domingo, 8 de setembro de 2019

Trail Arnego: Voltar a casa

Unha mirada a un lusco fusco inabarcable. Nese intre pensaba en canto se estaba a perder toda esa xente que se quedara na casa e se resistira a anotarse neste Trail de Arnego.
Tres meses dende a miña derradeira carreira, aquela inesquecible Traverserina nos Picos de Europa. Polo medio pasaron moitas cousas, daríame para varias crónicas. Unha baixa longa de máis de dous meses, tempo para parar o mundo e pensar, e tomar decisións arriscadas. E sobor de todo botando moito de menos o monte e os meus amigos Montunos.
Tiña tantas ganas de voltar que me decepcionou un pouco a baixa inscripción, as datas non eran as millores, seguro, pero o Trail merece moitísimo a pena. A organización, e non porque sexa do Cas Montaña, con Carlos, Alberto, Felipe e Luis a cabeza, como todo o que fan de dez.
A min tocábame ir con Xoel, que ía quedar na Guardería da carreira, neste caso coa inestimable axuda de Bea e o cariño de todos. Estivo como na casa. Unha hora e media de viaxe e chegamos o centro xeográfico de Galiza. Os pendellos de Agolada son unha pasada para todos os amantes da Galiza máxica, coma min. Recollemos o dorsal e imos cara o Pabellón donde temos colchóns, duchas, todo o que necesitamos por si queremos quedar a durmir. Eu nese intre apostaba a que non nos quedábamos. Alí está xa a plana maior do Cas Montaña, unidos asfalto, semi montes, e corremontes. Hoxo o trail ten un carácter moi da casa.
Despois dunha caída e curar as heridas de Xoel, nada grave, pero a cantidade de médic@s e enfermeir@s que nun intre había no pabellón fixeron que curara rápido.
E alá fomos a saída do trail longo, eles farían uns dez quilómetros máis en unha preciosa parte por río que me perdín pero que calificaron de dura, moi técnica e preciosa.
Nos collemos un bus en dirección a Gurgueiro e alí agardamos que pasaran por alí os nosos compis e as 2115 puntuáis saímos.
Unha carreira especial para moitos, a liña de saída chea de amigos, tantos que imposible nombralos a todos. Xa co sol caendo sobre nós saímos. ¿Qué agardaba de min? Difícil cuestión. Tres meses con un so entreno decente as costas. Pero con moita forza na mente. O que pasa e que xa sabedes a miña teoría, canto máis distancia e máis desnivel máis funciona a mente e o revés. Arnego e un trail nocturno de dezaseis quilómetros e moi corrible. Así que cando vin sair os miuras(sempre os hai) tentei non perdelos moito de vista, e así o fixen durante máis ou menos dous quilómetros de pista. Debía ir entre os dez primeiros, pero canto máis corría a miña caixa íame avisando que non había suficiente jhasoil. Quixo Deus(Carlos) poñer no meu camiño a primeira subida relativamente pronto. Antes pasáranme Jacinto, Javi e o Presi. Con estes dous últimos andiven bastantes quilómetros. Fun recuperando na subida que tiña varias partes, unha máis dura e outra máis levadeira. O chegar arriba unha bonita baixada, ahí vou moi ben, síntome xa con forzas e collo de novo os meus compañeiros. Mantéñome con eles ata unha zona longa de asfalto e chegamos o único avituallamento. Alí está o gran Luis facendo fotos. Como un pouco de melón e para arriba. Aquí xa vou acompañado co Presi, estamos de subida, bastante tendida e como imos dándolle o pico chegamos o km 11 case sen enterarnos de nada. Pisteamos bastante e recoñezoo cóstame especialmente seguir o ritmo. Nótase que a xente de asfalto nestes tramos ten un punto máis.
 E así chegamos a derradeira subida. Non miro o reloxo en todo o camiño, vou disfrutando, de todo menos do frontal, non hai cousa máis terrible, todo o rato recolocándoo.  A subida e dura, longa pero o final remata bastante tendida, tanto que corremos un pouco, chegamos a unha zona máis embarrada e xa vemos Rodeiro. De aquí en diante todo correr, sen descanso, vou botando os figadiños, e que nótase moito o desentreno pero grazas a que o presi tampouco tira todo o que pode consigo aguantar o seu ritmo. Recordo moito Rodeiro, aquí vivín un dos meus millores recordos como músico. Gracias aos Kambotes foi o primeiro sitio fora da casa onde a xente cantaba as nosas cancións. Nunca olvidas algo así. E sabía que na meta de Rodeiro estaría Xoel, a miña personiña preferida e iso e o mellor presente. E así chegamos a meta, o heavy que volta os terreos de xogo da man do Presi do Cas. E alí estaba o meu neno. Abrazámonos. Ver o seu sorriso de alegría vale por correr unha marathon.
O final unha hora e cincuenta minutos, máis ou menos segundo a miña previsión. Agardamos os compis e dámonos unha ducha. Baixamos e están coa entrega de premios. A organización tremenda, a señalización espectacular, voluntarios en tódolos cruces, pabellón a nosa disposición e a festa que me perdín tuvo que ser tremenda. Porque o meu parlanchín particular a unha da mañán aínda tiña corda para rato pero xa quería ir durmir ós colchóns. Así que para a miña sorpresa quedamos a durmir no pabellón, cuidandoo ata que os meus festeiros compis e amigos reventaron Agolada e o Karaoke. Envexa sana sí, pero so tiña que mirar a miña esquerda e ver a cara de felicidade de Xoel para darme conta que ese era o meu sitio.
Festas hai de sobra, que el poida estar o meu lado en momentos así non e posible sempre. Por iso dar as grazas a toda a organización, a Bea, Leire, Alberto en particular, a Ana por ir buscar a chaqueta, aos meus compis por ser tan cariñosos comigo na miña volta e con él.
Voltar así da gusto. O único malo e que a verdade e que me vin moi mal para Ribeira Sacra, queda un mes pero non me vexo facendo os 47 k. En fin, pouco a pouco, paseniño.
O ano que ven, non o perdades, creo que Franky ten unhas ideas fabulosas para compartir coa organizacion.😊😊😊😊😊😊😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario