domingo, 27 de xaneiro de 2019

Trail Costa Doce: Crónica dende unha basoira

Ver as cousas dende distintos puntos de vista axúdate a ter unha visión máis completa da realidade. Era o meu trail, o do meu equipo, o trail no que fai un ano me estrenei neste mundo que non quero que remate nunca, o que me abríu os ollos, o que me reventou un dedo e me axodou a coñecer a persoas inesquecibles na miña vida. Será sempre a miña carreira.
Nun principio pensei correlo, de relevos, individual, pero en canto abriron o formulario de voluntariado dinme conta que isto era o que tiña que facer e máis cando souben que iría de Basoira oficial!!!. Iso facíame moitísima ilusión.
Pero tampouco poiden axudar todo o que quixera, entre o traballo e que era semana de Xoel as horas eran máis ben escasas, e vin como os meus compañeiros facían un traballo espectacular o día antes balizando o terreno, preparando as bolsas do corredor, os avituallamentos. Pero para organizar un trail todo nace moito máis atrás. Cando algún destes valentes tiveron a idea o primeiro foi construir un percorrido, e aquí en moitos casos tratábase de iso, construílo, unha vez feito cada ano toca varialo un pouquiño, e sobre todo revisalo. Iso fixemos un dia de Xaneiro e encantoume, desta vez facíase o revés e dáballe outro toque a carreira. Recoñezo que deume envexa de cada un de vos, porque iades disfrutar dunha ruta preciosa, iso si, aqueles días ainda sen barro.
A semana pasou entre a chegada da mercancía necesaria para os avituallamentos, en casi nada dous máis dous son catro así que houbo que atar moitos cabos para non fallar en nada, e os nervios propios pero distintos do día anterior a proba.
Desta vez, grazas o servizo gratuito de gardería, poiden deixar a Xoel e que disfrutara dun día de Trail, pouco a pouco e un traileiro máis. Así que antes das nove xa andabamos por alí, e poiden ver as caras de tensión de algúns e as de alegría dos máis. Despois de recoller o meu dorsal basoira de infantiles falei con Felipe e díxome que quería que abrise unha parte do recorrido, exactamente eran uns dez quilómetros, eu pensei amigo meu, canto confías en min, porque non sei se me dará tempo, as 10 45 saía a miña proba de infantiles. Pero millor que falar e intentalo así que Javi levoume ipso facto a zona dos relevos e dende alí empecei a correr como alma que se leva a diaño.
Disfrutando de cada pisada, de cada baliza, de cada metro de monte, cos cinco sentidos tamén nos pes porque o barro, os paos, era difícil non esbarar. Cada vez que miraba o reloxo dábame conta de que ía demasiado xusto de tempo, así que apretei, pensei nese intre que Felipe facíao polo meu ben, sabedor como é de que para a semana teño o Maraton do Meridiano nas isla de El Hierro, e os tempos de corte son brutais, que millor entreno que unha contrareloxo gratuita?. Fun a todo meter, pero disfrutando de verdade, nese intre chovía, e o noso monte e todavía máis bonito con cada gota de auga. Pinares, recodos por río, e moito, moito, moito barro. E as balizas en perfecto estado, era casi imposible perderse.
Cheguei, eran case as dez e media e acababa de chegar o remolque con todo o necesario para montar o punto de meta volante de relevos e o avituallamento, así que neses escaso quince minutos tocou correr e moito, ahí vin a cara de agobio da gran Blanca, e a pericia de Luis, o mando de Carlos e como cada un que viña, fora corredor, voluntario ou pasara por alí se unía para axudar a facer algo. O final sobrounos tempo.
Iago era a basoira de cadetes e eu a de infantiles, o seu era o peor porque vaia máquinas que tiña, Tomás e Hugo. Pero os infantiles non eran moco de pavo, entre eles Nico, o fillo do meu amigo Roberto Figueroa, cando deron a saída baixaron como motos. Eu pensei, cando chegue a subida xa lles tocara andar, ahí demostraron o que e un corpo xoven, porque de andar nada de nada e as primeiras subidas eran duras. Iso sí a partir de aquí xa foi ir a ritmo máis a modiño xunto o rapaz que cerraba a clasificación. Fun animandoo todo o camino, pero sin ser escoba pesado eh...😆😆😆
O final a rapaza da proba de cadetes retirouse e Iago acompañouna, así que so quedaban os dous teneores en acción. E nos meus un dos rapaces quedou mancado dunha rodilla, así que me tocou acompañalo andando ata a meta. Encantoume esa actitude, eu propúxenlle parar e retirarse pero non, el dixo que para un quilómetro que quedaba remataba. A partir de aquí darlle conversa e apoialo o resto do camiño, e de paso, ir saudando e animando os corredores individual e relevos que nese mesmo intre ían camiño do avituallamento da zona de relevos. Pauliña Prado, o final gañadora, Pauliña Cobelo, Victor Maneiro, Sindo, Sabeliña Fraga, todos foron pasando o noso carón, e prácticamente todos preguntaban se estábamos ben ou se lle pasaba algo o rapaz, como sempre digo o espíritu do trail e encomiable, e estamos falando de xente que ía diante e que se paraba e preoucupaba por nos.
O final chegada a meta, e o máis importante para os rapaces, rematalo, iso e o que conta. Despois de comer algo acompañei o rapaz a ambulancia e alí o deixei mirando ese nocello que agardo non sexa nada e non lle impida correr todos eses compromisos proximos Bicho.
E de aquí despois de un rato de animar a xente que aparecía na zona de relevos, volvín con Iago cara a Sada dinme unha ducha ultrarápida e volvín cara a meta, acababan de chegar os primeiros. Púxenme as ordes de Berto que me mandou rápidamente cara o cruce do Carrefour, alí estaba Aroa así que seguín un pouquiño maís cara o seguinte cruce e dinme conta que alí, punto crítico, non había policía nen ninguén así que alí me quedei regulando o tráfico. Un documento imprescindible para todos os que amamos este deporte. Ver as vosas caras a tan poucos metros da meta foi capaz de emocionarme, algúns xa sorrindo, outros verdaderamente nas últimas, algúns dando grazas, olendo xa os callos, pero todos, todos, agradecendo ese apoyo, seino porque normalmente estou o outro lado e cando ves a alguén animándote cando sabes que queda pouco pero non sabes canto en realidade e estás extenuado esas caras amigas che dan o arreón final. Disfrutei con cada un de vos, e máis con algúns que coñezo ben. E así ata que chegou a policía, case unha hora facendo de garda de tráfico e animando a grito pelado, a xente pola calle pensaba que estaba tolo...
De volta o posto de mando tocoume ir o gardarroupa e alí estiven ata que fun a recoller a Xoel da gardería, na que se portou xenial, e a partir de ahí eramos dous no gardarroupa, aínda que tardábamos máis que antes en dar as bolsas.
A felicidade ia in crescendo nas caras da xente, que veía no avituallamento do meu carón, e na dos voluntarios volvendo dos seus postos despois de que todo saise ben. Moi ben. Vin a Tina, a Sabela novamente, a miña Trini, Alexis Lo, Alex, sei que para ti tb e un trail mas que especial😘😘😘, as Aracelis,  imposible acordarme de tantas caras coñecidas, casi 700 persoas participantes neste Trail Costa Doce.
E tocou a entrega de premios e aquí cambiei o mono de Voluntario polo de representante do Carrefour Market Sada e por suposto, non tiñades dúbida, Xoel quiso acompañarme, aínda que él non quería entregar as medallas, iso fixoo Papá. Pero para as fotos posa sin problema, alí facendo migas con Zeltia, do concello, pillín.
E fin de festa, callos, cervexa, heavy metal, con gran Jabalí os mandos, cachondo coma sempre, grande entre os grandes. E quédome con esa cara especial das persoas cando rematan un traballo, un que lles levou moito esforzo, moita dedicación, horas de traballo, pero que o final ese regusto de ver coma fixeches feliz a tanta xente, iso non se paga con cartos. Iso que tantas veces vivín dende fora, hoxe vivino por dentro, canda a persoa che miraba os ollos e che dicía, grazas, por todo, eu so podía dicir grazas a vos por vir, por facer deste un deporte tan grande, por facer que cada domingo, no punto do país que sexa haxa unha gran festa do trail e detrás de esta, persoas que dedican todo o que teñen para que os demáis sexamos felices por unhas horas. ¿Podería haber algo máis xeneroso?
As persoas, fan grandes as cousas, nada de isto sería posible sen o gran Felipe Oza que con unha man fai máis que a maioría de nos coas dúas, e a súa familia, sen Blanca, que o fai todo igual que baixa nos trails, a tope, sen Luis enorme todo terreno, sen perder a calma nin un intre, con Javi axudando a todo, con Cris Yudego, non teño palabras para describir a unha persoa con ese corazón inmenso, e para finalizar o director de carreira o gran Berto. Traballo espectacular de todos e dos case 70 voluntarios, amigos, compañeiros, imposible nombrarvos a todos, cada un deixando o corazón na súa función, con todos disfrutei de un día único e especial nos que todos acabamos cun sorriso nos beizos que o menos eu, aínda non fun capaz de quitarme a estas horas do día. Seguro que houbo cousas millorables, mal feitas, pero tentaremos aprender cara o ano que ven e seguir millorando este trail e convertilo nun trail de referencia neste o noso Pais.
Escomeza a temporada de trails, de crónicas, para a semana se todo sae ben saudareivos dende a Illa de El Hierro no Marathon del Meridiano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario