domingo, 14 de outubro de 2018

TRAIL DO SOXAL-TRAIL RIBEIRA SACRA: DOUS POR UN

Dalgunhas locuras salen cousas moi boas e iste fin de semana foi un grande exemplo. A verdade e que en ningún intre estaba na miña cabeza facer dous trails no mesmo fin de semana pero as circunstancias foron sucedendo de tal modo que o final isa foi a consecuencia. Bendita consecuencia. O caso e que  grande parte de vos pasei esta semana entre mocos, catarro, fiebre, por suposto sin ir a entrenar ainda que sí a traballar, total, que estaba feito polvo, o xoves escomecei a levantar cabeza e a noite cos meus compañeiros do cas montaña no terceiro tempo foiseme poñendo un run run con nome de trail do soxal ou oza cesuras. Deixeino pasar pero o día seguinte o darme conta que estaba de tarde e que o trail empezaba as dez e media decateime de  que podía participar, e que millor entreno pode haber que 15 marabillosos quilómetros polo monte. A partires de ahí e gracias a Chopim e as Vellas non paramos todo foi rodado. A miña idea era clara, ver como estaba, si era capaz de respirar en condicións e decidir se ía ou non a ribeira sacra.
SABADO 13
As oito e media xa pululaba por Cesuras, recollin o meu dorsal e tentei buscar un bar para tomar o cafe reglamentario, tarea imposible. A contagotas foron chegando os compañeirosas entre eles Felipe , Enrique A Rocha Pacín, Cova campiona galega, Arantxa, SuperFede, Valdés, Gelo, e case o final José Luis, o ambiente era totalmente festivo, fomos xuntando máis xente, Hector, Silvia, unha banda de moito coidado, e trala foto oficial chegou o momento da saída.
Non sabía que pensar, tampouco moi ben como actuar, non podía exixirme moito porque non tiña gasolina así que tocaba utilizar a cabeza, iso últimamente estaseme a dar moito millor.
E saimos...un pouco asfalto e baixando a toda pastilla con ritmos de catro minutos, así ata a primeira subida que aínda así a fixemos rápido, case todo o mundo correndo, eu andando rápido, por suposto. No quilómetro catro se tivera que tomar unha decisión sería que non correría o día seguinte, pero sei que non me podo fiar desa sensación porque empezo sempre fatal.
A partires de aquí e ata o avituallamento subes baixa por pistas prácticamente sempre, pequenas pero duras subidas uníanse a rápidas baixadas. Nese intre xa se me veu a cabeza o posto no que ia quedar, non me digades porque pero sabía que ía quedar de 69, e non fallei nin un posto. Non ía mal, pero a maioría da xente corría seguido, eu andaba nas subidas e aínda que despois recortaba nas baixadas facíaseme difícil avanzar postos, tampouco me importaba, realmente a miña intención era disfrutar e pensar que facer o domingo.
Teño que dicilo, se Chopim e as vellas fan máis trails virei sempre que poida, a organización e un luxo, grandes persoas, todo ben balizado, preparado, ¿que máis se pode pedir? Está claro que non e o courel, nin riberia sacra, nin o Xistral, e o que é, pero dentro do que é foi un trail moi bonito. Monte, monte e máis monte e moita afluencia para ser o primeiro, pero e cando se fan as cousas ben nótase.
E ahí seguíamos subindo o Soxal, a verdade que a partir do quilómetro oito empecei a encontrarme moito millor, tanto que a partires da última súbida se me preguntabas diríache que o domingo as oito da maña estaría en ribeira sacra, e comecei a disfrutar de verdade, a baixada espectacular, iso si, coincidindo coa andaina, o malo ter que sortealos, o bon que non paran de animarte e iso e un plus tremendo. Sufrindo, pensando, disfrutando, e esta vez correndo cheguei a meta en 1h 36 m, moi ben para mi e as miñas circunstancias, podio pra as máquinas do cas Jose Angel e David e a Rocha Enrique que fixo un carrerón incrible chegando por diante de Felipe e Jose Luis, en 1 25. O resto xa foron chegando, todos cun sorriso na boca e recibidos por todo o resto de compañeiros. A verdade e que e un luxo ter compañeiros así, pena non poder pasar maís tempo xunto a vos. E así tendo que irme correndo a traballar remataba o trail do soxal, cunha idea clarísima e un subidón tremendo, que pasara rápido a tarde para a noite preparar todo e saír as cinco da mañan cara a Ribeira Sacra, pero non todo ía ser fácil.
