domingo, 15 de abril de 2018

Cariño. Northwest adventure

Madrugón o que tocou hoxe para acudir a unha cita que tiñamos marcada a lume no calendario dende fai meses. O equipo que capitanea Iago Breijo fixo o imposible para que todo o mundo a redonda se namórase das paraxes e da maxia de cariño, e vaia se o fixemos, pero non adiantemos acontecementos. As seis e cuarto sonou o despertador e a verdade é que a ilusión move montañas e non me deu ningunha pereza levantarme. Unha duchiña e as mánias previas de cada carreira, todos as temos. Cafeciño da miña Tassimo e revisión de bolsa, que non se nos olvide nada. Eran preto das sete e collín a estrada que une Miño con Cabanas e de ahí autoestrada ata Neda e xa tira para arriba cara a zona de Ferrolterra pasando por San Sadurniño, noraboa polo ascenso, Moeche, e finalmente xa coa presenza do mar chegamos a Cariño. Eu son moi guiadiño, pero a verdade é que non fixen moito caso a organización e aparquei na porta do mercado municipal de onde saía a proba. Cheguei con tempo e as 8 e 20 xa recollía o meu dorsal, todo perfectamente organizado, deronmo xunto a uns calcetíns estupendos e catro vales para consumir nos bares da zona trala proba. Foto de rigor na pasarela e a tomar o cafeciño que tan ben me senta cada proba. Escomenzaban a chegar moitos corredores xa que a proba pese a ser a primeira edición tivo un tirón extraordinario con case que 380 participantes entre as categorías de andaina, minitrail e trail. Encántame que existan as tres variantes, son fan, achegar o deporte a todos, máis ou menos preparados e unha labor que só pode enriquecernos. As nove en punto saín a quentar, como diría Fran o noso Mister do cas montaña, hai que quentar o corpo antes da saída. Fun ata a praia, saquei fotos, unha gozada de lugar. As 9 e 15 dirixinme xa hacia a meta, era a hora anunciada pola organización para dar a charla previa e alí tiven a sorte de encontrar a Rosa e Manuel, amigos instagrammers cos que compartín curiosidades e bo rollo. Nunca me cansarei de dicilo, o mundo do trail e un deses deportes máxicos rodeados por un aura de camaradería e bo rollo que poucas veces se ven. E falando, falando chegou o intre da charla. Namentres escoitaba e gravaba un vídeo tamén pensaba nas miñas cousas, esas que tan importantes son para un mesmo e insignificantes para o resto do mundo. A semana post invntario no chollo, o meu Xoel botándoo de menos, as miñas Zapas novas la sportiva bushido que nin sabía como se comportan e o meu dediño gordo que por favor non me dera a lata. Iago estaba a avisarnos dos perigos do recorrido, que si barro, que si árbores, nada novo amigo. E chegou o momento da saída, o meu costume empezar atrás e logo pouko a pouko ir avanzando. O trazado prometía sete quilómetros de subida progresiva e case seis de baixada e non defraudou. O primeiro paso xunto ó cemiterio cunhas vistas incribles, iamos pegados ó mar e por moito que sexa o meu hábitat nunca m cansarei de admiralo. E así, o tonto, escomenzamos a subir. Neste punto da miña vida trailera, escomecei en Sada o 28 de Xaneiro, xa me coñezo un pouco, sei que non podo saír a lume porque son diesel e sempre o paso peor nos dous ou tres primeiros quilómetros, e así foi, pero a miña contención fixo que gardará forzas pra as subidas, e así, paseniño, ía adiantando compañeiros sobor de todo nas subidas que son o meu forte, pra algo teño estas patas que pra andar rápido valen de maravilla. E fomos chegando a parte da subida, o que pasou foi que todo o que gañei perdino parando a facer fotos e vídeos no alto, que queredes, non podía perder esa oportunidade...e comezou a baixada, pasei do avituallamento e a verdade que é a primeira vez que o fago pero vin esa baixada tan folosa e dixen alá vouuuuuuuu, case me quitei o medo, as Zapas case voan soas pero aínda me queda moitísima mellora. A partir de aquí ata case o quilometro dez era todo baixada a tope, espectacular, disfrutando, cos brazos abertos, pero aínda había sorpresas, un pequeno tramo técnico e outro repechiño máis. Ahí tiven a sorte de coñecer a Noelia Amado e a Javier Mira, xente estupenda cos que, sobre todo con Noelia, cheguei a meta. Porque só faltaba iso, o tramo final polas rúas de Cariño, e como lle dicía eu a Noelia, dannos tempo pra que nos poñamos jhuapos pra a foto finish, e así entre risos, chegamos a meta. Sorpresa co tempo 1h 21 minutos, nen nos meus millores soños, isa sensacion de felicidade que nos inunda o rematar un trail multiplicouse desta vez, difícil de explicar, para alguén coma min, que leva só uns mesiños, que necesita esta adrenalina, que necesita o monte para respirar para sobrevivir o malo, foi todo un regalo. E así, no aire, funme duchar, outro acerto da organización, duchas do concello, auga quente, que gozada...e logo tocou a ruta dos catro bares para facer uso das consumicións que nos pasou a organización, había que facer tempo ata as dúas que era a entrega de premios. O final trinta da xeral e vinte na miña categoría, flipando. No podium Bautista dos Cas montaña fixo segundo na categoría trail e a miña compañeira de chegada Noelia segunda na súa categoría de minitrail. En resumo, unha experiencia maravillosa, que como cada postrail trato de ordear na miña cabeza, sensacións inmellorables, tempo, disfrute. En canto a organización só un


pero, que igual eu non me din conta, pero non vin gardarroupa, o resto de dez. Xa estou contando os días pra a edición de 2019. Feliz, moi feliz. Zapatillas Rosa merece a pena o gasto e o meu dedo Lupe, de luxo. Só botei de menos unha cousa, os meus amigos do monte, que cada día sodes máis. Grazas por estar ahí.



Ningún comentario:

Publicar un comentario