o estar nubrado o principio e ser tan temprano non me molestou o sol, e ogallá poida estar así de ben porque será a miña única posibilidade de pasar o corte e rematar o gran reto da miña primeira temporada de trail, pero iso será outra historia.
Abrazos, recuperación cunha boa cervexa, amigos, callos e algo de polémica no trail longo xa que ó parecer perdeuse moita xente nunha zona e fixeron kilómetros de máis, outros de menos, o que o final desvirtúa un pouco a clasificación final. A pesares disto teño que dicir que a organización de dez, o noso trail moi ben balizado, con xente nos cruces, voluntarios marabillosos sempre animando e un gran fin de festa.
Sabedes? Dende que me metín na cabeza a idea tola de facer o trail cultural dos Andrade intento aprender de todos, intento tamén empatizar cos organizadores, levo só uns meses pero asegúrovos que moitas horas de descubremento, desbroce cos meus paos, sufrimento e o fago por min pero tamén pensando en vos no futuro, evaluo cada subida, cada baixada, cada lugar para tentar facer o segundo trail mais bonito do mundo, o primeiro xa sabedes que para min son as fragas do Eume. De soños tamén se vive, con eles nos alimentamos, sin eles que teriamos?
O próximo sábado me esperan en Cangas de Onís, pase o que pase aquí o contarei, seguro que o voso alento me axudará a dar máis cando o meu corpo xa non poda😊😊😊😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario