domingo, 17 de novembro de 2019

Trail de Moeche: Empezando forte¡¡














A primeira edición do Trail de Moeche contaba cun problema difícil de arranxar, o meteorolóxico. Non é fácil competir con todos eses astros que se xuntan e provocan a caravana de temporais que sufrimos estos días. Con todo iso foron casi trescentos os tolos que nos desplazamos finalmente o Castelo, símbolo da rebelión Irmandiña. Ás veces non lle damos valor a facer o que facemos e dónde o facemos. Unha carreira nun lugar así, emblemático, bueno que vos vou a dicir, eu son un amante dos castelos, os mosteiros e todo iso, ¿Non se nota?

Velaí que Xoel, José Luis e máis eu saimos as oito e media cara o norte, en busca do castelo. Cuarenta minutos e alí estábamos, con tempo de sobra para coller o dorsal, deixar a Xoel na guarde, tomar un café (Grazas speaker¡¡) e prepararnos para a saída.

A mala sorte quixo que saíramos con chuvia que prácticamente desapareceu a partires de ise intre. Por diante nos esperaban dezasete quilómetros case e máis de setencetos metros de desnivel positivo.
Tras un pequeno tramo de asfalto comezamos xa a subir, aínda vexo a José Luis, a Pauliña, pero sigo o meu ritmo. Son quince días sin entrenar dende as Bestas. Entre o tempo e os meus líos literarios non houbo tempo a nada. Así que con calmiña. E cómo era todo para arriba pouco se podía facer, non mirar e seguir tirando. Case douscentos metros salvados neses dous quilómetros. A partir de aquí a primeira baixada, xa maís a gusto e adiantando, por agora todo vai ben.

Os primeiros quilómetros son un rompepernas total, non rematamos de baixar e e veña a subir de novo, aquí coñezo a que vai a ser a miña compi neste trail, Eli, unha gozada compartir tantos quilómetros o teu carón e falando, van pasando os quilómetros casi sin enterarnos. Segunda petada forte do día que nos leva ata o quilómetro sete. Miro o reloxo e penso que vamos bastante paseniño, pero e que a partir de aquí chega a parte de correr.

Comezamos baixando por uns prados preciosos, o tempo segue acompañando e é o momento que máis disfruto. Imos un grupiño máis ou menos xunto, inlcuída Eli. E Chegamos o río e a partir de aquí a parte para mín máis dura e máis sufrida, entre tres e catro quilómetros correndo sen parar. E ise é o meu grande problema. Levo tantos e tantos quilómetros correndo sen parar que o chegar o quilómetro doce e a penúltima subida vou xa mallao. Falamos outro ratiño e con iso millor pero o final vexo que Eli se vai un pouco, non a podo seguir e iso que vexo que arriba de todo esta a miña fotógrafa preferida, Sonia, berrándome dende alí. Non podo subir máis rápido.

De ahí pasamos a unha zona asfaltada e vemos o castelo. Miro o reloxo abraiado, non pode ser, ten que haber sorpresa. E abofé que a había. Métennos a rodear un monte que está xusto enriba do Castelo. Imos tan feitos polvo que case fago todo este tramo andando. Sigo na miña idea de facer dúas horiñas máis ou menos pero estes derradeiros quilómetros fánseme moi longos.

Pero todo o que sube baixa así que o chegarmos arriba a caer a rolos¡¡. A baixada mola pero xa non hai folgos, o que hai son ganas de chegar a meta e alí encontrar os meus amigos, Xosé Luis, Pauliña e amiña compi de carreira Eli, e que sexa moitas máis¡¡. Chego cansado. Séntome e vou recuperando pouco a pouco e entre iso e os folgos dos compis e as fotos xa me sinto millor.

Esperamos xa un ratiño para a entrega de premios con David e Pauliña subindo o caixón e baixamos a zona de duchas e comer que estaba noutro lado. Tendo en conta que Xoel, José Luis e máis eu íamos no coche o millor houbera sido confiarlle a ruta a Xoel porque visto o visto, perdémonos e chegamos tarde a comida. Pero a fabada estaba boísima. Trail, amigos e encher o bandullo.

Resumindo, trail moi recomendable, o único malo é que as duchas e a comida estén apartadas da zona da meta. pero o resto, avituallamento, situación, sinalización, todo estupendo. E coma sempre os protagonistas, os corredores, vos, o millor de todo, demostrando a gran saúde que ten este deporte, pese a quen lle pese.
Vémonos en Caaveiro. Se vedes un tolo cun stand cheo de libros, ise son eu, desta vez vou de vendedor ambulante.😆😆😆😆😆

Ningún comentario:

Publicar un comentario