sábado, 5 de maio de 2018

The lor of the trails

Precedido por unha fama unánime e recoñecido como o trail máis duro de Galiza so a un novato se lle podía ocorrer facer despois de camovi e xalo o trail do Lor. Ese loco novato son eu.
A historia escomeza moi tempranillo, as seis partía de Miño co obxectivo de chegar a saída do ultra e o Marathon e abofé que o conseguín, xusto e coa sorte de atopar un sitio preto. Corrín e alí estaba xabali dando a conta atrás....saquei a cámara e momento inmortalizado. Bravo, auténticos heroes do trail, que envexa. Ahí xa tiven o meu primeiro encontro con Bego Lois e Susana, saudeinas e cara o chapas a desayunar. Tiñan buffet pra o corredor por tan sólo cinco euros, eu son de piñón fixo e antes do trail só tomo o meu café con leite dobre. De alí a recoller o dorsal e o segundo café coa gran sorte e fortuna de que tras de min entraron a plantilla de pasa ou entorna e a miña amiga Lupe Rubio, acabouse a soidade e empezou a festa, xente estupenda como tantas do trail, compartimos moitos sentimentos e iso nótase. Un ratiño e a prepararse, poñer o dorsal coller os guantes que boa falta m farían e a correr un pouco, de camiño encontro o gran Gelo que vai a larga de 25 kms, tremendo. E baixando atopo a un amigo e nos poñemos a correr xuntos, e digo un amigo porque podías ser ti ou calquera, e poderiamos ter a mesma conversación, a nosa paixón, o monte. E imos pra a meta...control de dorsais, dous bicos de Tina Formoso e xa sabía que iso m daría sorte, saúdo a máis xente e unome a Gelo pra a saída. No segundo café outro amigo nos chivara un pouco os pormenores do recorrido, así que ía sobre aviso. Xabali a tope e conta atrás!!! SAIMOSSSSSS...
Primeiro quilómetro de asfalto, un xiro a dereita e a subir, polo camiño saúdo a SuperMoss Fraga e Sabela, as dúas a 25...enormes!!. E seguimos para arriba e cortalumes que té criou, non era o do xalo, pero chegaballe, moi incómodo polas pedras. E tdo o que sube ten que baixar e alá fomos aínda que pouco nos durou a alegría, enseguida primeiro embudo e xa vexo a Bego" la tía de la vara ", dirixindo o cotarro, e outra vez a subir pero esta vez monte puro, agarrandonos os árbores, camiñando sobre terreos resbaladizos e así un largo tramo, matador, pero precioso. O chegarmos arriba nos agardaba o primeiro e unico avituallamento, a única pega que lle poño a este trail de Blas e compañía, insuficiente a todas luces, o mínimo sería outro no quilómetro dez. Eu levaba un litro de powerade, enchín o bidón na parada e aínda así estiven varios quilómetros seco. Polo resto a organización un doce. E escomezaba a partir do quilometro seis o millor e mais bonito do trail, baixadas, subidas por monte, Supertecnicas e sobre todo o río, namoreime del, incrible, que beleza, que visións, malo que había que mirar máis pra o chan pra non caermos.
Acompañado dende aquí ata case o final da proba pola tia da vara Bego Lois. Encóntrabame ben, as baixadas escarpadas tirabame a gusto, as cordas fliparonme, ría constantemente, era un día de cabeza o cen por cen e notouse. Disfrutei moito ese tramo, creo que foi o momento de máis disfrute dentro dun trail.
E comezamos unha nova subida, esta por pedras, xa máis cansado pero salvado pola miña visera heavy que rescatara do baúl de os recordos, senón morrería de calor. A falta de auga tamén foi determinante. O malo que a miña Bego cría que Isa era a última subida, eu díxenlle, non Bego eiquí no mapa pon que hai outra....🙄🙄🙄🙄... E vaia se a había. Tremenda, horrible, dura, difícil, longuísima, por alí andaba outro amigo do pasa ou entorna e cando cheguei a cima, morto, griteilles Se acabooo...e gritaron coma tolos. Ahí estaba a baixada polo pinar, maravillosa, das que me encantan, facendo eses, unha pistola e máis baixada polo monte...estabamos chegando, xa se vía Quiroga, un quilómetro de estrada e a meta. Felicidade. Dor. Sufrimento. Desfrute. 3h 15 pra min grandioso, hoxe a pelexa conmigo mesmo ganeina eu. Alí bebo coma un animal e me entero que Lupe quedou primeira!! Máis felicidade!!. Vivín a fondo ese momento na meta, pensando neste reto conseguido, camovi, xalo e Lor, sodes meus.
O postrail espectacular, paella, pulpo, cervexa e boa compañía cos pasa ou entorna, pódese pedir máis? Si, seguro pero non hai que abusar. Grazas a tódolos amigos que compartístes momentos cómigos, amigos do monte anónimos, Gelo, Yago Breijo, Moss, Sabela, Javi rubio, só té vin saír, Javier Mira, Bego Lois, Susana e Lupe Óscar e pasa ou entorna de Narón, grandes entre os grandes.
 E para acabar como moralexa déixovos un párrafo dunha das miñas cancións preferidas, "Tu mismo" de WARCRY.
" En la vida no todo es avanzar, a veces un paso atrás, nunca dudes en cambiar de dirección si el camino se acabo, a cada idea a cada sueño a cada amor, entregate con pasión, lleva siempre la verdad en tu interior y tu propia religión. Nada hay bajo él sol que no tenga solución, nunca una noche venció a un amanecer"
Filosofía de vida. Deica o próximo. Fotos varias.






2 comentarios:

  1. Grande Roberto¡¡ Foi un placer compartir contigo esa última subida, esa baixada polo pinar¡¡ E disfrutar da noticia en meta de que esa crack chamada Lupe, habia volto a impoñerse¡¡ Coincidiremos en mais careiras e trails, así que sempre seras ben recibido¡¡

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti amigo, que placer coñecervos a todos, e contigo coincidir neste tramo, k subidón!!!. O espírito do monte corre por nós!! Grazas polo grande trato, fixechedesme sentir en familia!!

    ResponderEliminar