domingo, 13 de maio de 2018

Unha cabra no asfalto de Miño

Ás veces non é a cabeza o que usamos para tomar as decisións, hay un órgano mais importante é máis caprichoso que reclama o seu protagonismo. Iso foi o que me pasou a min hoxe, debería ir o trail galaica da curota, estou apuntado o circuíto pero non podía faltar a 2 carreira a praia de Miño, así que o meu corazón tomou a decisión por min, e fíxoo ben aínda que por moito que pese ós asfalteiros non hai cor entre o monte é isto, pero imos por partes.
Foi outra semana con moitos vaibenes, días bos, dias malos, días sen calificación. Explicar o por que seria demasiado longo e as veces é difícil traducir os sentimentos en palabras. O caso é que necesitaba correr como comer pero antes de comezar botaba de menos o verde, así que despois de recoller o dorsal e tomar o meu café con leite dobre preferín recorrer a praia de Bañobre, o seu paseo, as zonas de arboreda, e así sentirme no meu hábitat. E alí recordei tantas cousas pasadas neste currunchiño da costa coruñesa: as tardes interminables de praia nos pozos, as nosas charlas de madrugada despois dos ensaios, tantos e tantos soños que tiñamos, radio praia, difícil non correr co corazón. Xa de camiño a meta encontro a Alberto Feiraco, que me recorda tantos e tantos partidos de fútbol baixo a choiva naquel lugar. Na propia meta encontro a Rafa do Pasa ou entorna, e recordamos momentos no trail e postrail do lor, o que acentua máis a miña morriña de monte.
Disfrutar, ise era o obxectivo, e tenteino dende o primeiro intre. En xeral o asfalto ten un efecto pernicioso nos meus pés, xa que o rebote prodúceme un mal estar que me sube polo corpo arriba, pero é o que hai porque en Miño non hai trail😭😭😭.
Primeiro quilómetro a bo ritmo, consciente como son de que son diesel, que me costa empezar, e sabía que as costas estaban o principio. E así foi, antes do quilómetro dous primeira subida, parecía peor en coche a verdade, outro trecho de recta precioso coa vista a toda a ría, Sada, Fiobre, Miño..😁😁😁, pasei o lado do camping de perbes onde fixen a miña primeira moza que me durou un día, que recordos!!. Outra recta e xunto a casa de Fraga xiramos a dereita e o Tourmalet, vaia subida, en varias fases, pero así case un quilómetro. Era o máis difícil, cheguei cansadisimo arriba, normal se a media da subida e 4 45..🙄🙄🙄. Tocaba recuperar, unha larga recta e acomodar a respiracion, outro trechiño de subida cara a miña casa, xa a podía ver o lonxe, e neste intre baixamos a piñón para dar a volta, xa case o quilómetro seis de carreira. A partir de aquí a disfrutar, totalmente recuperado, eso si, baixando non moito máis rápido do que subo, e os dous últimos o meu millor ritmo a 4 15. Isto demostra que as veces o corazón tamén corre amigos, hoxe era 20 por cento cabeza, 50 físico pero cen por cen corazón. Como non selo se recorres os lugares que marcaron a túa infancia, a túa adolescencia, a túa vida, voas, aínda que non o queras. O final unha cabra de monte fixo 45 49 en dez quilómetros de asfalto, para min difícil de millorar, chegar a meta a tope, no millor momento, estreitando as mans dos nenos, iso son grandes sensacións. Na meta compartir con Rafa, séptimo, Alberto tb gran tempo 41 minutos, e pouko máis, porque amigos, isto non é trail, non hai callos, cervexa, pulpo, paella, non botamos alí a mañá falando, síntoo asfalteiros, boa xente, pero coma o monte é o post


monte non hai nada. Agora quince días e novo carrusel: Brigantia, Vilatuxe, Paderne, as Fragas, Chandrexa😊😊😊😊🐗🐗🐗🐗🌲🌲🌲🌲🌲somos de monte!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario