xoves, 18 de abril de 2019

Correr coma unha bolboreta

A vida dunha bolboreta divídese en catro etapas. A primeira comeza co apareamento e o seu nacemento como un hovo pegado a parte inferior dunha pranta que logo lle servirá de alimento. E a época máis perigosa para a nosa amiga xa que practicamente indefensa e un prato codiciado para todo tipo de insectos, paxaros e outros depredadores.
A primeira vez que me puxen unhas zapatillas para sair a correr, o que añadín cliches vistos mil veces, coma os meus cascos, o meu pantalón corto e unha camiseta de colorines, sentíame extrano, como se os ollos de todos esos homes e mulleres que recorrían o paseo marítimo estivesen fixos en min, criticando como ía vestido, que facía alí, que maneira era esa de correr. Como o ovo da mariposa antes de ser oruga era un ser indefenso e inseguro nun mundo de asfalto e pisadas de cemento armado. Cando unha persoa decide facer algo que nunca fixo sempre hai un motivo, e sempre e porque necesita algo que non ten.
Non sei cando se pegou a min a feromona, o aroma, o run run, pero fixoo con forza e a pesar de que os ovos son fraxiles, precisan de humidade, calor e moitos factores para a súa superviviencia, no meu caso seguiron adiante, e en poucos días xa formaba parte do grupo de montaña, case por casualidade, e todavía sen coñecer o que era o monte. Pero nese momento da segunda etapa no que pasei a oruga superando tódalas dificultades empecei a notar algo distinto en min, a vida comezaba a ter outra cor, outras emocións descoñecidas para min, so eran pequenas rutas semi urbanas, e sobre todo moita teórica de trail e o meu corazón comenzaba a latir máis rápido o escoitar aqueles nomes....Lor, Quiroga, Chandrexa, Vilatuxe, Camovi....pero como boa oruga necesitaba comer para crecer e así alimentado máis por asfalto seguín a miña loita vital.
Pero chegou o día da terceira etapa cando me convertín en crisalida, e ise foi o día que corrín o meu primeiro trail de montaña, vinteseis quilómetros inesquecibles de subidas, baixadas e moito correr, con paisaxes sacados do mellor dos relatos paisaxísticos.
 E comezou a roda, a transformación, ese momento no que cambias coma persoa, ese intre no que todo o mundo che pregunta que por qué fas o que fas e en cada resposta pos toda a ilusión, toda o poder que o monte che regala a cada quilómetro. Ese intre no que so queres falar do monte, do que te cambiou, no que che gustaría ser un pastor en Alabama cantando cancións de blues e convertindo a centos de fieles.
 E así pasaron os trails, un tras outro, namentres seguía na miña crisálida, transformando o meu interior, relativizando todo o que non ten importancia, botando o negativo da miña vida, tentando convertirme en millor persoa. Durante esta etapa houbo momentos duros, difíciles, nos que se poido truncar pero o poder da mente e o máis grande que temos e así chegou ese día que tiña que chegar.
Recordoo coma se fose onte. Subín o Pico Cuetón dende Arenas de Cabrales sen descanso, deixando atrás o frío, a choiva, perderme por momentos e sobre todo unha ascensión de máis de mil quinientos metros, pero namentres subía aquela derradeira subida interminable, case vertical, o meu corazón empezaba a latir máis e máis forte, case como cando estás namorado desa rapaza imposible e ela se achega a ti por primeira vez, e o chegar arriba coma en un cambio de rasante, nunha visión que xamis esquencerei na vida, alí estaba.
Eran o macizo occidental e central dos picos de Europa, e esa visión da que hoxe non podo falar sen emocionarme cambiou a miña esenza. Como no caso das bolboretas, as que consiguen pasar as catro etapas, ovo, oruga, crisálida, acaba convertida no que sempre foi, no que sempre será.
No meu caso un amante irreductible do monte e a montaña. Cegado polo sol, cegado pola beleza.

Adicado a Franky e a Elena porque os retos retos son. E algo máis curta millor nonsi rapaciña?



Ningún comentario:

Publicar un comentario