DOMINGO 14
...E así o fixen. O primeiro erro foi a ruta, era de noite, chovía a chuzos e a miña idea era chegar as oito para ver saír os da marathon e que a miña amiga Lupe non quedara soa, xa que o final tamén corría a distancia de 24 e Oscar e o resto a de 47. Total que fun por Monforte, creía que con gasoil de sobra, pero me equivoquei e a esas horas págase, cando cheguei a estrada que vai a Luintra, toda chea de curvas, quedábanme 80 kms de reserva, cando chegei a Luintra marcaba 5. Paseino fatal, o final vía que como me perdera non chegaba, xa por non falar de encontrar pola tarde unha gasolineira preto, pero iso e outra historia. Aparquei mal a un lado preto da saída, e saín correndo polo lado equivocado, o final din toda a volta e chegeui xusto para ver sair os Heroes dos 47 kms e 3000+, e xa o chegar vin a Lupe, e fomos a tomar un cafe que pasou como unha exalación e partires de ahí fomos a prepararnos, a trotar, tiñamos moitas dúbidas con se levar chubasqueiro e a verdade que fixen ben non levalo pero houbo momentos coa chuvia nas partes altas que se necesitaba, non levanos bastóns e ahí acertamos. Pouco a pouco ia chegando a hora, vimos a Rosiña Armental, a Moss e Susana, e tantas e tantas caras coñecidas. Antes de sair xa lle dixen a Lupe que ía gañar, e non me equivoquei, menos mal que estabas enferma.....e alí estaba Depa para animar o cotarro e facernos a conta atrás...e saíron coma foguetes, a Lupe vina un ratiño, namentres baixabamos e ala, atalogo, e a centrarme na miña carreira, sabía que sería dura, difícil, pero claro despois de decidirme a vir e facer os dous trails tiña que terminalo. Era o meu reto, se o final iso e vida non, retos, metas, obxectivos, saír da rutina e intentar facer algo distinto e disfrutalo, niso ia pero chegou a primeira subida e cagueime vivo. Subida por monte medio arrastrándonos, agarrándonos o que podíamos, moi tipo Lor, ahi pasou un rapaz que me dixo....esta subida ben merece un párrafo....😁😁😁 e tanto que o merece, ahí si que pensei que como fora así moito rato non remataba, gústanme as subidas pero era tremenda, moi tipo Lor e aínda estábamos no quilómetro tres. Din gracias cando chegamos arriba, pero iste non e un trail sinxelo, e un trail de monte de verdade, así que íamos por sendeiros e de repente outra subida por monte, baixábamos por un terreo imposible e outra subida máis. O do terreo merece mención aparte, as choivas de onte facían que non estivese embarrado pero sí molladísimo, metías o pe e parece que estaba o firme vivo, que facía o que quería, isa foi a sensación, así que o de gañar tempo nas baixadas, nin de coña. E nunha desas coñecín o único compañeiro do cas que estaba hoxe, Mario. En cantado¡¡¡
Primeiro avituallamente no quilómetro sete e a partir de aquí sube baixa por sendeiros, cordas, tráfico de máis, caídas, cus o chan, pero leveino millor, incluso correndo bastantes partes do recorrido, pero aínda nos faltaba o millor deses primeiros dez quilómetros de tolos. Outra subida combinando monte, desas que miras para arriba e ves os compañeiros ala onde non te chega a vista, e algo de pista, unha subida tremenda outra vez, agarrándome a todo, facendo de tripas corazón e pensando que aínda nos quedaba un mundo. A vez que pensaba isto, ia marabillado co que veía, puro monte, todo o rato, pena que a neboa imposibilitara facer fotos e recrearnos coas visións da ribeira sacra.
E chegamos o segundo avituallamento  con gaiteiro incluído, púxenme as botas, parei un rato, foran dez quilometros tremendos, levaba máis de duas horas e dez de carreira, pero a partires de aquí escomecei a sentirme millor, non sei se foi a alimentación ou simplemente que o corpo conseguiu adaptarse a situación. E veña a subir, porque aínda non remataramos, sí e verdade que esta parte da subida xa era máis por pistas, e agradecino a pesares de non ser tan bonitas, e xa chegados o punto alto tocaba senderear, iso sí , arriba e abaixo, sube e baixa, a miña uña me estaba a dar moito a lata e había moita pedra solta que evitar, ata que chegou a tremenda baixada, que o encontrarme xa algo millor poiden facela máis rápido, pero sin chegar a volverse tolo porque era prácticamente sobre pedra, así que vista o chan total....e así fomos chegando o mosteiro de Santo Estevo, xa o coñecía, impresionante, e o avituallamento no seu interior e inolvidable, novamente pareime sen prisa, comendo, bebendo e enchendo o bidón pero pasou algo curioso, o que viña era a última subida, a que dicían máis dura, non por como era, senón por como chegabas, ahí tomei a millor decisión, puxen os cascos e levaba preparados dez temazos de  metal, Rhapsody, Helloween, Gamma Ray... non sei como explicalo pero foi empezar a sonar o Esmerald Sword de Rhapsody e foi como se me meteran un petardo polo cu, a partires de aquí e ata o quilómetro 21 fun a tope, cantando, abrindo os brazos, facendo air guitar, quen me vira pensaba que estaba tolo, pero non¡¡ acababa de encontrar o TRAILMETAL ¡¡¡ E non esaxero nada, foi un puntazo, foiseme a sede, notaba as pernas como novas, e incrible como pode funcionar na túa cabeza unha simbiose deste tipo. O malo foi que veu unha avispa a picarme, así en pleno vo, namentras eu corría, picoume na cabeza e iso fodeume un rato, non moito porque ía como se me houbera fumado dous porros, nunha nube, sorrindo, con ganas de chegar, e vendo que o meu obxectivo das catro horas seguramente non o ía cumplir, non por moito, pero o de facer dous trails no mesmo fin de semana e rematalos con dignidade sí, e alí estaba Depa para poñernos máis metal e recibirnos.
Foron posiblemente os catro quilómetros máis felices dende que corro trails, e iso que eran en subida, pero e que non podo explicar a sensación de xuntar as miñas dúas grandes paixóns non humanas, o Trail e o Metal, era a primeira vez que o facía, agora sei que non será  a última.
O trail incrible pero durísimo, saíronme 1500+ de desnivel, tremendo, fai honor a súa sona, mereceu moitísimo a pena, volverei seguro, aínda que dudo que me atreva con de 47, xa que me parece dun nivel estremecedor.
E chegou o postrail, unha ducha, por suposto Lupe gañadora e Arca gañador do longo. A partires de aquí disfrutando da tarde agardando a chegado de Oscar que fixo unha carreira espectacular chegando e 8 horas e como unha rosa, tamén David Senra que fixo 6 50, tempazo tremendo o alcance de poucos, e a comer que fomos, e quedamos abraiados coa variedade, a cervexa a tope, xamón, queixo, arroz, postres, unha pasada, alí nos xuntamos con Rosa e Manuel, e chegou o intre de pensar en como solucionar a miña volta a casa, tiña que buscar unha estación de servicio, o caso e que vimos unha e preguntamos a escasos tres quilómetros, o malo e que cando nos montamos no coche marcaba....0¡¡¡¡¡, arriesgamonos e ala fomos coa grande mala sorte de que ese día xusto estaba cerrada. A máis cercana estaba a 12 quilómetros pero o que ten amigos ten tesouros así que entre todos axúdaronme e ala me fun co Manuel a buscar unha garrafa e poder voltar a casa despois dun día precioso, en gran compañia, disfrutando dun dos mellores trails que fixen e pasando momentos únicos en carreira, necesarios, porque ás veces son ises momentos de lucidez nos que decides as cousas, nos que pensas en todo o que deixaches atrás e che doe o corazón, nos que valoras todo o que fixeches mal pero tamén sinteste orgulloso dos que tes ahí, de Xoel, da familia, dos amigos que non merezo, e ainda que lle das voltas a todo daste conta que a vida sigue, que sempre hai algo que merece a pena ahí o outro lado e que sen retos non hai soños, e quen sen soños non seriamos nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario